Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

martes, 7 de julio de 2009

Info acuicultura

O sábado pasado, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, dixo nunha cea co PP de Muxía que os veciños de Merexo podían estar tranquilos coa ampliación da piscifactoría, xa que non se fará.
O mesmo tempo, a Xunta anunciaba onte a potenciación da acuicultura como actividade de futuro e de xeración de emprego.
A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, dixo que esta potenciación pasará por riba das paraxes protexidas, como Rede Natura, e que apurará a construcción da granxa de Touriñán.
Tamén dixo que apoiará a calquer empresa que queira construir ou ampliar granxas de peixes.
Da Xandriña, de momento, non dixo nada.

Por outro lado, Greenpeace acaba de facer un informe sobre a destrucción da costa en España e dí que a Costa da Morte é o referenta da devastación do litoral.
A entidade ecoloxista tamén denuncia que Galicia conta con 17 Espacios Naturais Protexidos, "pero de nada serve protexer baixo un marco legal se, como no caso do ENP da Costa da Morte, preténdese construír unha piscifactoría de 300.000 metros cadrados, en pleno espazo protexido que forma parte da Rede Natura 2000 europea".
Máis info : quepasanacosta e La Voz de Galicia

Vídeo de Greenpeace :

3 comentarios:

Popeye dijo...

Os partidos politicos son todos igualiños,mentireiros e chupons non saben mais que estar coas puñeteiras pisifatorias na boca,joder quese olviden desa borralla que hay mas cousas que facer.

xan dijo...

Hai xente pa todo, na encuesta aínda hai 9 que queren a piscimerda en Camelle,hai que foderse.

karavich dijo...

Srs dó PP:Penso que a fidelidade e a lealtade deste pobo para con vós,está sobradamente contrastada,o ver os resultados de casi todas as eleccións que eu recordo.Lealtade,que non se ve correspondida po-lo actual goberno da XUNTA.Eu,e coma mín creo que a maioría dos votantes dó PP,non lle vamos a pedir desta vez ningunha infraestructura nin ningunha inversión,o que lle pedimos é mais doado de acometer,e non é outra cousa mais sinxela que digan vostedes dunha puñeteira vez que e o que pasa coa piscifactoría de CAMELLE.Pero non decilo de calquer maneira,non,ten que ser de forma oficial no medio que vostedes queiran,pero digan algo,e así,si o rexeitan poderan matar tres paxaros dun tiro:1ºrecibirá o recoñecemento de que é un partido serio que sabe escoitar as bases.2ºfai calar a parte dá oposición na que nestes intres estase a cachondear de nós,e con razón. E 3º farán que os votantes dó PP deste pobo se sintan orgullosos de que o seu voto servío para evitar que os "outros" acometeran a súa desfeita.Por favor,so eso lle pedimos,non faga que teñamos que arrepentirnos do que votamos,por que o peor que lle pode pasar a un político é que o pobo se arrepinta de votalo.
SAÚDOS E ESPABILA FEIJOO QUE OS PROBLEMAS HAI QUE SOLUCIONALOS EN QUENTE, QUE DESPOIS XA SON PROBLEMÓNS.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE