A nosa Comisión de Festas xa está a traballar sen parar para as vindeiras e esperadas Festas do Carmen ( xa falta menos de un mes ).
A Comisión de Festas pídenos ideas e suxerencias a tódolos camelláns e aos lectores deste blog para estas festas ( concursos, xogos, deportes, etc. ) así que xa lle podedes ir dando traballo as vosas neuronas, para entre todos, sacar ideas orixinais.
Xa hai unha gran proposta que se vai a levar a cabo ... A regata de lanchas.
A esta brillante idea fanlle falta participantes ( de momento soamente hai un apuntado ), polo que tódolos que esteades interesados neste concurso, só tendes que comunicarllo a calquer membro da Comisión de Festas ou mandarme a mín un e-mail ( sienfuejos@hotmail.com ) cos vosos datos.
As lanchas teñen que estar feitas de maneira artesanal ( similar as carrilanas do río Anllóns, en Carballo ou as que se facían antigamente no río da Ponte ) e valorarase a orixinalidade, a vestimenta dos tripulantes e como non, o que chegue antes á meta ( haberá premios para os gañadores ).
Para axudar a recadar fondos para estas festas, este venres día 10 de Xullo tócalle o turno o Bar Goma para facer a cea.
O menú da cea é o seguinte :
- Canapés variados
- Cóctel de gambas
- Churrasco e chourizos
- Pinchos de frutas
- Xeado
- Pan, refrescos, viño, café e festa da sangría
O prezo desta fantástica cea é de 20€ ( igual que as anteriores ) e comezará as dez da noite.
A Comisión tamén está a facer unha guía de teléfonos ( de Camelle, Arou, Santa Mariña, Ponte do Porto, Carnés, Cereixo e Xaviña ) na que se poñerá a publicidade dos negocios e empresas que colaboren, polo que si algún negocio ou empresa está interesado en salir nesta guía, que llo comunique a alguén da Comisión ou me mande un e-mail.
Por último, si hai xente que estea fora e queira dar un donativo, pode facelo na conta da Asociación Cultural " Festas de Camelle ".
O número de conta é o seguinte :
2091-0076-16-3040001391
A Comisión de Festas agradece por anticipado a toda a xente que colabora económicamente nestas festas, por moi pouco que sexa; tamén agradece aos veciños que participan nas ceas e a toda a xente e negocios que participan coa súa axuda.
Eu tamén quero deixar publicada aquí unha frase que me dixo Perla fai pouco :
" Este ano, as Festas do Carmen de Camelle ninguén as esquecerá, ninguén ".
11 comentarios:
A mín justaríame que fixeran o do tronco untado en jrasa coa bandeira o final, no muelle, e os que non chejen caian o mar.
Recordo que antijuamente fasíano e a verdad era moi divertido porque os champlasos na ajua eran criminales.
A mín tamén me justou moito o xogo do jalo que fixeron fai unhas semanas na praia de Camelle.
Estuvo moi ben.
¿Que tal,agora que está tan de moda a FORMULA 1 unha carreira de coches sin carné?.A verdade é que pode ser a hostia.¿E unha carreira de carrilanas po-las costas abaixo?.Tamén quedaría ben,elojo un encerro de vaquillas a modo de SANFERMÍN,sería apoteósico,o da cucaña no muelle,tamén estuuvo moi ben o ano que o fixeron,por certo.¿Sabedes quen a gañou?.O que si hai que recuperar é o xogo dá VILLARDA.
SAÚDOS E VEÑA,A PO-LAS MELLORES FESTAS DÓ MUNDO MUNDIAL.
esquesestevos de A PRIMERA COMO YO QUIERA e tamen SOLDADITO ALERTA
E o TIRABLE ou OVO,PICO,ARAÑA,ou OS TRES NAVÍOS,O XOGO DAS PRENDAS,joder,que tempos aqueles,eso sí,todo tecnoloxía punta.E como fin de festa pódese traer a CALÇINHA PRETA.
por favor karavich,unha esplicasión desto que propoñes coma fin de festa.justaríame tamén que contarades como chejou a Camelle o baile da danza de arcos,quen empesou a ensallalos e todo que se poda recopilar sobre eles,tamos fasendo unha guia de teléfono,pero ademáis queremos que tamén se relaten cousas do noso pueblo,o que queira colaborar sa sabe,toda axuda se agradese.
Nada muller,agora cho explico,CALÇINHA PRETA é un grupo-orquesta atracción que triunfa alá no Brasil e ten unhas tías(garotas como lle chaman alá)impresionantes,e teñen como final da actuación a sana costumbre de tirar as calçiñas pretas(tangas)o público.Si o queredes ver en internet está,e tamén podedes baixar,os que dispoñades de ARES o vídeo dunha actuación que fixeron en Recife.En canto o de como empezou o do baile dos arcos,non sei si antes se fixera,eu falo do tempo que eu recordo,creo que é mellor que lle preguntes a JULIO DÁ CANTORA,xa que él pódeche informar mellor cá min,xa que empezou un ano ou dous antes.
Bueno,un saúdo,e seguí así e non te preocupes po-lo do fin de festa,que o dixen a modo de cachondeo,tí fai o que vexas que seguramente estara moi ben.
Nada muller,agora cho explico,CALÇINHA PRETA é un grupo-orquesta atracción que triunfa alá no Brasil e ten unhas tías(garotas como lle chaman alá)impresionantes,e teñen como final da actuación a sana costumbre de tirar as calçiñas pretas(tangas)o público.Si o queredes ver en internet está,e tamén podedes baixar,os que dispoñades de ARES o vídeo dunha actuación que fixeron en Recife.En canto o de como empezou o do baile dos arcos,non sei si antes se fixera,eu falo do tempo que eu recordo,creo que é mellor que lle preguntes a JULIO DÁ CANTORA,xa que él pódeche informar mellor cá min,xa que empezou un ano ou dous antes.
Bueno,un saúdo,e seguí así e non te preocupes po-lo do fin de festa,que o dixen a modo de cachondeo,tí fai o que vexas que seguramente estara moi ben.
A mín díxome o meu avó que o baile dos arcos empesaron en Camelle coa señora Eulalia e despois sejiron co Machote.
Quee tolos os da foto !! jaja
esta moi ben
parece ser q o anonimo de arriba ten razon respecto ao comentario dos arcos
Os arcos,no tempo que eu recordo,empezou Mª ANGÉLICA DO CABO TAJES,despois seguío JULIO DÁ CANTORA,despois efectivamente foi Ó MACHOTE,e despois xa veu LIANO,e seguío con ASTANO,eu creo que teño algunhas fotos que xa as mandarei o blog,e algunhas anécdotas tamén.
Publicar un comentario