Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

lunes, 13 de julio de 2009

Info Fundación Man

Nota de prensa da xerente da Fundación Man, Sabela Mariñas.

Man escribe á Cancillería alemá.
O museo Man de Camelle concluíu unha fase moi importante para descifrar ao eremita da Costa da Morte: todas as cartas persoais e oficiais, todos os documentos persoais e oficiais foron traducidos e clasificados.
O material arroxou luz sobre aspectos insospeitados de Man de Camelle.
Por exemplo, Man escribiu polo menos tres veces á Cancillería alemá en torno ao terrorismo e a violencia:
1) Carta datada o 13 de decembro de 1973 ao chanceler Willi Brandt.
Man proponlle ao chanceler Brandt que adiante unha iniciativa mundial para asinar un tratado de desarmamento.

2) Man recibe da Cancillería Alemá unha carta, datada o 10 de abril de 1975.
A carta enviada por Man, motivo desta resposta, lamentablemente non se atopou (ao momento de enviar este artigo esperamos resposta da Cancillería Alemá, queremos saber se aínda existe esa carta e cal é o mecanismo, se o hai, para obter unha copia).
Polo que se infere na misiva, Man expresa o seu desacordo ante a decisión do goberno, no caso do secuestro do candidato á alcaldía de Berlín pola democracia cristiá (CDU) Peter Lorenz.
Dous días antes das eleccións municipais en Berlín, o movemento terrorista " 2 DE XULLO " secuestra a Lorenz camiño á súa oficina.
Os terroristas piden a liberdade de seis compañeiros que se atopan nos cárceres alemáns.
O goberno do socialdemócrata (SPD) Helmut Schmidt, en consenso con todas a forzas políticas acepta a petición dos secuestradores.
Os detidos parten libres e riseiros para Iemen.
A decisión produciu unha gran polémica en Alemaña, moitos cidadáns argumentaron que foi un mal sinal, unha mostra de debilidade do Estado, unha claudicación ante o terrorismo.
Os feitos pareceron concederlle a razón a quen criticaron a decisión.
O secuestro como forma de presión política fíxose moeda de curso corrente e tivo o seu punto álxido en 1977, durante o chamado " Outono Alemán ".

3) O 30 de outubro do 77, a propósito do tráxico " Outono Alemán ", Man pide ao chanceler Schmidt man dura cos secuestradores.
O 13 de outubro, a Fracción do Exército Vermello (RAF), tamén coñecida como a banda Baader-Meinhof secuestra ao presidente da Cámara de Empresarios Alemáns, Hanns Martin Schleyer. Ao mesmo tempo, un avión de Lufthansa que viaxa de Mallorca a Francfort do Meno é secuestrado por un comando palestino.
Ambos grupos de secuestradores esixen a liberdade de dirixentes da RAF.
Esta vez o goberno alemán non acepta o pedido dos secuestradores e comandos especiais asaltan o avión de Lufthansa en Mogadiscio e liberan aos reféns.
O grupo que retiña a Schleyer asasínao dun tiro na cabeza.
Esa mesma noite no cárcere de alta seguridade Stammheim, os dirixentes da RAF Jan-Carl Raspe, Gudrun Ensslin e Andreas Baader suicídanse.

Parece mentira que o eremita da Costa da Morte se preocupase de semellantes temas.
Con todo, a medida que nos internamos nos seus escritos, imos descubrindo a un Man contraditorio, por unha banda místico; pola outra, tremendamente terreal.
Estas e outras cartas están á disposición do público, e sobre todo dos investigadores e xornalistas que queiran internarse no mundo que transitou este singular artista: entre a realidade e o mito; entre a inocencia e a consciencia.
Sen embargo, advertimos a quen se atreva a indagar no eremita de Camelle: resulta inquietante para moitos descubrir que dentro de cada un de nós, da xente que nos acusamos de "normais ", vive un Man, tan quimérico como realista.

Por outra banda, está pensado comezar coa documentación e catalogación de todo o museo de Man mentres non se decidan a dar os permisos, para poder evitar que o museo se veña abaixo.
Axiña que se comecen nestes traballos, faremos unha limpeza rigorosa no museo, que penso que será en dúas semanas, e tamén adicaremos unha noite a mirar as estrelas cun grupo de rapaces que se adican á astronomía e están dispostos a colaborar totalmente de balde.
As datas dá limpeza e do día adicado á astronomía publicareinas no blog " que pasa en camelle " e noutras webs da costa da morte, sinto non poder darvos a data pero non depende de nós.
A priori, todo parece un continuo ir e vir de inconvintes, pero teño a esperanza de que pronto teremos resposta por parte de tódalas administracións.
Por outra banda decirvos que a Fundación Man está buscando voluntarios e voluntarias que estean dispostos a evitar un maior deterioro do museo.
Se tedes calquera dúbida non dudedes en contactar connosco.
Un saúdo.
Sabela Mariñas García.

Actividades programadas na Casa da Cultura:
XULLO :
- EXPOSICIÓN FOTOGRAFÍA SUBACUÁTICA ( 1-30 de Xullo )
- EXPOSICIÓN MAN, UN HOME UN ARTISTA, UNHA LENDA ( traballo fotográfico de Manolo Pose)

AGOSTO :
- EXPOSICIÓN DE SIRO LÓPEZ ( 1-24 de Agosto )
- EXPOSICIÓN MAN, UN HOME UN ARTISTA, UNHA LENDA ( traballo fotográfico de Manolo Pose)

SEPTEMBRO :
- EXPOSICIÓN DE LUÍS CASADO
- EXPOSICIÓN MAN, UN HOME UN ARTISTA, UNHA LENDA ( traballo fotográfico de Manolo Pose)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Cando podéremos ver nos eses documentos e as libretas de Man?
Porque xa pasou tempo,eh.
E o museo restaurado para cando será?...

Popeye dijo...

Digocho eu sa podiamos ver esas libretiñas é encontrar os nosos dibujos feitos de cando eramos meniños.

saudos.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE