Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

martes, 28 de julio de 2009

Novas varias

1. Xa son oito os colectivos que rexeitan o macroproxecto de Touriñán.
Greenpeace, ADEGA, Plataforma en defensa da costa de Oia, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma pola defensa do patrimonio de Quilmas, Plataforma de Arou, Asociación A Pergoliña e plataforma veciñal de Camelle e Plataforma veciñal Xove-Lago, asinaron a semana pasada un comunicado no que denuncian a acuicultura industrial.
Para eles, calquer proxecto "macro" é rechazable, estea onde estea e fan unha chamada urxente ao pobo galego para que non permitamos cometer o mesmo erro que o feito en Cabo Vilán.
O comunicado tamén dí que:
- Cambiar Merexo, Seiruga, Camelle, Corrubedo ou Quilmas por Touriñán coma se foran cromos non é unha opción, é unha vergoña.
- A solución pasa pola aposta polos nosos veradeiros recursos, O noso mar, a pesca e o marisqueo artesanal, o turismo, a paisaxe e a cultura mariñeira son os nosos valores que debemos potenciar.
- Os colectivos non dan a espalda á acuicultura, senón que recoñecen que pequenas plantas poden ser beneficiosas para as economías locais, sempre e cando repercutisen nas vilas nas que se asentan.
- Estas plantas ocupan unha grande superficie e xeneran graves problemas de vertidos e de augas contaminadas con antibióticos e moita carga orgánica, que van directamente o mar onde se crian os nosos peixes e os nosos mariscos.
O secretario executivo de ADEGA, Fins Eirexas, dixo tamén que o plan acuícola anterior aínda non foi eliminado, "Eu non diría que estiveran tan confiados ata que se vexa no Doga. A opción segue estando vixente".
Máis info : quepasanacosta, La Voz de Galicia, Anosacosta, ADEGA

- RECTIFICACIÓN DESTA NOVA:
Según me contan da AA VV " A Pergoliña " de Camelle, en boca da súa vicepresidenta, María Xosé, esta nova é falsa.
Ninguén da Asociación de Veciños asinou ningún comunicado, nin tiñan coñecemento destas declaracións.
A Asociación de Veciños só pretende loitar e pelexar polos intereses dun pobo, Camelle, pero ninguén da Pergoliña se manifestou en favor ou en contra de Touriñán.
Polo tanto, piden a inmediata rectificación a asociación ecoloxista ADEGA por difundir un comunicado que a Pergoliña nunca asinou.

2. A Comisión de Festas de Camelle informa:
- A orquestra sorpresa deste venres é JERUSALÉN, a mesma que actuou na festa do Espíritu Santo e que tanto éxito tivo.
- O outro grupo que actuará o venres é ECLIPSE.
Moita xente pensa que é o mesmo grupo que estivo este sábado nas festas de Cereixo e que o fixo tan mal ( a cantante en vez de cantar, parecía que ouveaba, dou fé ), pero non é ese grupo ( nin falta que fai ), é o grupo que estivo en Camelle o ano pasado nas festas do Sacramento.
Máis info : quepasanacosta, diariocamariñan

12 comentarios:

carlos dijo...

Que facil é plantar pinos no aire, que facil decir que se fagan pequenas plantas acuícolas. Que facil cando tes o teu pas asegurado por ser executivo de ADEGA e non tes que loitar cada día pa dar un futuro mellor os teus fillos.
Que facil e negar todo e non arrimar o lombo a axudar en nada.
Non sei se o plan de Touriñán e bo, o que si sei e que falar e moi facil sobre todo cando o teu soldo chega sempre a fin de mes.

xan dijo...

Que boa rasón tes,estos de ADEGA moito meten a xente no saco e moito falan,pero eu solo os vin unha ves en Camelle.

Anónimo dijo...

sobre as festas de camelle: o venres non deberia haber orquestas, estabase moito mellor sin elas, o veren e pra estar mais suntos coma todos os anos, agora cas orquestas cada un ade andar por un sitio distinto, moy ben todo, pero o das orquestas o viernes cagarona.
non mola nada.

Anónimo dijo...

!Sempre hai que poñer o pero.. si non non tamos contentos, qué asco!!. Eu creo que a labor da comisión é insuperable así que en vez de criticar todo era mellor que arrimaramos máis o hombro...
Un saúdo a comisión e noraboa pola vosa labor porque sen traballo non se fan estas festas que temos agora (senón vésaxe o caso de Cereixo).

r.c.a. dijo...

Ese anónimo sejuro que foi Luis do Pub ( o jefe, non o de Camelle ) porque a mín díxome aljén da comisión que seica non dou un peso pas festas do pueblo,nin pas do Carmen nin po Espiritu Santo por non faserlle a festa do viernes na playa e así poder encher o bolsillo,ainda por riba o viernes seica vai a faser unha churrascada alternativa a da festa jratis no pub.
Esto e unha verjonsa e temos que unirnos todos para faserlle boicot nas festas e non lle ir o pub.
Eu por alí xa non pasarei.

Anónimo dijo...

r.c.a.creo que tas moi equivocado,pero eu non son quen de responder,creo que eso deberia facelo Perla ou calquera da comision.
Noraboa a todos polo traballo que estan facendo.

ollomol dijo...

r.c.a., hai que ter moi mala baba pa faser unha afirmasión e petisión coma esa, porque a min constame que si dou os cartos pra festa, pero como o anónimo anterior opino que quen pode aclarar esto é a comision. Aserca do que dis de que quere encher o bolsillo, non sabia eu que ti traballabas jratis; eu creo que é lísito ter un nejosio pra faser cartos, pero o mellor ton equivocada.
Noraboa a comisión polo seu traballo.

merchi mouzo dijo...

con respecto o comentario de r.c.a. a comision de festas recibio cartos do pub das festas do esp. santo e do carmen, segundo a churrascada hai información de que non se vai a realizar no pub, so a da comisión, q se fai no muelle.
POR FAVOR NON POÑADES MÁIS PROBLEMAS E COLABORADE.
GRACIAS E UN SALUDO

r.c.a. dijo...

Pido disculpas a todos pola información que dei onte e rectifico as miñas palabras.
Solamente teño que decir que un menbro da comisión de festas é unha mentirosa por andar a decir eso, eu creín na sua palabra.

Anónimo dijo...

Si a comisión ten unha mintireira no medio ke a chimpen pa fora,xk o único k fai e meter problemas.
Ánimo comisión e sacade as malas hervas xk sinón o fruto non dará bos resultados.
Felices festas a todos.

ollomol dijo...

r.c.a. honrache o feito de pedir disculpas, pero eu creo que temos que ter cuidado cas nosas afirmasions porque lle podemos arruinar a vida a calquera.Esto que pasou quedou en nada porque Merchi fixo a aclarasion, pero non quero pensar que pasaria si non o fixera, siempre nos quedaria a duda.Tamen creo que esto non pasaria si a comision entrejara un resibo a cada persona polos cartos que dou, ou si fixera unha lista publica cos cartos que dou cada un, como fan en moitos pueblos, ou como fixo a Perjoliña cos cartos do avojado (esto e solo unha sugerensia). Polo demais, volvo a darlle as jrasias e a miña noraboa a comision polo seu traballo.

Anónimo dijo...

Sí, a mín paréseme unha moi boa idea, no pueblo donde vivo danche un recibo cos cartos que destes pas festas e así xa non hay problemas.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE