Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

miércoles, 1 de julio de 2009

Os relatos de Guany


Novo relato da colaboradora deste blog, Guany, no que fala sobre a nosa Asociación de Veciños e a Asociación Cultural Festas de Camelle.

" CAMELLE con maiúsculas ".
O comentario de hoxe dedícoo á Asociación A Pergoliña e a Comisión de Festas que organizaron as festas os pasados días 20 e 23 na praia.

Vendo a actuación de Paco " & compañía" o día 20, concretamente, quedeime abraiada polo seu sentido do humor, que xa lle parece vir de familia; as Pandereteiras, o Kilombo, a sardiñada.... Madialeva (boísimos ao meu parecer) e unha morea de xente colaborando con verdadeiro entusiasmo.

A Pergoliña é, sen dúbida, o artífice da revitalización que está sucedendo en Camelle co apoio, prácticamente total, dos camelláns e a colaboración impagable de persoas puntuais, como Perla, que conseguen unhas festas impresionantes, tendo en conta que se trata dunha poboación pouco numerosa. Non sei se cada habitante vale por cinco ou aqui prodúcese aquilo da multiplicación dos pans e os peixes porque senón non me cadran as contas.

Todo isto, sería impensable hai un tempo. A partir de certo momento no que tivemos que comezar a protexernos daqueles persoas nas que, previamente, confiamos, producíuse case unha metamorfose nas relacións interpersoais. Os camelláns percatámonos de que a única maneira de que nos escoiten é expresarnos xuntos, pero non só iso.

O demais, ven todo encadeado: organízanse actividades e festas como nunca se veu aqui. En definitiva, situacións que fan a vida máis agradable e, ata me atrevería a afirmar, que se está dando un certo cambio positivo na maneira de comunicarse.

Tanto para acontecementos reivindicativos coma lúdicos, os camelláns son todo un exemplo de persoas que saben o que queren ou mellor dito, o que non queren e, entre as primeiras, está pasalo ben sen prexudicar a terceiros. Non se escatiman nin esforzos nin medios, tanto para pagar un preito, coma para facer festa rachada. Esta nova forza do noso pobo, ben merece o cualificativo de "brote verde" (agora que está tan de moda a expresión).

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Quedacheste ``abraiada´´
quen escribe o blog ?

flaire dijo...

bravo pola asociación de veciños e mais pola comsión de festas estan a facer unha labor magnifica.
saudos

maría dijo...

A ver, o primeiro comentario.
O relato de Guany, escríbeo Guany, que é unha muller e o blog escríbeo Man ou sienfuejos que é un home, bastante ben os dous por serto.Noraboa a guany, a sienfuejos,a Pergoliña e a Comisión de festas polo seu traballo.Sin eles,Camelle non sería o mismo.

Popeye dijo...

Temos que estar orgullosos de ter unha asociación de vesiños coma esta,é comonón tamen hay que estar orgullosos da nosa comisión de festas queo están a facer de marabilla,tamen hay que felicitar á guany polos seus relatos que están moy ben;un saudiño para todos eles é elas.

Saudos.

Anónimo dijo...

guany a mellor.bikos.

r.c.a. dijo...

E non nos olvidemos do que fai tan estupendamente este blog.Eu xa non podo estar sin el,como o scotch brite,je,je.
Noraboa e gracias polo teu traballo,sienfu.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE