Novo relato de Guany, hoxe fala das ansiadas vacacións.
As vacacións dos pobres.
Todos aqueles que teñen a sorte de traballar, esperan como auga de maio as vacacións para sair das rutinas, coñecer outros lugares, trasnoitar por aí sen preocuparse do reloxo ou “tirarse á bartola”.
Todos aqueles que teñen a sorte de traballar, esperan como auga de maio as vacacións para sair das rutinas, coñecer outros lugares, trasnoitar por aí sen preocuparse do reloxo ou “tirarse á bartola”.
Moitos teñen a sorte de facer o que queren, dende aqueles que arriscan a súa vida nos sanfermíns ata os que elixen un lugar paradisíaco alende os mares.
A maioría dos mortais facemos o que podemos, desde ir á casa dos pais (aforro máximo) ata viaxar a un lugar que estea dentro dun radio de 300 km. evitando os traxectos de autopista. Destino: un camping ou apartamento de aluguer.
A casiña non é o que parecía e o WC semella a un cadro surrealista con predominio da cor marrón. Volves á casa algo chafado.
Os privilexiados, co seu billete de avión na man, chegan a eses lugares, supostamente idílicos cos que tantos mortais soñamos; gozando de todo tipo de praceres e coñecendo outras culturas….. ¡Mi madriña, que gusto debe dar!.
Outros optan polas viaxes culturais, visitando históricos monumentos aínda que cheguen cos pés cheos de bochas.
A peor parte desas viaxes marabillosas lévamola os de sempre: receptores pasivos do resume das experiencias vividas polos protagonistas con todo luxo de detalle, acompañadas de certas escenificacións –o viaxeiro trata de explicarnos, cos ollos en branco, toda a felicidade vivida-.
Cando levas, polo menos, media hora de ointe e quixeras escapar aínda que sexa picar pedras , o amiguete pasa a fase seguinte: amosarche o video ….. Xa non podes máis. Se o deixas coa palabra na boca, quedarás igual cá un porco. Non tes escapatoria; tes que aguantar o chaparrón.
Despois de veraneares coa fiambreira no coche e escorado nunha cadeira escoitando ao amigo, consideras que mereces ver alguna vez a Torre de Londres sen contarllo a ningúen.
2 comentarios:
Diosssssssssss,cantas veces me pasou eso a min e aguantas o chaparrón esperando que soe o mobil para poñer unha disculpa e sair correndo.
E a mín tamén,ja,ja,ja.
Publicar un comentario