Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 30 de julio de 2009

Os relatos de Guany


Todos que me coñecedes, saberedes que non me gusta nada ser o protagonista, máis ben prefiro case sempre estar nun segundo plano, pero despois das "ameazas" da nosa querida e sabia colaboradora Guany, non me queda outra que publicar ó último relato desta tempada.
Gracias por todo, Guany.

A Marcos:

Antes de que se marche de vacacións e teñamos un paréntese sin o noso informativo favorito, voulle dedicar a parradiña desta semana a ese extraordinario chaval, que tanto pon da súa parte para que esteamos enterados do que nos afecta aos camelláns, de forma totalmente altruista e pasando por encima de todo tipo de presión ou obstáculo. Cun par ........

Por eses avatares da vida, moitas veces, pasamos anos sen coincidir con algún veciño. Cando menos o esperas, os camiños por onde andamos converxen e decátaste de que aquela persoa está case irrecoñecible, sobre todo na etapa de neno a mozo. Iso foi o que me sucedeu con el. Redescubrino na cabeceira dunha manifestación. ¿Quen é?, preguntei. Era Marcos, aquel cabaleiro que poñía tanto entusiasmo, animosidade e convencemento no que expresaba (iso si: non se pode dicir que cante coma Pavarotti). Desprendía autenticidade a moreas e salpicaba todo dun gran sentido do humor.

Seguinlle boa parte da traxectoria posterior e sei que é das persoas que, verdadeiramente, vale a pena coñecer. Sempre disposto a colaborar cando se lle necesite, sinxelo, discreto, elegante nas súas formas, camellán ata a médula e, básicamente, unha extraordinaria persoa.

Sei que lle incomodará que fale del, pero pero sabe ben que llo digo desde a profunda admiración que teño. Seguramente, sen pretendelo, gañouse o afecto, polo menos, de todos os que coñecemos a súa labor. Como este verán, coprotagonizará (hai que contar coa fermosa Silvia) un acontecemento moi importante na vida de calquera, deséxolle todo o mellor do mundo e estou segura de que é un sentimento compartido por todos os usuarios deste blog:

¡ FELICIDADES, PARELLA!.

2 comentarios:

Camellana dijo...

Moitas felicidades tamen pola miña parte, pero bueeno, xa llas darei en persoa.
A verdade é que o texto e fala moi ben de ti ,Marcos, deberias de estar orgulloso de Guany jaja !!

É certo que é un chaval extraordinariO, eso que nadie o dude.

O texTo é precioso, a mellor actualizacion que vin no blog ... que orgullosa eston de ti Marqiños jajajaja !!
Feliicidades Guanyy !

xan dijo...

Noraboa Marcos,eres un crack, como tí dixistes quepasaencamelle somos todos, pero sen tí, esto non sería posible.Gracias.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE