Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 16 de octubre de 2009

Novas de interese


 1.  A Costa da Morte tamén fala galego.
A Costa da Morte tamén estará presente o vindeiro domingo en Santiago de Compostela na manifestación a prol do idioma galego organizada pola recién creada plataforma Queremos Galego.
Déixovos a nota de prensa remitida por esta plataforma explicándonos os motivos desta manifestación.
Nota de prensa:
A Plataforma Cidadá Queremos Galego, cuxa sección comarcal (Bergantiños-Costa da Morte) foi presentada á prensa o pasado xoves 8 de outubro no Pazo da Cultura de Carballo, chama a toda a sociedade galega a se manifestar este domingo, 18 de outubro, a favor da lingua galega e en contra das políticas lingüísticas regresivas do actual goberno da Xunta de Galiza.

Por primeira vez na historia da Autonomía, o Goberno galego está a desenvolver políticas de desprotección da lingua propia de Galiza. Neste sentido, todas e cada unha das medidas gobernamentais executadas ou anunciadas desde a chegada ao poder de Alberto Núñez Feijóo van en contra de acordos parlamentarios aprobados por unanimidade: a derrogación do decreto do 50% do ensino en galego, a supresión das axudas á tradución de libros para o noso idioma, ou a contrarreforma da Lei da Función Pública, só para que o galego non sexa igual de necesario que o castelán para acceder a un posto de traballo na Administración galega.

Perante o sensentido gobernamental, a cidadanía galega manifestouse amplamente en contra desta postura galegófoba, apoiando a Plataforma Queremos Galego desde a súa creación, o pasado 14 de xullo en Compostela.

E en Compostela, o próximo domingo é onde se van xuntar as voces de todos os que queremos galego, que somos moitos e máis que os que o desprezan, que os ‘descastados’ que renuncian ás nosas raíces como pobo.

En Compostela é onde temos que estar todos e todas este domingo, acudindo á que se presume como unha xornada histórica de reivindicación, por enriba de ideoloxías, por sentido común e porque QUEREMOS GALEGO!

Silvana Castro García

Coordinadora da Plataforma Queremos Galego en Bergantiños-Costa da Morte

Máis info : quepasanacosta, anosacosta, La Voz de Galicia, La Opinión


 2.  Homenaxe ao Serpent e os náufragos daCosta da Morte.
O día 10 de novembro de 1890, ás dez e media da noite, embarrancaba en Punta do Boi o cruceiro torpedero da súa Maxestade Británica Serpent. Só houbo tres sobreviventes: Luxon, Gould e Burton, entre os seus 176 tripulantes. Foi unha da maiores traxedias que viu a Costa da Morte e sen dúbida a máis soada.


O ano pasado un reducido grupo de persoas entre as que había membros da Liga Naval Española e xornalistas achegámonos a esa hora a render homenaxe, non só aos náufragos do Serpent, senón a todos os náufragos desta Costa.

Quérese repetir este ano esta homenaxe, precisamente de noite e naquel inhóspito lugar, no Cemiterio dos Ingleses, para que todos aqueles que senten e viven o mar, cos seus dramas incluídos, incluídas os familiares de náufragos e as confrarías e institucións que queiran sumarse achéguense a render un sinxelo pero emocionado tributo ás vítimas do mar de todas as nacións que aquí atoparon a súa última singradura.

Aínda non hai ningún programa formal e acéptanse todas as propostas para esta sinxela cerimonia que podería incluír velas, flores, cánticos e lectura de nomes de barcos, por exemplo.

Como o tempo nesas datas pode ser tempestuoso en Punta Boi recoméndase a quen ousen desafialo que veñan ben pertrechados para protexerse...

Juan Campos

Dende quepasaencamelle queremos fomentar esta gran iniciativa, para que esta homenaxe aos "nosos" náufragos non se esqueza e o día dez de novembro de tódolos anos vindeiros, pase a ser a data da homenaxe aos náufragos e das persoas que deixaron a súa vida no mar.
Tamén propoño que tódalas persoas que se sumen a esta iniciativa leven unhas flores para facer unha pequena honra e así testimoñar o recordo polos falecidos no mar.

Máis info : quepasanacosta, diariocamariñan

14 comentarios:

Anónimo dijo...

E OS QUE QUEIRAN FALAR CASTELAN, QUE FAN? A MANIFESTACION PA SEMANA QUE BEN.

XA EMPESAMOS CAS TARUGADAS.

eu dijo...

Tarugada é o que acabas de desir tí, ou non leestes o manifesto...

Anónimo dijo...

Eu,coma galegofalante,ou mellor dito jallejofalador,alegrome que haxa compromiso na xente pra defender a nosa lingua,non soio maña manifestadonos en Santiago,(e que facela en "la coruna"seria unha erexia)senon cada dia falando e ensinando ou concienciando polo menos a os nosos pequenos.Con respecto as plataformas hay que escoller ben e ter sorte,non vaian facerse donos das nosas ideas ,inquedanzas,ilusions......etc, como tamen se estan quedando coa costa da morte desde lugares coma Carballo que xa logo sera a capital,ou Santa Comba que sera a Secretaria,etc.Eiqui en canto se ve subvencion,sempre hai quen se adianta.Un saudo dun camellan que lle quere tanto a Camelle que lle doi.

karavich dijo...

Eu,si me perdoades,non vou a asistir a esa manifestación po las seguintes razóns:
1.-E inxusto facer unha manifestación contra o que chaman "política de degradación dó galego"e non ir,por exemplo as manifestacións que verdadeiramente loitan po la supervivencia de sectores que son básicos para economía dá nosa terra como por exemplo dá pesca.¿Por que non se fai unha manifestación para que frenen os ataques descarados que se fan para cabar có sector pesqueiro?.¿Por que non nos manifestamos a favor dos agricultores e gandeiros cando vemos os abusos que sofren por parte dos distribuidores có beneplácito dos
distintos gobernos que nos están a gobernar,poñendo en serio risco a supervivencia de dito sector?.¿Por que non nos manifestamos para que a axuda asistencial chegue de verdade a que mais ó necesita?.¿Por qué non protestamos por esta guerra que hay en Afganistán e na que por desgracia,hay mortos?.¿Por que non nos manifestamos contra a carreira armamentística nuclear de IRÁN,e protestamos contra unha central nuclear?.¿Por qué non protestamos contra a subida dós impostos?.¿Por qué non protestamos contra a financiación autonómica deste goberno que tan mal deixa a nosa terra,soio por venganza?.¿Por qué non protestamos,en fín,contra a política que está a facer este coberno para paliar ó paro?.A verdade,e que,estes deben ser problemas de pouca importancia para esta nova intelectualidade galega que se inventan plataformas para salvar,non sei que,có único obxetivo de sair na tele e dar así o salto a fama que non poden ter po las súas virtudes.Dende logo a veces daste conta que a estupidez humana non ten límites.
2.-Non podo acudir a unha manifestación para que as libertades dos cidadáns se vexan mermadas,e moito menos si éstes son maioría.
3.-Como dí o compañeiro,négome a asistir a unha manifestación na que os representantes da COSTA DÁ MORTE non pertezan a éla.Si de verdade querían representar a súa zona e maila nosa deberían representar a TERRA DE BERGANTIÑOS.O que ven a demostrar unha gran contradicción,por que están a renegar do sitio de donde son.Eso é como si gobernaran GALICIA dende ASTURIAS.
4.-E a cuarta e mais significativa é que eu,por esas datas non vou a estar nó noso queridísimo pobo.

ABURIÑO.

maría dijo...

Xa salío a política,era raro que non salira...
tamén podemos protestar polo que fixo o PP en Galicia estos 24 anos pasados ou o que fai ahora,criticar os que jobernan,sin dar ningunha solución e xa non falemos da corrupción, pero non vos dades conta que son todos ijuales e que solo tan ahí pola ansia de poder e para chupar do bote?
Ah, eu apoio toda acción que se faga para salvar a nosa lingua,por suposto.

Anónimo dijo...

Eu non podo, desa hora teño que tomalo vermú no paf

karavich dijo...

Eu ben sei que todos son iguales de chupóns e de corruptos,e si lees ben o que pusen refírome a tódolos gobernos,tanto a Comunidade Europea,como o Goberno central,como a Xunta.Pero non penso que a lingua galega esté en serio risco de desaparecer,e si desaparecera sería culpa de todos,non soio das institucións políticas,por que somos nós os cidadáns galegoparlantes os debemos enseñalo as futuras xeneracións.Por outro lado,estoume a dar conta de que a sociedade estase a volver un pouco egoista,cando non quere reconocer que nestes momentos hay cousas mais importantes po las que loitar.

Anónimo dijo...

sa sa sa karavich...q nos conosemos...

Anónimo dijo...

Pois si desaparese que lle dean por saco, será que non nos importa... porque por muito que me impoñan desde a xunta ou desde outros sitios eu non penso deixart de falala en donde me sala dos Juevos (en Jalisia eh!).
Peor era con Franco que (supostamente) estaba prohibida e aquí sije...

karavich dijo...

Pois que sorte a túa que me conoces,que o que é eu a tí non,pero si non me crees,alá tí macho,eu digo o que sinto,pese a quen lle pese,dóia a quen lle dóia.

Ah,outra cousa.Si tanto queremos o galego.¿Por qué non lle facemos unha protesta formal a GOOGLE para que corrixa o que pon ná cabeceira desta páxina?.Non está escrita en portugués,si nón en galego.

ABURIÑOOOO.

Anónimo dijo...

Eu sa disen varias veses que o que queira GALEGO que o estudie pero por culpa de dous fanaticos non teñen porque impoñer a nadie un idioma QUE O PASAR DE BAIÑAS SA NON VALE PRA NADA.
PRA NADA.
PRA NADA.

Anónimo dijo...

canta ignosansia hai no mundo,macho,así nos vai,en fin...

Anónimo dijo...

ignorante si que eres ti, O QUE PASA QUE TI ERES UN DOS QUE COMIAN A SOPA BOBA E AHORA ACABOUSEVOS A VICOCA (( IDE TRABALLAR pandilla de bajos)). E creo que con esto non ton ofendendo a nadie por que creo que he a realidad.
Un saludo de un que fuy polo mundo coma a mayoria deste pueblo e co GALLEGO non lle valio PRA NADA
PRA NADA
PRA NADA

Anónimo dijo...

Coas túas palabras defíneste perfectamente e (non he) non vou a entrar ao trapo, simplemente repito: ¡Así nos vai!
Ah, e creo que confundes churras con merinas.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE