Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

miércoles, 21 de octubre de 2009

Os relatos de Guany


As traxedias na Costa da Morte.
O fermoso xesto de homenaxear ao Serpent, 119 anos despois de transcorrido este desgraciado naufraxio, tráeme á cabeza os últimos accidentes deste tipo que acaeceron na nosa costa.
 Unha vez lin un libro que estaba no faiado da miña avoa, escrito por José Baña Heim, relatando anécdotas ao respecto e unha delas, que me quedou grabada por incrible, era que, antigamente, algúns habitantes da costa facían unha bola de chapapote, que colocaban no extremo dos cornos das vacas; despois prendíanlle lume para confundir aos navegantes e facilitar os naufraxios xa que cada un deles supoñía, de algunha maneira, provisións para os lugareños desde roupas de cama ata alimentos. Calquera que fose o cargamento, era aproveitable.
 Eu creo que se trata dunha lenda porque o conto do chapapote nos cornos....paréceme inverosímil; ¿canto tempo duraba a combustión do negro material? ¿Desde que distancia sería visible a chama do lume?.¿É posible producir esta confusión á xente que traballa no mar?. ¿Non importaba o perigo para os navegantes como consecuencia da visión daquelas "luces"?. Hai algo nesta historia que non me cadra.¿Alguén de vós coñece máis detalles destas vacas que, ademais, debían volverse tolas de verdade cos cornos tan quentes?.
Un dos naufraxios relativamente recentes (vinte anos e pico) foi o do Casón no que morreron vintetantas persoas e cuxa historia deu moito de se pola desesperación da xente, debido a incerteza sobre o tipo de material que transportaba, xa que as informacións foron ambiguas e, tamén,alarmantes porque se sospeitaba de que transportase algún material tóxico e/ou explosivo.
A xente vivíu situacións entre dramáticas e cómicas. Dramáticas polo medo a que aquela especie de mostruo mariño estoupase con consecuencias imprevisibles. Máis de un imaxinativo pensou que a Costa da Morte podería converterse nun segundo Chernobyl. Houbo un auténtico éxodo de todos aqueles que puderon fuxir porque tiñan medios para facelo.
 Moitas familias dividíronse ante a negativa dos seus vellos a abandonar as casas, preferindo aceptar todo tipo de riscos antes que marchar.
Eles coma o capitán dun barco que se precie, non estaban dispostos a abandonar o seu habitáculo e liscar, con certa idade, a non se sabe onde.
 Despedíronse de fillos e netos mentres non se aclarase en que consistía a natureza da carga do Casón.
 Despois de pasado o perigo , creo que houbo bastante cachondeo, parodiando as pintorescas situacións a que deu lugar iso de atoparse ante unha seria e incontrolable ameaza deste tipo.
Contábanme que un veciño de Camelle escribíu o que chamaba unha comparsa. Púdena ler anos despois e non tiña desperdicio. Foi unha mágoa que só quedase no seu ámbito privado porque estaba sobrado de inxenio. Era un verdadeiro sainete do que podemos chegar a facer baixo a pantasma do medo.
Volvendo ao Serpent, parece que tivo dúas consecuencias importantes: unha foi o uso xeneralizado dos chalecos salvavidas (os tres supervivientes levávano posto). A outra foi a construción do faro de Cabo Vilán para tratar de atenuar a perigosidade da Costa da Morte. Paradoxalmente, dise que o accidente aconteceu por erro de navegación. ¡Que cousas!. Pregúntome como vivirían o naufraxio os habitantes da zona coa precariedade de medios e as dificultades de comunicación daquela época.
Parece indubidable que o cura de Xaviña e os veciños estiveron á altura do que demandaba a situación. Está claro que o ser humano temos algún recuncho solidario connosco (uns máis cá outros), pero o que más ou o que menos, cando suceden feitos tan graves ou que poñan en perigo a vida doutros e non só a nosa,actuamos sen pensalo dúas veces, por sorte e non só para cumprir co deber de socorro. Porque penso iso, fáiseme difícil de crer a historia das vacas ás que aludín antes.
Tamén hai contar con aquilo de que "a xeografía da fame" pode borrar dunha plumada o recuncho solidario......pero aínda así, sería dunha imprudencia, por non dicir crueldade, desproporcionada ¿non vos parece?. De ser certa a historia, temos unha pésima relación co chapapote na nosa costa.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Vacas hai moitas, e tolas...

karavich dijo...

Eso de botarlles lume nos cornos das vacas é unha lenda macabra coa que temos que lidiar constantemente,non soio nós,si non os habitantes daquelas zonas donde se produxeron gran cantidade de naufraxios,como por exemplo,na costa atlantica francesa,hay un lugar no que tamén houbo moitos naufraxios,e os seus habitantes tamén os acusan do mesmo.Pero eses contos,a non ser que daquela se celebraxe por estas latitudes a festa do "touro embolado"e nós non teñamos constancia deso,seguro que veñen de xente dó interior,por que como ben dís,quen é o valente que lle mete lume a unha vaca nos cornos.
En navegación,sobre todo antes,dende que recalabas levabas unha referencia por terra,e si ésta non se veía navegabas por estima hasta que recalaras outra vez.
Por outro lado,un piloto sempre se apartará das luces,nunca irá contra elas.
En canto o tema dó CASÓN,a verdade e que o éxodo foi moi desproporcionado,pero a verdade é que ese barco levaba tanto productos químicos,(que explotaban en contacto coa auga,creo que nitrato de sodio,ou algo así),como productos radiactivos,e eu seino por que daquela estaba na mili,na Comandancia dá Coruña,que foi a que levou a xestión dó salvamento,e os supervivintes reconoceron a pegatina que identifica a ditos productos.Así que está ben rirse agora,pero poido pasar unha verdadeira desgracia.
Por outro lado parece que a fama de "raqueros"seguirémola tendo o parecer por bastantes anos.Antiguamente rapiñaban por mera subsistencia,pero o que non se entende e que se faga agora,non esquenzamos o caso dó yate que estivo enriba do porto de Camelle,e dos contenedores que apareceron hai un anos o longo dá costa,e coas cámaras dá televisión como testigos para maior fama desta terra.

ABUR.

Juan Campos dijo...

Karavich tiene razón.Esas leyendas se encuentran en todas las costas del mundo: Bretaña, Cornualles, Irlanda, Florida, Argentina. UIn cluso en la Grecia Antigua.
A ver si el año próximo os animáis el 10 de Noviembre a bajar a Punta Boi a rendir homenaje a todos los náufragos de esta Costa.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE