Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 9 de octubre de 2009

Os relatos de Guany


Antes de nada, deséxolle mandar moitos saúdos aos nosos blogueiros desprazados polo mundo, que participan do que pasa en Camelle a través desta páxina. Cos seus comentarios, fan que pareza unha charla entre amigos ao calor dunha chimenea.Nós sentímolos preto e espero que a eles lles suceda outro tanto.


A VISIÓN DAS COUSAS
 A visión da botella, medio chea ou baleira segundo a percepción de quen a observa, ten bastante influencia na vida da persoa.Podemos ter un mal día e velo todo negro: se quenta o sol porque nos molesta nos ollos; se chove porque nos mollamos; se a sogra nos saúda cun amplo sorriso, podemos pensar ¿que quererá esta bruxa?, etc... Todos temos días deste tipo. O asunto cambia cando pasa a ser nunha constante da nosa vida e convertémonos nuns agonías para aqueles que están arredor. Cando respostamos frases como "serán para ti" se nos dan os bós días...a cuestión xa pode ser preocupante.
 Se ese fose o teu caso, invítoche a que leas isto e, tamén, a que me chames "rollo" se así o consideras. A miña intención é que recapacites sobre isto: corres o risco de que a xente que te rodea, vaia fuxindo de ti, pouquiño a pouco. Pode ser que te salve o teu esporádico sentido do humor, a xenerosidade deles ou a túa, porque che deben algo, te queren moito ou porque son uns santos. Caso contrario, é probable que acabes sentíndote só.De aí a que penses que todos conspiran contra ti, hai só un paso.

Penso que, tal como imos mirar as carencias visuais para evitar perder parte da información que nos rodea, deberíamos graduar a nosa outra visión das cousas porque podemos perder detalles importantes ou incluso cruciais. Tendo en conta que iso do ceo/inferno non está nada claro...., todo apunta a que paga a pena non perder o tempo en amarguras innecesarias. Se estivésemos máis atentos, sen deixarnos levar pola primeira impresión/emoción, decataríamonos de que hai máis ben poucos asuntos verdadeiramente importantes. É cuestión de relativizar o que sucede no escenario diario, sacándolle partido ao mellor e minimizando os fastíos (fastidios). Estou bastante de acordo con esa frase tan repetida de que a vida é aquilo que acontece mentres planeamos outras cousas.

A botella medio baleira, pode chafarnos a mellor festa. Se a túa moza fala, amigablemente, con outro e pensas "levo máis cornos cá un cervo...". O chaval é un compañeiro de clase, por exemplo. Móntaslle o cristo a túa moza e acabades feitos un asco, cada un chorando por un lado. Se sucede con frecuencia, pode que ela se canse de ti e, despois, chorarás dobre: por ela e por burro.

Outro día pensas que nunca chegarás a nada; a túa vida é un asco; todos son reveses....túmbaste no sofá a autocompadecerte e " a velas vir ". De continuar así, pode que se confirmen as túas expectativas e sexa, certamente, un asco porque ti xa ditaches sentenza e non fas nada para poñerlle remedio.

Ás veces, sénteste frustrado por non poder comprar un coche novo. Estás farto de andar co mesmo cacharro durante sete anos. Quixeras comprar un novo, como fixo o teu veciño, pero a túa economía vai peor cá súa e lévate o demo. O detalle de que o teu coche funcione perfectamente, parece pasarche desapercibido..... Tal vez lle esteas dando un valor excesivo a apariencia externa e ao que significa. A nosa valoración persoal pode que inflúa no que sentimos ao respecto. Aínda que estamos nunha época moi difícil, non vai ser eterna. Tendo pacencia e poñendo o posible da nosa parte, as cousas cambiarán. Permanecer pasivos, aceptando un "destino" adverso, non creo que nos beneficie en absoluto e desesperarnos, tampouco.

En ocasións, só alcanzamos a ver dentro dun espazo moi curto arredor noso. Se observamos, sen presa, seguro que temos máis motivos de ledicia do que pensamos. Acostumámonos a moitas cousas que, unha vez están aí, deixan de ter importancia para nós. Uns amigos foron pasar uns días a un pobo nevado na serra. As paisaxes eran espectaculares, pero por mor da cantidade de neve, houbo problemas coas instalacións eléctricas e estiveron ás escuras o fin de semana. A impresión de uns era que o pasaron de marabilla, gozaron paseando entre a neve; foi un fin de semana fantástico e diferente.De noite, dedicáronse a conversar arredor dun candil de gas. Para outros, a experiencia foi desastrosa: comendo bocadillos, sen TV nin as comodidades habituais.Relataban a experiencia coma un pesadelo.

Hai uns días vin unhas imaxes duns nenos sudaneses, que me impactou especialmente: estaban bebendo auga nuns pantanos enfangados porque non teñen outra. Facíano a través duns tubos de plástico, provistos dun filtro, que lles facilitou unha ONG para evitar inxerir larvas,causantes de enfermidades. Creo que deberíamos valorar o que temos, sen prexuizo de melloralo, evitando que nos amarguen o día, por exemplo, algunhas carencias que, ben vistas, serían un luxo para outros.


5 comentarios:

Camellana dijo...

Joder Guany como escribes !!
Felicidades .. o texto esta moi ben e fai reflexionar moito.

karavich dijo...

Sabia reflexión a que fas.Si todos reflexionáramos en darlle mais valor o que temos,e deixarnos de tantas aspiracións materiais que non nos leva,nesta época de crisis,mais que a dificultades,dúbidas,penurias,en fín,problemas;penso que nos iría mellor a todos.Eu penso que a clave está nun verbo,este verbo é QUERER.Si deixaramos dito verbo soio para causas de índole afectivo e o cambiaramos po lo verbo NECESITAR penso que cambiarían moitas cousas para ben.Por exemplo,cando se vai de compras,todo está disposto de tal maneira que consumamos mais do que verdadeiramente nos fai falta,eso é por que sucumbimos ó encanto dó consumismo que nos entra por todos os sentidos e nos fai reguntar ¿EU QUERO ESTO?.O mais seguro é que o teu subconsciente diga "SÍ".Ahora,si nos preguntamos:
¿EU NECESITO ESTO?,entón ahí xa enfocaríamos de outra maneira a nosa compra.E eso,tamén se pode aplicar a todo o cotidián.
Por outra parte,penso que si establecemos un perfecto equilibrio entre as nosas virtudes é os nosos defectos,viviríamos mellor todos.Explícome,os problemas veñen cando a balanza cae para un lado ou para o outro,si cae pó lado dos nosos defectos entón non hai mais que contar,xa que somos nós os jodidos,en cambio si cae do lado das nosas virtudes,provocará nalgunha xente o mal da ENVIDIA,o cal seguirán outros defectos da condición humana como si unha reacción en cadea se tratara.Por outro lado,o de "apreciar mais o que temos"levado a un extremo,pódese convertir en EGOISMO,como podemos ver en certo sector do pobo.Querer todo o mellor para eles sin contar o dano que pode provocar nos demais é a súa doctrina,moi contraria por certo os ideales que defenden.Pero teñen outro defecto peor e mais dañino,sobre todo a quen colle nó medio.E que algúns son EGOCÉNTRICOS.Pensan que o mundo xira en torno a eles,e as persoas que collen no seu campo de atracción,quedan xa a mercede dos seus caprichos e mandatos,rompendo con toda a vida social que levaban ata o de agora,os amigos,veciños,etc.Pero si fora eso,non perdías mais que un amigo,o peor e cando utilizan a éste para lanzarche a tí,todo o que eles non se atreven facer,po lo tanto,VIVIDE BEN,QUERENDO MAIS O QUE TENDES,NECESITANDO O MENOS POSIBLE,E ESCAPANDO DAS MALAS INFLUENCIAS DE ESTA XENTE.

Por que como decía meu abó:COIDADO CON QUE CHE CHOSCA UN OLLO,PÓDECHE ESTAR APUNTANDO.

PESIMISTA dijo...

O outro día,bebendo unha cervexa,acordeime do teu comentario,o primeiro vin a botella chea,pero a medida que pasaba o tempo,iba véndoa mais valdeira,e púsoseme unha cara de angustia,que non vexas,e non sei por qué,por que fun eu o que a bebín.Pero eso non é ser PESIMISTA,eso e ser REALISTA.Ademais eu non sei por que coño os pesimistas estamos tan mal vistos;cando eu creo que participamos nos mais grandes avances da historia.Vexamos un caso:
Si un optimista está debaixo dun arbol e lle cae unha masán ná cabesa,dí:
-¡Coño,xa teño o postre!
Sin embargo,eso mesmo lle pasa a un pesimista,cáelle a masán e descubre a "Ley dá gravedad".Pero o que che caia unha masán ná cabesa,non é tan grave,peor sería que che caeran..dous cocos,por exemplo.
Sin falar de que a maioría dos inventos foron gracias a nós,e creo que a sociedade débenos moitisimas cousas;vamos a poñer exemplos:
O tipex,os seguros de vida,as redes para os trapecistas,incluso un airbag para coches fúnebres.Eu eso,a verdade,atopábao un pouco absurdo,non por nada,non,sobre todo po lo difunto.¿Pa que raios quere él un airbag?.Eso é como si che incineran e despois che dan unha capiña de After Sun.
Outro dos inventos cojonudos que fixemos,foron os CONDÓNS.Pero viñeron a jodelo os optimistas,que sacaron a caixa de doce unidades.I eu creo que,francamente,non hay que ser moi pesimista para saber que,once po lo menos vanche caducar.

(continuará)

PESIMISTA dijo...

Volvendo ó tema.¿Qué carallo inventaron os optimistas?.Pos vamos a enumerar algunhas:
A Armada Invencible,O Atletico de Madrid,o TITANIC,ahí cajarona ben os optimistas.Hay varias anécdotas bastantes graciosas,como por exemplo,aquel que lle decía ó capitán:
-¿Pero vostede non vé que nos vamos a afundir?,¡vamos a sacar mais botes!.
-Bueno,pois...si nos afundimos,mellor.¡Vaia cacho película que facerán despois!.
O que foi un gran alarde de optimismo,foi o dos músicos;o barco practicamente en posición vertical e eles seguian tocando;seguian tocando e ainda lle decían a xente:
-Non se vaian,que aceptamos peticións.Non hay ningún problema.
Eu non sei,pero xa me estou a imaxinar ó capitán pensando soio en cuberta,decindo:
-Bueno,o barco afúndese;pero jodemos o iceberg ben jodido.
Un mundo donde soio houbera optimistas sería horroroso,por exemplo:
Os semáforos.
-¡Vamos home,tira,joder!
-Oes,¿Pero como imos a pasar neste cruce?
-Elojo,¿quen,carallo vai a vir po la carretera xeral as 10 da mañán?.
Ou,tes un accidente,e estás desfeitiño no chán,e chégache o médico e diche:
-Bueno,reláxate que non pasou nada.En canto atopemos a perna,dámoche a alta.

SEGUIREMOS OUTRO DÍA.

PESIMISTA dijo...

Perdoade que non acabara coa miña exposición sobre os pesimistas,pero e que uns asuntos personales recabaron a miña total dedicación o longo destes días.Seguimos.
Ademais si non fora po los pesimistas,teríamos que prescindir de moitos traballos,por exemplo:"Os mecánicos";por que non hay ningún mecánico que sea optimista.Claro que os pesimistas están todos millonarios.
Tí chegas ó taller e dís:
-Mira,creo que teño mal a diresión,que a noto moi dura,ademais faime un ruido raro.
-Mira..a diresión non é.Bueno foi.. o que pasa e que logo pasouche ó palier,e jodioche o cambio,esto po lo menos...hay que pedir as pezas a Alemania e po lo menos son dous meses.O problema é que eu...TRABALLO POR HORAS.
Ademais non habería mosas,por que as mosas son pesimistas por naturaleza.Por exemplo,primeiro en cousas pequenas:

-Mira,trousen unha maionesa que fixo miña nai.
-A ver si vai a estar mala.
Ou éste:
-Veña cariño,vamos ó cine.
-¡O cine!.Jo,¿como vai a haber entradas a estas horas?.
Ou éste:
-Marta,cariño,¿jústache ésta camisa que merquei hoxe?
-É preciosa,jo,pera xa verás o traballo que dá planchala.
Lojo,en problemas mais graves:
-Oes,Miguel,eu creo que estou embarazada.
-¡Non me jodas!,pero si ainda non fixemos guarreridas.
-Non,por eso che digo que "creo",si nón diríache que estóu.
En fin,vamos a deixalo que xa me estou metendo en temas moi chungos
FIN.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE