Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

miércoles, 28 de octubre de 2009

Os relatos de Guany


Hai de todo...


Dalgún xeito, é unha prolongación do relato anterior porque a miña curiosidade sobre esa lenda que veño oindo desde pequena (a picaresca da xente para provocar naufraxios) foi satisfeita polo amigo Karavich -graciñas-. Omitín, entón, as últimas accións piratas destes anos, feitas sobre pequenas naves que tamén naufragaron na nosa costa aínda que tiveron unha resonancia proporcional á dimensión dos accidentes, que, por sorte, foi menor.


Cando vin nos informativos nacionais que, literalmente, se invadía un iate embarrancado, arrancando de raiz todo aquilo que poidera ser útil, sentín vergoña allea. Para máis "inri", os autores parecián carecer dunha necesidade aparente a xulgar por algúns signos externos que indicaban, o que se di, un bo estatus. Feitos deste tipo fan pensar que seguimos tendo reminiscencias primates a pesar de vestirnos con roupas de Adolfo Domínguez.


Á xente parecen gustarnos os tópicos : o catalán, individualista e tacaño; o andaluz : dicharacheiro, superficial, sociable..... e os galegos temos fama de traballadores, vergoñosos, introvertidos e desconfiados. Non me gustaría que se nos engadira o adxectivo de rateiros porque esas actuacións son casos illados. A idea que temos dos homes do mar é ben diferente da que deron estes personaxes.


Outra situación lamentable, ao meu parecer, foi aquela na que algúns desexaban a chegada doutro Prestige (momento televisado, tamén) porque unhas indemnizacións substanciosas compensaban todo o desastre. As explicacións que lle vexo é que , ás veces, non pensamos o que dicimos, somos imbéciles ou uns irresponsables totais. Coa mentalidade de pan para hoxe e fame para mañán producíuse, por exemplo, a sobreexplotación mariña, pensando que os recursos eran ilimitados.


Non hai que espremer moito o cerebro para decatarse de que o planeta non é infinito e, por agora, non temos outro no que vivir (tampouco más adiante porque aínda que a ciencia dea pasos de xigante, non parece viable que, no suposto de atopar unha segunda terra, haxa aeronaves para transportar á humanidade ata alí). Polo tanto, esta é a que temos e deberíamos ter máis respecto cara a ela.


Non vou repetir o que está dicindo habitualmente a xente experta no tema sobre o futuro que nos espera de continuarmos nesta liña de desprezo ao noso ecosistema. Algúns vaticinan unha subida do nivel do mar como consecuencia dos desxeos polares, que asusta a calquera. Prefiro pensar que esaxeran, pero deberíamos tomarnos máis en serio o asunto e tirar ao contedor do lixo ideas tan insensatas como aquela de que volva outro Prestige, por exemplo, e que a palabra "sostible" non sexa só parte dun discurso.
 

2 comentarios:

eu dijo...

Eso de que vamos a acabar co planeta é un conto, en todo caso acabaremos con nós mesmos. O planeta sobrevivirá, como o fixo cos dinosaurios e con outras especies que xa dominaron a terra antes ca nós. Outras especies adaptaranse as condicións que teñan nese momento e a vida seguirá sen a especie humana (que, probablemente, sexa o mellor que lle poida pasar ó planeta)

karavich dijo...

Estou dacordo có que dís,querida Guany,é mais,por culpa desta xente que saío nos medios de comunicación dando o seu terrible parecer sobre o caso "prestige",os que estamos traballando po-lo largo e ancho do noso pais,somos motivo de sorna e burla por parte das persoas que queren dar a súa opinión cada vez que se saca o tema,sin contar tamén coas accións de raquerismo que anteriormente nomeei.Por outro lado,penso,que no que podamos,temos a obriga de,xa que non podemos rexenerar o Medio Ambiente,po-lo menos non dañalo mais.
Por certo,¿POR QUÉ LLE CHAMAN MEDIO AMBIENTE?.¿SERÁ POR QUE XA JODEMOS A OUTRA MITADE?.


ABUR.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE