Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 29 de mayo de 2009

Vídeo musical

MATT AND KIM - DAYLIGHT

jueves, 28 de mayo de 2009

Novas camelláns



1. Mañán venres tomarán posesión os novos directivos da Agrupación de Percebeiros de Camelle.
O novo presidente é Leopoldo Castro Pardiñas, que está disposto a asumir o posto se «a xente apoia».
Castro Pardiñas, que é de Santa Mariña e reside en Camariñas, obtivo 17 votos.
Os demais son Hermindo Mouzo Tajes, Digna Romar Mouzo, Manuel Vázquez Pardiñas e José Pérez, que era o anterior responsable e que volveu á xunta por mor da dimisión de Jaime Vázquez Pardiñas.
Máis info : La Voz de Galicia



2. Como todos xá saberedes, onte o F.C. Barcelona proclamouse en Roma, campión da Champions League e ademáis conseguiu por primeira vez en España o " Triplete " ( Liga, Copa e Champions ).
Aínda que neste blog a maioría de usuarios son do R.C.Deportivo, ( según unha enquisa feita fai uns meses ) dende aquí dámoslle a noraboa a tódolos aficionados culés que hai en Camelle, que son bastantes, e confirmamos o evidente," O Barça é agora mesmo ó mellor equipo do mundo".

Máis info : Marca, Sport, As

miércoles, 27 de mayo de 2009

Fotos antigas






Nesta ocasión, déixovos unhas fotos camellanas antigas referentes aos pescadores e barcos de pesca da época.
- Foto 1 : collendo centolas ( persoas e data descoñecida ).
- Foto 2 : O Petrallo buceando ( data descoñecida ).
- Foto 3 : Motor de Chuco ( data descoñecida ).
- Foto 4 : Canducho ( ano 1959 )

martes, 26 de mayo de 2009

Vídeo da semana

Este vídeo que me mandou unha usuaria a verdade é que é moi impactante.
Trátase dun fragmento de 6 minutos dunha película ( Chicken a la Carte, é unha historia real ) que conta a fame e a pobreza que hai no mundo provocada pola globalización.
Hai 10.000 persoas que morren no mundo cada día pola fame e a mal nutrición.
Este breve fragmento móstranos unha parte esquecida da sociedade e tennos que facer reflexionar moito a todos sobre esta realidade actual.
O vídeo está narrado en inglés, pero si o ves ata o final, comprenderalo todo.

Novas camelláns

1. O alcalde de Camariñas, Pichurri, reuníose onte na Coruña co Delegado do Goberno de Galicia, Antón Louro, para tratar varios temas.
Un dos temas a tratar foi o Museo de Man.
O rexidor solicitoulle axuda para conservar o legado do Alemán de Camelle e trasladoulle a petición da Fundación Man ao Ministerio de Cultura para pedirlle colaboración económica na redacción do plan director de desenvolvemento do seu legado.
O Delegado do Goberno comprometeuse a mediar neste asunto co Executivo central.
Máis info : La opinión, La Voz de Galicia

2. A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, estivo onte en Corme e comprometeuse diante dos Patróns Maiores de Corme, Laxe, Coruña e Camelle, a loitar na Costa da Morte contra o furtivismo con un plan piloto que se poñerá en marcha nos próximos días.
Máis info : quepasanacosta e La Voz de Galicia

viernes, 22 de mayo de 2009

Vídeo da semana

Este vídeo gatuno está sendo un furor en internet e xa fixeron moitísimos "remakes" con este vídeo xá famoso chamado keyboard cat ( o gato pianista ).
A ver si teño tempo e o edito coa actuación de Paco de Bajeras, a verdade é que quedaría moi chulo.
O vídeo é un pouco cutre, pero avísovos que como o vexades unhas cantas veces, non sacaredes a cancionziña da cabeza, xa que é moi pegadiza.

Descanse en paz


María Amelia López, máis coñecida pola " abuela blogueira " faleceu este mércores na súa casa de Muxía aos 97 anos de idade e as súas cinzas serán esparcidos na Punta da Barca, " o lugar máis fermosa do mundo " como ela dicía.

María Amelia era coñecida en todo o mundo por ser a internauta máis vella xa que empezou fai dous anos neste mundo cibernético.

O seu blog fíxose moi coñecido cando comezou ( regalo do seu neto ) , incluso chegou a ter millón e medio de visitas e recibir numerosos premios de prestixio ( http://amis95.blogspot.com/ ).

Dende este humilde blog camellán quero expresar o meu pésame a súa familia e decir o mesmo que dixen de Man " o teu corpo está no ceo, pero o teu espíritu e a túa obra estará aquí sempre con nós ".

- Último post no blog de María Amelia :

" Non quero bágoas nin frores, só quero a pedra de abalar dos meus amores. "

María Amelia descansa desde hoy donde siempre quiso, na Pedra de Abalar de Muxía, donde nació y donde pasó los mejores momentos de su juventud.

Su familia, nuestra familia, os queremos agradecer a todos vosotros estos 880 días de blog que la hicieron muy feliz, estas muestras de cariño y este apoyo fundamental para que disfrutase como nunca de sus últimos años.

Las verdad es que es el post más difícil de mi vida, el que sabía que algún día me tocaría escribirlo y aquí estoy.
No estoy triste, para nada. No sé porque, pero no lo estoy.

La vida no dura 150 años y la abuela ya nos había pegado muchos sustos.
Pero la vida es para vivirla y ella la vivió con intensidad siempre.
Y cuando una persona fallece a los 97 años habiendo vivido con intensidad desde el principio hasta el final su vida, no se puede estar triste.

Podría empezar y no parar porque la ocasión lo merece, pero se me pasan miles de cosas por la cabeza... y no soy capaz de ordenarlas.
Así que prefiero que le habléis vosotros, sus "blogueriños".
Donde la abuela esté, ella leerá todos los comentarios, no dejará ni uno sin leer, eso seguro.

Y se reirá con algunos, aprenderá cosas nuevas con otros, se cabreará con los "malas lenguas"... será feliz leyéndolos todos.
Este blog se acaba aquí pero continuará en otro formato allá donde ella esté.
Será un formato diferente, que aún no podemos leer.

Pero tened claro que todos, tarde o temprano, lo acabaremos leyendo.
Disfrutad de la vida y de los abuelos.
Un beso y un abrazo muy grande.
María Amelia y Familia.

Frases da semana

1. Manuel Borobio Sanchiz ( Director Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia ) :

-" ... Unha planta acuícola pode facer moito dano. Estudarémolo como calquera outra proposta, conscientes de que ten un valor engadido. Depende de cal e de que dimensións. Unha planta acuícola tamén se pode facer sostible. ¿Como se poden implantar polígonos industriais onde non hai sequera cobertura de móbil?... ".

2. Marisol Soneira Tajes ( Deputada camariñana do PSOE, responsable de Emigración e Portavoz socialista na Costa da Morte. Declarada " Persoa non grata en Camelle " pola Asociación de Veciños " A Pergoliña " ) :

-" ... non se pode defender unha cousa nun sitio e o contrario en Touriñán. Perdeuse unha oportunidade de crear emprego, por exemplo nos últimos anos a localidade de Camelle perderá un tercio da súa población. Metéronse nunha guerra absurda e chea de contradiccións para que non se creara emprego ... ".

- " ... lamento que desde o novo goberno galego non se me aclarara se había previsións de liberalización da peaxe Coruña-Carballo ... ".

- " ... o Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela, falou conmigo e comprometeuse a estudar as propostas que xurdan dende a Fundación Man e das xuntanzas de expertos para a recuperación do seu museo e ademáis o Conselleiro expresoume o seu interese en coñecer - in situ- a obra do anacoreta alemán de Camelle e solicitei que o Museo sexa declarado " Ben de Interese Cultural" pola Xunta de Galicia. Cabe destacar o traballo sen cobrar un peso dunha serie de artistas e dunha Fundación que traballa cunha subvención do Concello de Camariñas e coa xenerosidade destas persoas ... ".

3. Daniel Rego ( Portavoz do Partido Popular no Concello de Camariñas ) :

- " ... a Fundación non recibio ningunha subvención do Concello de Camariñas por canto a aportación que realiza é por pertenecer o Padroado co 51%, e os cartos a maioría deles proviñan xa de donacións recibidas para Man e o Museo", mesmo faltan por aportar as cantidades correspondentes a Diputación, Xunta de Galicia e Goberno Central que tamén están enumerados no propio padroado... ".

Máis info : diariocamariñan, anosacosta, La Voz de Galicia
.

jueves, 21 de mayo de 2009

Novas camelláns


1. A Asociación de Veciños de Camelle solicita voluntarios para a limpeza da nosa praia para dar unha boa imaxe do noso pobo.

A limpeza será este sábado día 23 a partir das 17:00h.
O que teña rastrillos e palas pode levalos.

Persoalmente paréceme unha moi boa iniciativa e espero verbos a todos pola praia para botar unha man, o noso pobo agradeceracho.



2. Este domingo, os alumnos da escola municipal de teatro de Camelle representarán as obras Carapuchiño vermello, O flautista de Hamelín e O velorio de Pepe Fungallas.

Isto acontecerá as 18:00h. na Casa de Cultura de Camelle no festival de final de curso no que os alumnos demostrarán as súas dotes interpretativas.

Non podedes faltar a este acto no que ao mellor sae unha Penélope Cruz ou un Javier Bardén en Camelle e nós sen sabelo.



3. A web líder na Costa da Morte, quepasanacosta e corcubión.com decidiron co beneplácito do colaborador do Concello de Camariñas, Rafael Lema, incorporar as votacións da Elección Histórica da Costa da Morte no noso concello ao ilustre Alemán de Camelle.

Dende este blog, quero agradecer a estas webs e a Rafael Lema, a inclusión de Man nestas votacións xa que me parecería un pouco inxusto que non figurase nelas e máis ainda vendo a enquisa da semana pasada feita neste blog e na que Man arrosou por maioría.
Tamén quero alabar esta iniciativa que me parece moi interesante e satisfactoria.
.
Agora tócabos a vos votar por quen consideredes oportuno no seguinte enlace:
.

Día das Letras Galegas - Camelle 2009




Lamento moito non haber podido actualizar o blog estos días por mor dun problema persoal.
Pero xa estou aquí coas pilas cargadas e con moitísimas cousas que poñer ( non sei si darei feito todo antes de mañá ).

En primeiro lugar, vou falar un pouco do Día das Letras Galegas do domingo en Camelle ( xa tendes as fotos na parte de abaixo do blog ).
Eu non puiden estar, pero polo que me contou moita xente foi apoteósico, impresionante e un verdadeiro éxito.
Arredor de 400 persoas chegadas de tódala Costa da Morte asistiron na Casa de Cultura camellana ( estaba abarrotado ) aos actos que alí se fixeron.

Comezaron os xogos para os nenos coa labor inconmensurable de Karina, Paula e Marcos.
Despois empezou o desfile de modelos que non tiñan nada que envidiar aos famosos modelos da Pasarela Cibeles.
Alí desfilaron con moita maestría xente de tódalas idades coa elegante e glamurosa roupa de Modas Guillermina.

Logo seguíolle o polifacético " Paco de Bajeras e o seu bastón " co que deleitou ao público asistente con unha actuación memorable dunha canción popular do Santo coa axuda do coro de cantareiras( Paco adicou o día das letras galegas en Camelle a Pepe de Herminia, máis coñecido por nós polo Santo, por ser toda unha institución na nosa parroquia polas súas cancións, regueifas e rimas ).

Tamén actuaron as Cantereiras e Pandereteiras de Camelle, que para levar poucos meses de ensaio, a verdade é que o fixeron maravillosamente ben.
As cantareiras son Gelines , María Esther , Florita , Pastora , Mariceli , Dolores (tres en total), Carmen , Esclava , Rosario ,Perla e os homes Paco e Méndez .

Finalmente, os asistentes degustaron o delicioso manxar da caramuxa camellana e debeulles de gustar porque case agotan as existencias( primeira festa gastronómica que se fai deste molusco na Costa da Morte ).

Cabe destacar a gran labor e traballo que fixeron os compoñentes da Comisión de Festas de Camelle presidida por Perla neste acto para recadar cartos para as nosas festas e a labor desinteresada de moitos veciños camelláns.
Dende aquí, moitas gracias a todos.
Máis info e fotos : diariocamariñán e La Voz de Galicia

Vídeo da actuación de " Paco e o seu bastón " e as " Cantareiras e Pandereteiras de Camelle ".

viernes, 15 de mayo de 2009

Fotos antigas



Déixovos unhas fotos bastante vellas e relacionadas con algo típico de Camelle, os barcos.
Neste ocasión as fotos tratan sobre barcos embarrancados en Camelle ou para chatarra.
- 1ª foto : Nil ( ano 1927 )
- 2ª foto : barco para chatarra ( ano 1963 )
- 3ª foto : Boris Scheboldaef ( ano 1934 )
- 4ª foto : barco varado ( data descoñecida )
.

jueves, 14 de mayo de 2009

Novas camelláns


1. Mañá venres e organizado pola Comisión de Festas de Camelle, haberá outra cea espectacular que axudará a recadar fondos para as nosas festas.
Mañá tocaralle o turno o Bar Miramar para deleitar os nosos exquisitos paladares e de paso axudar económicamente a comisión de festas.
O menú da cea e o seguinte:
- ( Primeiro prato ) : revolto de gambas, polbo e champiñóns.
- ( Segundo prato ) : paella.
- ( Postre ) : flan caseiro ou tarta xeada.
Ademáis vai incluido o viño branco ( Albariño ), o viño tinto ( Rioja ou Mencía ), os refrescos, o pan e o café.
A cea será as 22:30h. e o prezo é de 20 euros.
Non podedes faltar xa que é por unha boa causa.

Podedes confirmar a reserva para esta magnífica cea na Panadería Perla ou ben chamando ao teléfono 981-710063.
As fotos de arriba corresponden a anterior cea no Restaurante Chalana na que asistiron case 30 persoas.

2. Por fin comezan os ensaios do mellor kilombo da Costa da Morte " O mellor de cada kasa ".
Moitísima xente xa tiña o mono de tocar, pois ben, se o tempo acompaña o primeiro ensaio desta tempada será este sábado as 18:00h. no palco da música.

Non faltedes, xa que haberá novidades.

lunes, 11 de mayo de 2009

" Baby boom" in Camelle


Ao parecer, en Camelle a crise non afecta á tasa de natalidade.
Dende que comezou o ano xa naceron varios " churumbeles ", e quedan moitos máis por vir.

En total haberá 20 camellanciños/as máis ( entre os que naceron este ano e os que nacerán en breve ).

Os máis vellos do lugar dín que hai que remontarse aos anos 60 para lembrar tantos embarazos e nacementos en tan pouco tempo.

A verdade é que é unha moi boa nova para que o noso pobo siga crecendo e non haxa que pechar a escola.
Noraboa aos recién e próximos papás e mamás.


Isto é o que lle espera aos papás camelláns ( que a forza vos acompañe ).

Clausura das Xornadas de Restauración do Museo de Man


Onte, domingo, clausaráronse as Xornadas sobre criterios de restauración e conservación da obra de Man.

Asistíu bastante xente a estas xornadas e polo que alí dixeron, quedaron bastante contentos, esperemos que empecen a traballar xá na recuperación da caseta e entorno de Man o antes posible.

Moitos medios de comunicación na Casa de Cultura fixéronse eco deste congreso.
Ademáis dos ponentes, por alí deixáronse ver persoas do mundo da cultura e moitos políticos.

viernes, 8 de mayo de 2009

17 de Maio. Día das Letras Galegas




O día 17 de Maio, Día das Letras Galegas, a Asociación Cultural Festas de Camelle, presidida por Perla, traenos unhas actividades moi interesantes para esta data, aquí vos deixo o programa.

A partir das 16:00h. na Casa de Cultura e por este orde:
.
- Globofexia e xogos infantís para tódolos nenos e nenas camelláns.

- FASHION DAY IN CAMELLE. Desfile de moda coa colaboración de Modas Guillermina e Complementos Jazmín.

- Actuación estelar de Paco de Bajeras e o seu bastón.

- 1ª actuación das cantareiras e pandereteiras de Camelle.

- 1ª festa gastronómica da caramuxa.
.
O prezo da entrada con dereito a degustación de caramuxas será de 2 euros
A entrada aos menores de 14 anos será de balde.
Como sempre digo, non pode faltar ninguén, paso lista.

Novas varias

1. A piscifactoría de Merexo obtén 348.250 euros da Xunta de Galicia.
A maior axuda concedida por Pesca a unha piscifactoría da zona é para as instalacións que Stolt Sea Farm ten en Merexo e que a empresa norueguesa pretende ampliar polo que protestaron os veciños.
Para realizar melloras na planta de Vilán, a consellería concedeu 87.200 euros.
A Administración xa gastou 8,4 millóns de euros na construción das instalacións e despois concedeu outras axudas.
Ademais, Stolt Sea Farm accedeu gratuitamente aos terreos, que se atopan nun espazo da Rede Natura, cun alto valor ecolóxico e paisaxístico.
Tres Mares, que ten as súas instalacións en Lires, no municipio de Cee, tamén é unha habitual receptora das axudas da Xunta de Galicia.
Nesta ocasión foi beneficiada cun total 136.769,85 euros para un proxecto de mellora da calidade de cría de troita.
Os fondos europeos tamén serviron para a modernización de buques da Costa da Morte.
As subvencións van dos 11.390 euros que se destinan ao Irmáns Sar Romeu ata os 800 que leva unha pequena embarcación de Camelle.
Para determinadas melloras e instalacións danse axudas que van dos pouco máis de 4.000 euros a 555.
Tamén hai axudas para manter a competitividade na pesca.
Máis info: La Voz de Galicia

2. O Partido Popular de Camariñas ( en contra do Plan Xeral ) asesorará e informará aos veciños do concello sobre como deben de presentar as alegacións dunha maneira axeitada, co asesoramento de dous avogados.
Esto será hoxe venres e mañá sábado ( pola mañá e pola tarde ) na sede do PP de Camariñas.
Lembrade que a exposición remata o vindeiro 14 de Maio.
Máis info : quepasanacosta e diariocamariñan

3. Na nosa web amiga quepasanacosta e corcubión.com están a facer unha enquisa sen precedentes para elexir ao Primeiro Persoaxe Histórico da Costa da Morte.
Primeiro votarase por concellos e despois en xeral, cos máis votados de cada concello.
Os elexidos polo concello de Camariñas e seleccionados polo escritor da Ponte do Porto, Rafael Lema, son Ambrosio Feijoo y Pardiñas, Miguel Feijoo y Pardiñas e Antonio Rodriguez Canosa.
Eu non digo que estos persoeiros non sexan importantes, pero sinceramente penso que se olvidou dun personaxe tamén moi importante como Manfred Gnadinger ( Man ), que aínda que evidentemente non naceu en Camelle, pasou máis da metade da súa vida no noso pobo e estaba considerado como un camellán máis.
Para axudar a votar ó personaxe máis importante da Costa da Morte, podedes facelo na enquisa de este blog ( xa vexo que Man está arrasando ) ou ben deixar a túa opinión neste enlace, para que Man entre tamén na lista.
- Enlace Elección Histórica
Tamén destacaría ao escritor e profesor camellán José Baña Heim pola súa labor nesta lista, pero bueno, cada un é libre de pensar e votar o que queira, por iso anímovos a que deades a vosa opinión no enlace anterior.

4. Lembrade que mañá sábado e o domingo ( polas mañás ) celebrarase na Casa de Cultura e organizado pola Fundación Man as Xornadas sobre criterios de conservación e recuperación da obra de Man.

miércoles, 6 de mayo de 2009

Historias curiosas


Estas historias ou relatos aconteceron en Camelle e son historias verídicas.

A primeira historia ( corresponde a primeira foto ) aconteceu esta semana pasada nun " secret spot" ( na xerga surfeira, lugar secreto e raramente frecuentado por surfers e riders ) entre Camelle e Arou.

Pois ben, ahí estaba o bodyboard camellán e usuario do noso blog, Rubén da Cantora, dándoo todo coa súa táboa e loitando como podía coas ondas embravecidas, ata que de súpeto, ao meter a súa táboa ó fondo da onda, decatouse que batera con algo.
O subir á superficie, non daba crédito o que vía, xa que acababa de pescar un sargo de algo máis de kilo e medio coa súa táboa de body.

Eu non creía esta historia, pero confirmeina con dous testigos presenciais e ao parecer é todo certo e o sargo estaba vivo, igual pode ser tamén que estivera cego.
A ver si a revista El Jueves se fai eco desta nova e a publica con este titular :
" Pesca un sargo de más de kilo y medio con su tabla de bodyboard", estaría ben.

A segunda historia ( segunda foto ) con ver a foto xa o di todo.

Esta foto saqueina o venres pasado e o coche é o de Angel (Pelocho), pero si vos fixades ben, do seu maletero sae un mechón de pelo loiro moi sospechoso.

¿ Qué esconderá Angel no maleteiro do seu coche ?

¿ Unha fermosa rapaza de pelo loiro ?

¿ Unha boneca ?

¿ Ou quizás sexa Carmen de Mairena que foi secuestrada na Soco ?...

Frase da semana

Estos días estiven coa gripe e menos mal que non foi a porcina, pero xa estou aquí o pé do cañón e cargado de novas.

Segundo un estudo da Fundación FAES, presidida por Jose MaríaAznar, a ditadura franquista non foi unha época fascista porque, segundo argumenta, o réxime caracterizouse pola ausencia dunha ideoloxía que non fose a de perpetuarse no poder, o que facilitou a súa caída unha vez desapareceu o seu creador.

O informe conclúe que os 40 anos de franquismo deixaron como legado unha "mentalidade" que estivo vixente ata os 80 e que foi a "materia pendente" da democracia.

Máis info : La Opinión e FAES

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE