Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

lunes, 27 de octubre de 2008

Asamblea Xeral

Este sábado pola tarde, tivo lugar na casa da cultura, unha asamblea xeral de caracter informativo da AA VV co pobo de Camelle.
Alí, durante case tres horas, tratáronse varios temas e as últimas xestións, como a limpeza do pobo, a estrada que se vai facer cara Arou, as beirarúas de Camelle de arriba, a reunión con Bieito Lobeira, co PP de Camariñas, co alcalde de Laxe, cos distintos partidos de Vimianzo, a reunión en Arzúa, a visita ó Parlamento, a carta de Mercedes Martín sobre a Fundación Man, etc...

A directiva expuso claramente os pasos e actuacións que están levando a cabo e os asistentes mostraron o seu apoio absoluto. Así e todo tamén se aceptaron comentarios e opinións dos presentes.

Tras as últimas críticas á directiva por parte dalgunha xente do pobo, os asistentes deixaron claro que en todo isto sempre hai quen ten outra opinión pero para iso están as reunións, para expoñer e falar do que quere o pobo de Camelle.

Contestando á carta de Mercedes Martín, (que fai referencia a Fundación Man e abandono do museo), ensinaron a acta do día da reunión con Pichurri e deixaron claro que ese tema foi tratado fóra dos puntos da orde do día e que o alcalde tiña un enterro e que quedaron como estaban, sen saber nada.

Nesta xunta aprobouse tamén por maioría a contratación dun avogado para levar o tema da piscifactoría, e tras moitas cábalas decidíose recaudar 100€ de cota mínima por casa para pagarlle o avogado. Éste cobrará 15000€ o inicio e outros 15000€ si se gaña o contencioso.
A recaudación farase esta semana e a que ven, martes e mércores de 5 a 6 na casa do mar. Publicarase unha lista e darase un recibo da xente que pague. Rogaron que a xente fóra o máis pronto posible xa que se acaba o prazo (2 meses dende a aprobación do plan).

Tamén fixeron reconto dos documentos asinados pola xente do pobo que ten leiras e se comprometen a non vender, pois ben, de momento xa hai un 50% de leiras que non se venden.

Se tendes algunha dúbida sobre o tema non tendes máis que comentarmo ou falar con algún membro da directiva da asociación.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Así me gusta, que se poñan as cousas claras, pa que logo fale a xente deles.
Eu non puden asistir a reunión por causas de forsa maior pero ven sabedes que eu apoio o que desida o pueblo

Anónimo dijo...

Eu tuven alí e apoiaron a AAVV en todo, pero cando falaron de cartos para pajar o avogado,aljún marchou pola porta escopetado.Eu teño claro que os cartos é o de menos, o importante é o ben do pueblo.

Anónimo dijo...

Eu oin a xente falar x ai dixindo q eles non poñian un peso, porque non tiñan leiras na jandra.
Eu creo q todo o pueblo deberia de cooperar e dar cartos, xa que esto e algo que nos perxudica a todos.
Pero dende outro punto de vista tamen creo q unha persoa q non ten ningunha leira non deveria dar tantos cartos coma unha q teña 4 ou 5 forrados, xa q esta ultima verase realmente perxudicado se fan a piscifatoria, e por tanto eu creo q deverian de poñerse os cartos de forma proporcional a superficie de terreo q teña cada un. Pero iso si q todos os veciños poñan un minimo.

Anónimo dijo...

Esta é das poucas veces nas que me alegra soltar os cartiños. Creo que nunca os empreguei tan a gusto. En canto a que haxa xente reaccia a colaborar, eu invitaríaos a pensar canto gastamos en cousas sen importancia e noutras que consideramos importantes porque non queremos ser menos cá o veciño. Gastamos moitísimo nas aparencias e en cousas absurdas, se as vemos con obxectividade. E cada un é dono de facer o que desexe cos seu diñeiro; faltaría máis, pero esta é unha situación especialmente importante para o noso pobo e, se ben é certo que isto ocorre por estar gobernados por incompetentes e que, en moitos casos, suporá un sacrificio, penso que nesta ocasión, temos que privarnos dalgunha cousa para tentar evitar o que pretenden facer en Camelle.
Loitaremos por todos os medios legais posibles. Non nos asusta Goliat. Hai unha morea de exemplos de como o "débil" sae coa súa cando o que tenta facer o "forte" é un despropósito. Hai que "joroderse" co Goliat este que nos tocou en desgraza: facerse donos da costa para forrarse, pero ¿que se cren?. Dedúcese que lles encanta o luxo e quéreno de xeito rápido. Para conseguilo, impórtalles un pemento cómo facelo. Parece que non logran chegar coa censura a todos os sitios porque oín en Tele 5 hoxe pola mañá e lin na prensa os excesos do presidente da Xunta co seu parque automobilístico a costa do diñeiro dos contribuintes. Se isto é socialismo, eu son María Antonieta.

Anónimo dijo...

Querida guany, as túas palabras son poesía e cada vez que tí escribes algo, deixanos os demáis,polo menos a mín, abraiado.Segue así escribindo neste blog e donde queiras,xa que coñezo poucos que escriban coma tí, con esa claridad e fermosura.Saludos.

Anónimo dijo...

En canto ao comentario dos que din que a xente que ten máis leiras tería que pagar moito máis, teño que decirlle que eu non teño terras na "Jandriña" pero vou a dar eses 100 euros con moita satisfacción e porque me sinto moi camellana. Creo que poucas veces gastei algo con tantas gañas, xa que eses cartos van destinados a loitar e a defendernos dunhas aves de rapiña, de xente sin escrúpulos.
Por outra parte, gustaríame que fixérades unha reflexión, os nosos veciños que teñan moitas terras, si eles quixeran vender, deixaríannos aos demáis indefensos, xa que se poñerían de parte do poder e así estes terían a maior porcentaxe dos terreos.Casi todos que teñen moito terreo están adquirindo o compromiso de non vender, e polo tanto son os que máis teñen que perder. Nós só perderíamos a paisaxe do noso pobo (que é algo moi grande), pero eles tamén perderían iso e moito máis, o seu patrimonio que tantos esforzos lle costou acadar. Polo tanto, pídolle aos nosos veciños que, coma min, non teñan terras, que non anden con eses miramentos, xa que sinón sería darlle a razón aos que están de parte do Goberno cando din:"si,si, moita unión, pero cando se fale de cartos, xa se verá si sigue a unión". Démoslle unha lección de dignidade. Hoxe por uns e mañán por outros.

Anónimo dijo...

A XENTE DE CAMELLE RECUA CANDO SE LLE FALA DE CARTOS.
Este é uns dos comentarios que estón farta de oir estes días.
Meu pai,xa dou os cen euros,eu non podo porque non teño traballo,pero si que terein vinte ou dez euriños para aportar,e si a maioria da xente nova fixera coma min,niguén se reiría dos Camelláns que están a defender o seu pobo.
Loitemos pola nosa Jandra,e que non veña ningún xxxxxx reirse nos nosos fuciños.

Anónimo dijo...

ai xente q coa pension q teñen o final de mes non lle sobran para dar eses cen euriños pero todo q den e bo; todo sea para q eses corruptos non saquen un puto peso a conta dos de camelle( nin doutros, pero eso xa e mas dificil)
O malo e q tanto interes pola jandriña non sei si habera algo de urbanizar q por eso non se fixo a pista hasta traba q sinon os terrenos costarian un pouquiño mas

Anónimo dijo...

E dificil que a maior parte da xente de os 100 euros,uns porque non poden e outros porque non queren pero os que realmente nos apetece que a jandrina siga como esta ahora debemos de contribuir co-a AA.VV. que son os que estan loitando por nos e pa min que co traballo que tan facendo tan dandonos unha verdadeira leccion.
Os meus 100 euros contade con eles.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE