
Ó sábado pola tarde unhas nenas de Camelle atoparon un mascato ou albatros desorientado e tirado no paseo marítimo, detrás do Miramar. Estas nenas demostraron a súa solidariedade co animaliño, collérono e botárono nunha cesta e coidárono toda a tarde. Aparentemente non tiña feridas superficiais pero sabían que si o deixaban ía morrer xa que estaba moi frío. Elas chamaron a emerxencias pero non lle fixeron moito caso, entón chamaron a Protección Civil e pasado unha hora máis ou menos chegaron para levar o paxaro a súa base e esperar a chegada do CRFS de Oleiros para a súa recuperación. Noraboa a estas camellanas por estar tan concienciadas co respeto a natureza e a fauna.
Queremos saber como se chaman estas heroínas anónimas.
2 comentarios:
HoLa !!
Alegrome d k se curara o mascato camellán jaja.
Weno .. é precioso !! eu xa o tño d fnd d pantlla jaja
Sluds 100FUEJS !!
unha das rapasas é Alba a prima de Luis do pub
Publicar un comentario