
Este domingo, a AA VV "A Pergoliña" mantivo unha reunión cos concellais do Partido Popular de Camariñas comandados por Daniel Rego.
Na xuntanza, que durou tres horas e media, tratáronse diversos temas referentes o pobo de Camelle, entre eles o do abandono do legado de Man, a pesca, obras e infrastructuras,etc.
Pero o tema estrela era a opinión do PP referente a posible implantación da piscifactoría na Xandriña.
Daniel Rego deixou claro que tanto él como o séu partido non está dacordo coa situación da piscifactoría en Camelle e mostrou o séu apoio co pobo de Camelle en todo o que poida.
A nosa AA VV non para, nun mes xa tivo reunións co Psoe, co BNG e co PP, tamén a mesa redonda en Arzúa, reunión co alcalde de Laxe e cos tres grupos políticos de Vimianzo.
Esperemos que a súa entrega sexa para ben e dean os seus frutos, por reunións que non sexa.
7 comentarios:
E despois critican aljúns a AAVV porque son afíns a un partido ou a outro,deberíamos tar orjullosos polo que se moven para luchar polo noso e non criticalos.Ensima non cobran,como outros politicuchos que sí cobran e non fan nada de nada.
Por sierto os do PP ben, moi diplomáticos,pero lojo xa veremos.
sería o colmo tamen q cobraran,como se nota que non tubeches na reunion, bonitiño
pois nada de nada, asta que nos quiten as terras os listiños de siempre van cuntinuar dando a vara, se foran suas cambiaria o conto, a que siiiiiii.
que non vos queremos no pobo, ou non o notades, pois pa velo non fai falta habrir muito os ollos.
Pois tiñan que cobrar porque fan más por Camelle que todos que taban alí,incluido eu,bonitiña.
Esta asociación merece un sobresaínte e a gratitude de todos aqueles que vemos neles unha representación extraordinaria. A súa adicación e esforzos de todo tipo resúltame difícil de cualificar porque xente deste calibre, por auténtica, xenerosa, loitadora e sen complexos, hai moi pouquiña. Desde logo, conta con todos meus respectos. Son para quitarse o sombreiro. Para MAN: es todo un puntazo . Infórmasnos continuamente de todos os pasos que se dan, sempre defendendo a nosa terra. Es un verdadeiro solete, guapo.
DESDE LOGO NON HAY MOITA XENTE QUE SE DEDIQUE A TRABALLAR SIN CONSEGUIR NADA A CAMBIO E TENDO QUE ESCOITAR AS CRITICAS DOS QUE NADA LLE IMPORTA O SEU PUEBLO.
ENHORABOA A AA.VV. POL-O TRABALLO QUE ESTAN A FACER E IGUALMENTE A TODOS OS COLABORADORES ESPECIALMENTE A MAN QUE FAI QUE ESTAS COUSAS SE SEPAN MAIS ALA DE CAMELLE.
Hola camelláns, é a primeira ves que podo escribir no blog, a verdá que está de puta madre, o que mais me gusta é a parte das fotos antiguas, cando eu teña internet na casa xa mandarei unhas cantas que teño por ahí.
Bueno hai que disir que o que fai esta asociación ten muito mérito, merecen, non un 10 senón matricula de honor, porque faser o que fan e inda por riba levar que oir hay que valer, por que son eu e deixo todo, así que directiva da asociación seguide así, eu apoiobos no que sea.
Publicar un comentario