Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 21 de mayo de 2009

Día das Letras Galegas - Camelle 2009




Lamento moito non haber podido actualizar o blog estos días por mor dun problema persoal.
Pero xa estou aquí coas pilas cargadas e con moitísimas cousas que poñer ( non sei si darei feito todo antes de mañá ).

En primeiro lugar, vou falar un pouco do Día das Letras Galegas do domingo en Camelle ( xa tendes as fotos na parte de abaixo do blog ).
Eu non puiden estar, pero polo que me contou moita xente foi apoteósico, impresionante e un verdadeiro éxito.
Arredor de 400 persoas chegadas de tódala Costa da Morte asistiron na Casa de Cultura camellana ( estaba abarrotado ) aos actos que alí se fixeron.

Comezaron os xogos para os nenos coa labor inconmensurable de Karina, Paula e Marcos.
Despois empezou o desfile de modelos que non tiñan nada que envidiar aos famosos modelos da Pasarela Cibeles.
Alí desfilaron con moita maestría xente de tódalas idades coa elegante e glamurosa roupa de Modas Guillermina.

Logo seguíolle o polifacético " Paco de Bajeras e o seu bastón " co que deleitou ao público asistente con unha actuación memorable dunha canción popular do Santo coa axuda do coro de cantareiras( Paco adicou o día das letras galegas en Camelle a Pepe de Herminia, máis coñecido por nós polo Santo, por ser toda unha institución na nosa parroquia polas súas cancións, regueifas e rimas ).

Tamén actuaron as Cantereiras e Pandereteiras de Camelle, que para levar poucos meses de ensaio, a verdade é que o fixeron maravillosamente ben.
As cantareiras son Gelines , María Esther , Florita , Pastora , Mariceli , Dolores (tres en total), Carmen , Esclava , Rosario ,Perla e os homes Paco e Méndez .

Finalmente, os asistentes degustaron o delicioso manxar da caramuxa camellana e debeulles de gustar porque case agotan as existencias( primeira festa gastronómica que se fai deste molusco na Costa da Morte ).

Cabe destacar a gran labor e traballo que fixeron os compoñentes da Comisión de Festas de Camelle presidida por Perla neste acto para recadar cartos para as nosas festas e a labor desinteresada de moitos veciños camelláns.
Dende aquí, moitas gracias a todos.
Máis info e fotos : diariocamariñán e La Voz de Galicia

Vídeo da actuación de " Paco e o seu bastón " e as " Cantareiras e Pandereteiras de Camelle ".

9 comentarios:

CameLLana* dijo...

Estivo moi ben!!

Anónimo dijo...

PACO DE BAJERAS crakkkkkkkkkkkk

Anónimo dijo...

bueno todo estivo moi ben e polo que escuitei a xente da comisión que fora 1 exito total porque esperaban a metade da xente.
o desfile estivo moi ben e en especial IGNACIO que estabaaaaaaa!!
!!!!.............

camellansiña dijo...

Faltaba por desfilar o fillo de modas guillermina,Alberto!!!Cando pesque ei de decirllo oh jeje que tan wpiño eh.

Anónimo dijo...

Paco,eres o mellor !!!

Anónimo dijo...

que risas mima!! paseino criminal
po verano outro!!!

karavich dijo...

O éxito da festa que armaron non ten parangón,e o que eu dixen sempre.En Camelle hai unha gran cantidade de talentos que por unha cousa ou por outra téñeno gardado dentro e non sei por que non o sacan a relucir fora.Por eso pídolle a comisión que faga unha velada na que poidan demostrar sin recato todo o potencial que levan dentro,o estilo do programa "TI SI QUE VALES".Tamén podedes facer un concurso de MISS CAMELLE,ou REINA DAS FESTAS.
Tamén invito a SIENFUEJOS que se anime para facer unha votación entre as cibernautas mais guapas,claro está ,as que queiran participar.

E recordade o que dixo meu abó(barbeiro e pensador):TÓDALAS MULLERES TEÑEN ALGO FERMOSO ANQUE SEA UNHA PRIMA LEXANA.

MAN dijo...

Querido amigo Karavich, esa sección xa a fixen fai moito tempo ( podes velas en arhivo do blog ) titulada " O fervellón de Camelle " e na que participaron soamente David de Tito e Cantoná con pouco éxito.
As rapazas non están moito pola labor, según me comentaron algunhas, pero bueno, si algunha usuaria está interesada, soamente me tén que mandar unha foto e eu publicareina encantado.
Si me mandan máis de unha, xa me encargo eu de facer o concurso " Miss quepasaencamelle ".
Gracias polos vosos comentarios.
Unha aperta.

eu dijo...

Todo estivo moi ben, pero Paco de Bajeras foi o mellor.
Paco presentate a Operación triunfo

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE