1. Mañá venres e organizado pola Comisión de Festas de Camelle, haberá outra cea espectacular que axudará a recadar fondos para as nosas festas.
Mañá tocaralle o turno o Bar Miramar para deleitar os nosos exquisitos paladares e de paso axudar económicamente a comisión de festas.
O menú da cea e o seguinte:
- ( Primeiro prato ) : revolto de gambas, polbo e champiñóns.
- ( Segundo prato ) : paella.
- ( Postre ) : flan caseiro ou tarta xeada.
Ademáis vai incluido o viño branco ( Albariño ), o viño tinto ( Rioja ou Mencía ), os refrescos, o pan e o café.
A cea será as 22:30h. e o prezo é de 20 euros.
Non podedes faltar xa que é por unha boa causa.
Podedes confirmar a reserva para esta magnífica cea na Panadería Perla ou ben chamando ao teléfono 981-710063.
As fotos de arriba corresponden a anterior cea no Restaurante Chalana na que asistiron case 30 persoas.
2. Por fin comezan os ensaios do mellor kilombo da Costa da Morte " O mellor de cada kasa ".
Moitísima xente xa tiña o mono de tocar, pois ben, se o tempo acompaña o primeiro ensaio desta tempada será este sábado as 18:00h. no palco da música.
Non faltedes, xa que haberá novidades.
8 comentarios:
Coñ..... xa era hora:
a tocar e a dansar que os da siesta van despertar.
podían ir a ensallar o monte blanco
Menos mal... xa tiña o mono do kilombo.
jeje si o ano pasado fui un exicto polas festas este ano máis e mellor jeje
onde van os cartos de vimianso?!! non hai q ir tanto o super muito visiooo
a sacaaR esa camisSaa do maDriD !
BarÇaa campeón de liGaa !!
Este ano estará moito mellor o kilombo
pasaremolo genial , pero gustariame preguntar donde se puxeron os cartos de vimianzo
un saludo
Falei onte co director do Kilombo ( O Imben ) e díxome que os cartos de Vimianzo que os tiña él gardados para o que fixera falta.
Ou sexa,que penso que non deberíamos preocuparnos por iso e sí por ensaiar xa que o sábado pasado soamente acudiron catro persoas.
A ver si este sábado se anima máis xente.
Publicar un comentario