Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 21 de mayo de 2009

Novas camelláns


1. A Asociación de Veciños de Camelle solicita voluntarios para a limpeza da nosa praia para dar unha boa imaxe do noso pobo.

A limpeza será este sábado día 23 a partir das 17:00h.
O que teña rastrillos e palas pode levalos.

Persoalmente paréceme unha moi boa iniciativa e espero verbos a todos pola praia para botar unha man, o noso pobo agradeceracho.



2. Este domingo, os alumnos da escola municipal de teatro de Camelle representarán as obras Carapuchiño vermello, O flautista de Hamelín e O velorio de Pepe Fungallas.

Isto acontecerá as 18:00h. na Casa de Cultura de Camelle no festival de final de curso no que os alumnos demostrarán as súas dotes interpretativas.

Non podedes faltar a este acto no que ao mellor sae unha Penélope Cruz ou un Javier Bardén en Camelle e nós sen sabelo.



3. A web líder na Costa da Morte, quepasanacosta e corcubión.com decidiron co beneplácito do colaborador do Concello de Camariñas, Rafael Lema, incorporar as votacións da Elección Histórica da Costa da Morte no noso concello ao ilustre Alemán de Camelle.

Dende este blog, quero agradecer a estas webs e a Rafael Lema, a inclusión de Man nestas votacións xa que me parecería un pouco inxusto que non figurase nelas e máis ainda vendo a enquisa da semana pasada feita neste blog e na que Man arrosou por maioría.
Tamén quero alabar esta iniciativa que me parece moi interesante e satisfactoria.
.
Agora tócabos a vos votar por quen consideredes oportuno no seguinte enlace:
.

3 comentarios:

caMeLLana dijo...

xusto!
Una Pénelope e un Javier BardeM jajaja!
a veeR cOMo saLe tOdo...xa che mandearei unhas fotos da obra

Teresa dijo...

Non sei se somos uns sensibleiros, pero a min tamén se me encolleu o corazón co vídeo de Man, sobre todo, cando aparecen as imaxes do chapapote, que debeu producirlle un enorme sufrimento. Foi unha cousa que, eu persoalmente, nunca esquecerei. Ca pel coma as escarpias, sentín tanta desolación de ver aquilo, que me decatei do prezo tan desproporcionado diso que chaman "la era tecnológica". Sentin que somos bonecos nas mans duns cantos desaprensivos, que teñen a sarten polo mango e manexan os recursos ao seu antollo. Incapaces de controlar as consecuencias do que fan e, se como me temo, as controlan, o asunto é peor.
Xa me escapei polas pólas..... Ao que ía era o vídeo sobre Man. Lembro, perfectamente, cando chegou a Camelle. Falábase de que chegara un alemán (cando, esaxerando un pouco, o que había era a "luz de gas" e as informacións corrían de boca a boca). Debía ser polo mes de maio porque había festas en Camelle e non eran as de verán. Lembro, vagamente, o que se dicía. Viña "ben vestido"; tiña imaxe dun señorito naquela España negra, especialmente nos pobos mariñeiros e agrícolas, onde predominaba o analfabetismo e a precariedade en todos os ámbitos da vida (pola contra, había moitas cousas positivas nas actitudes da xente, pero non quero alargarme máis)
Neste contexto, apareceu Man e andaba, a miúdo, acompañado dunha dona, que era a miña profesora. Chamábase Maite e, creo recordar, que era de Pontedeume. Ben parecida, sen ser espectacular; tiña o pelo entre curto e media melena, de cor escuro. Non me deixou pegada (huella) como outras mestras que tiven. Nas miñas observacións de rapaza pequena, non me parecía que se integrase moito no pobo. Actuaba como si estivese "de paso". A xente maior dicía que eran noivos. Despois desa relación, Man evolucionou dun xeito case brutal ata o que todos coñecemos.
Non hai moitos anos, pregunteille: ¿eres feliz?. ¿No echas en falta la calidez de alguien a tu lado?. Díxome que si, que era feliz e que esa calidez tamén ten un prezo. As palabras literais foron: "la familia te da unas cosas y te quita otras". Estaba claro que esas non eran preguntas para alguén coma Man: el era diferente e vinme pequena diante dun ser grande.

xan dijo...

a ver si votades por man que xa vai sejundo...

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE