1. Xa rematou a votación da Elección Histórica da Costa da Morte argallada polos nosos compañeiros de quepasanacosta e corcubión.com.
O gañador da enquisa foi o ilustre pontecesán Eduardo Pondal.
Moi preto ( só 49 votos menos ) estivo o noso Man, que mantivo unha dura loita ata o final.
O de ponteceso obtivo 283 votos por 234 de Man, na derradeira enquisa cos catorce finalistas de tódolos concellos.
O terceiro clasificado con 59 votos foi Alejandro de Finisterre ( o inventor do futbolín ).
Os 283 votos de Man e ser o segundo persoaxe máis importante da Costa da Morte de tódolos tempos, detrás de Pondal, tén un mérito incrible ( iso que entrou tarde nas primeiras votacións, xa que non estaba incluído nelas ) e fainos ver, unha vez máis, a importancia que tivo Man e a súa obra en toda Galicia.
Noraboa, unha vez máis, a estas dúas páxinas, xa que con esta iniciativa, fíxonos entrar a todos no pasado e na historia da Costa da Morte a través dos persoaxes máis ilustres e así poder coñecelos mellor.
Máis info : quepasanacosta e corcubión.com
2. O edil do PP de Vimianzo, Juan Carlos Amado Sambade pretende solicitar ao concello de Vimianzo a roza de varios puntos e a promoción dunha ruta de sendeirismo en Sabadelle.
Dende a Asociación Veciñal San Martiño de Carantoña, o cal é o seu secretario, queren do mesmo xeito pedir a roza do camiño e os marcos delindes que une este anaco de mar con Braño, o estudo dos valores naturais e etnográficos do enclave e a habilitación dunha ruta de sendeirismo que promocione este entorno natural.
Máis info : anosacosta
3. Segue a polémica en torno a rexeneración da praia de Camelle.
O xefe da Demarcación de Costas, Rafael Eimil, explicou que dentro duns días comezarán as obras de rexeneración da praia de Camelle.
Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones López Cao, que tamén realizou a prolongación do dique de abrigo.
Rafael Eimil sinalou que a area de caolín ou de canteira lávase tres veces antes de poñela na praia e en Camelle colocarase no centro do areal, debaixo da que hai actualmente.
Precisamente por iso, o material utilizado é indiferente, posto que non terá contacto co mar nin cos bañistas e é imposible que chegue aos viveiros que se atopan cerca do porto.
Explicou tamén que non hai problema para engadir tamén a area dragada do porto, aínda que só se usará si se atopa en boas condicións, xa que debido ao lugar no que está sofre unha forte contaminación.
A rexeneración da praia realizarase cribando a area actual, para que tódolos grans teñan un tamaño regular.
Máis info : La Voz de Galicia
4. A Guardia Civil de Camariñas detivo a un veciño de Camelle por agresión.
Os feitos producíronse minutos antes das seis da mañá do luns, nunha rúa do centro urbano de Camariñas.
José Manuel Blanco Pena, de 30 anos de idade, presuntamente sacou unha navalla coa que atacou a un compañeiro seu.
A vítima recibiu varios cortes na cara, nun brazo e nun costado polo que tivo que ser trasladado de urxencia ao hospital Virxe dá Xunqueira de Cee, onde lle puxeron varios puntos de sutura para conter as hemorraxias.
Máis info : La Voz de Galicia
Benvidos camelláns
Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Buscar neste blog
¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?
miércoles, 1 de julio de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Últimos comentarios
chat camellán
Predición do tempo en Camelle
El Tiempo en Camelle
Predición do tempo e mareas
Prensa
as miñas páxinas
páxinas antirodaballo
XOGO ( Marble lines )
Seguidores
Archivo del blog
-
▼
2009
(259)
- ► septiembre (17)
-
▼
julio
(28)
- Os relatos de Guany
- ¡¡¡ HOXE, QUEPASAENCAMELLE CUMPRE UN ANO DE VIDA !!!
- Historia de Camelle ( II )
- Novas varias
- Fotos antigas
- Comezaron os traballos de rexeneración da praia
- Historia de Camelle ( I )
- Cartel das Festas do Carmen
- Os relatos de Guany
- Verán camellán
- Info acuicultura
- Fotos antigas
- Relato camellán
- Info piscifactorías
- Os relatos de Guany
- Novas varias
- Info Fundación Man
- Deportes de aventura en Camelle
- Fotos camellanas
- Os relatos de Guany
- Blogs " Made in Camelle "
- Info acuicultura
- Nota de prensa do Ministerio de Medio Ambiente
- Info Comisión de Festas
- Humor gráfico ( C.S.I. )
- Actividades programadas da Fundación Man
- Os relatos de Guany
- Novas varias
4 comentarios:
que esta a pasar ca xuventude de camelle, cada vez quedo mais tradado, pero a que chegamos, que pasa, que agora non podemos deisar sair os nosos fillos pola noite, se mocontan non o creo, como me pasou hay un anaco, asta que o lein na voz de galicia.
sentidiño, que e moy bonito.
que case hay unha gran desgraza no pobo.
elojo q ques que e faja n pobo mira:quremos xogar un partido n poli non podemos porque esta todo roto, na playa en vez de area hay pedras e culebras,a donde vamos???n pode ser q en camariñas teñan un pavellon e lle fagan outro ai 2 anos detras e camelle estea tan descoidado pos rapazes!! e un asunto que aique plantealo!!!!!!!
Un saludo!!
Resposta o primeiro comentario: o problema son as DROGAS, simplemente.
Resposta o segundo comentario: xa hai tempo que neste blog denunciaron o do poli e o da plaia e coma siempre, os políticos nin caso.
carallo xan, mais claro auga, ainda que o sabemos todos. e o mal de este seculo, valla desfeita esta a facer en camelle esta merda. coma no mundo enteiro e unha pena que rapaces novos acaben asi, ainda que creo que informacion hay dabonda.
non sei,pero parece que camelle sa non eh un sitio tan seguro como pensabamos.
mikel
Publicar un comentario