Vín unha iniciativa na popular rede social ( Facebook ) moi interesante.
Todos sabemos que internet está en primeira línea de informacións e reivindicaciós, eso é o que pensou José Manuel Suárez Esmorís para crear esta iniciativa no Facebook.
Falamos do grupo " Plataforma para liberar a peaxe Autopista A Coruña-Carballo ", que conta con máis de 2.700 membros e sigue subindo.
O obxectivo, aínda que recoñecen que é case imposible, é intentar conseguir a supresión da peaxe na AG-55 entre Carballo e A Coruña, peaxe imposto polo goberno de Manuel Fraga, que subío o prezo co goberno do bipartito e que o actual goberno da Xunta ampliou o prazo da peaxe ata o ano 2045 .
José Manuel Suárez comenta que sería importante polo menos lograr que se subvencionase a peaxe para os que a usan case tódolos días e invita aos veciños da zona a sumarse á rede en facebook porque canta máis xente sexan mellor.
De momento camíñase para alcanzar os 3.000 apoios, aínda que un bo tope sería a cifra de dez mil amigos, para así crear unha asociación que teña peso legal, poder para falar co goberno autonómico e tomar medidas de presión.
Manuel tamén asegura que esta plataforma social é totalmente apolítica xa que hai membros do PP, do PSOE e do BNG nela.
Para adherirse a esta iniciativa, tes que estar rexistrado en Facebook, entrar na páxina do grupo ( pincha aquí para entrar ) e pulsar na opción de unirse ao grupo.
.
Cabe suliñar tamén nesta nova, o cinismo da deputada socialista Marisol Soneira, que no goberno de Fraga pedíu encarecidamente a supresión da peaxe, cando estuvo no goberno ( no bipartito ) dixo que non se podía facer nada, e agora, outra vez na oposición, volve a alzar a voz en contra da peaxe; e eu pregúntome, ¿ está a xogar con nós coas súas declaracións nestes anos ou pensará que somos parvos? En fin, é o seu traballo e cobra por iso.Máis info : La Voz de Galicia
.
P.D. : Déixovos un vídeo músical de agasallo ( xa é do ano pasado, pero bueno, paréceme moi orixinal ).
Vanilla Sky ( Umbrella )
3 comentarios:
Que chorrada de video
Eu xa me apuntei no Facebook porque paréseme increible o do pajo na autopista da morte.
O de Marisol,como siempre, frustrada porque non se lle levanta...
Ah, e o vídeo ta cojonudo, a mín encantoume,son boísimos estos tipos,nunca os oíra.
TEs un video mas chulo co mesmo titulo da cancion protagonizado por obama e a clinton
Publicar un comentario