Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

martes, 2 de junio de 2009

Novas varias


1. O Concello de Camariñas fixou para o próximo día 5 o inicio das obras de pavimentación da rúa da Igrexa.

Todo normal ata aí, a non ser porque o anuncio tivo que ser publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP), posto que unha veciña discute ao Concello a titularidade dun pequeno tramo, situado xusto diante da súa casa.
Por iso é polo que o executivo local xa avisa a muller de que debe " absterse de realizar actos que obstaculicen a execución das devanditas obras, recurrindo o Concello, se fose necesario, a solicitar o auxilio da forza pública".

En concreto, o informe asegura que Carmen Mouzo Pereira " é responsable dunha usurpación de terreo público ao ter interceptado o uso da parte do viario público, mediante a construción, sobresaíndo da aliñación da vivenda, dunha beirarrúa particular e mediante a colocación dun testo fabricado in situ e rematado con bloques de formigón, tal e como consta na reportaxe fotográfica emitida pola Policía Local".

Todo o proceso iniciouse recentemente, hai pouco máis dun mes, cando a veciña de Camelle presentou un escrito no Concello no que declaraba ser titular da superficie en litixio, unha parcela de nove metros de longo por 2,7 de ancho nunha parte e 1,84 na outra.

Máis info : La Voz de Galicia


2. O alcalde de Camariñas e líder socialista, Manuel Valeriano Alonso de León, e o portavoz do PP, Daniel Rego González, debateron onte en Radio Voz Bergantiños sobre o balance dos dous primeiros anos de mandato municipal.

- O alcalde respondeu cun ton de reproche: "En Camariñas traballamos, non mentimos. E miramos cara ou futuro, por iso sacamos adiante ou PXOM e máis moitas infraestruturas", dixo.

Falou dos "polígonos industriais que están en marcha", o camariñán e o porteño, que figura previsto no PXOM, o que abre a porta ás persoas que desexen investir e gozar no municipio. Sobre isto último, eloxiou as calidades turísticas da localidade e de todas as súas parroquias, destacando que se trata dun dos concellos que máis visitantes atrae ao longo do ano, " é o orgullo dá zona".

"Os turistas que acoden a Vilán, por exemplo, xa se contan por decenas de miles".
"Que non veña o PP a dicir que o facemos mal. Neste tempo, nestes dous anos de mandato, o Partido Popular non fixo ningunha proposta ou iniciativa».

- O portavoz do PP entende que, "nestes dous anos de goberno, o que destacou foi o engano e a mentira dende ou Concello".

Probas diso que afirma sería, por exemplo, que "varían as datas para a posta en marcha do polígono" en función do momento en que se preguntou, ou que o parque empresarial privado da Ponte do Porto "carece de apoio", e iso que ambas infraestruturas "son fundamentais para o desenvolvemento de Camariñas".

Rego aproveitou as conclusións para devolverlle ao alcalde os seus reproches respecto diso que non vive en Camariñas: "Él vive en Braño", respondeu, un lugar próximo ao municipio, pero en Vimianzo.
En canto á maior parte dos investimentos que levan a cabo no municipio, o líder popular opina que "vén do Goberno anterior ao Bipartito".


3. A Xunta de Galicia anulou a compra do helicóptero de salvamento para a Costa da Morte.

Esta decisión enmárcase dentro do plan de austeridad posto en marcha por Feijoo para combatir a crise económica.
A oposición xa está a tomar cartas no asunto para que isto non se faga efectivo.
O grupo parlamentario do BNG anunciaba que levará ao Parlamento unha proposición non de lei para que o goberno non anule a dotación dun helicóptero de Salvamento Marítimo á zona da Costa da Morte e dín que coa vida dos mariñeiros non se poden escatimar esforzos económicos.

O PSOE da Costa da Morte tamén se reunirá esta semana para protestar por esta decisión.

11 comentarios:

xan dijo...

Da primeira notisia dijo eu que esta señora terá q deixar aljo para que se faja a calle xa que é un ben para todos,pero bueno,esto pasa siempre.
Da sejunda non comento xa que dame ijual un co outro,son os dous uns chupóns.
E da terseira é o que meresemos por votarlle o PP e eso que ainda acaban de empesar a jobernar, lamentable, o q nos ospera.

Anónimo dijo...

viva a anarquia

Anónimo dijo...

joer,e logo que pasa que en 4 anos de joverno non tuveron eles tempo "bipartito" de comprar o helicoptero.

que cara

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

viva o PP joder xa tiña q tar sempre gobernando el.

wue xa tuvo sempre menos cando se uniron o psoe e o bng, e porqe se uniron q sinon nin pa pipas jajajajajajaajajajajajaja

x xx xx x

Anónimo dijo...

Si señores,co PP vamos a estar ben,
pero ben JODIDOS.

karavich dijo...

Bueno,señores,que a clase política actual a todo-los niveles deixa moito que desear xa o sabemos todos,xa que o que ten a obliga de gobernar,non goberna,e o que ten que facer oposición,non o fai dunha maneira constructiva.Sin embargo,nesta época que temos que vivir con austeridade,teñen que recortar gastos por donde sea,pero podian empezar por eles mesmos,recortando os soldos e dietas,por que po que traballan,e non a quitarlle a inversión en seguridade a xente mais necesitada.
Pero mais vergonzoso e o do anterior executivo xa que adicáronse a gastar unha morea de cartos en arreglar os seus despachos e non se acordaron ata o final do helicóptero,claro está con claros tintes electoralistas.
E voa verdade o que decia meu abó,(barbeiro e pensador):NINGÚN HOME SABE O MALO QUE É HASTA QUE NON TRATOU DE ESFORZARSE POR SER BO.SOIO PODERÁS COÑECER A FORZA DÓ VENTO TRATANDO DE CAMIÑAR CONTRA ÉL,NON DEIXANDOTE LEVAR.

Anónimo dijo...

viva o pp! e todo se vai demostrar!!!!!!!!pichirrin del carallin non vai ganar outra eleccion, xa veredes!!!!!

rachon dijo...

Pois danieliño rego dixo na Vos do viernes que non fasía falta o helicóptero e que si non había cartos era por culpa do bipartito.
A verdade é que este personaje dá moita pena...

Anónimo dijo...

pos ten rason!!!!!!!!!!!!!!!!!!! viva PP, e o mellor!!! e tase demostrando!!!!

Popeye dijo...

Rachon o que dixo daniel rego,non e que non oqueira,o que di e quetean mellor preparados os dous helicópteros que temos.Ademais danieliño no ano 2008 presentou no pleno unha proposta para que o helicóptero de salvamento doque se iba dotar a costa da morte tivese a base en cameriñas.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE