Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 11 de junio de 2009

Frase da semana


Nestes tempos que corren coa polémica do uso do galego nas escolas, nos organismos oficiais, nas oposicións, etc. soamente quería destacar unha frase da psicóloga e poeta Concha Rousia :

" Cando morre o derradeiro falante dunha lingua, morre un soño da humanidade, porque as linguas son tódalas obras maravillosas da humanidade, dignas de ser protexidas, e a nosa, a galega, non pode ser menos. Polo tanto de nós, dos nosos gobernos, depende pois que ese soño non esmoreza. "

52 comentarios:

Anónimo dijo...

Si solo queda un falante de unha lengua con quen fala?

Anónimo dijo...

bo sa tamos co rollo da lingua, cada un que fale o que queira e punto, que pesadez con este tema, se e facil de solucionar, o que queira falar galego que o fale e estudie en galego e o que queira estudiar en castellano que o faga, e punto

a mitade dos que agora piden o galego na sua vida o falaron, e si agora o falan e o tipico galego da caca e decir o normativo, que eu siempre falen galego e con este rollo do normativo a mita das palabras non as entendo.

Anónimo dijo...

De acordo, que cada un que fale o que queira e o que lle pete, eso sí, promovendo a nosa lingua para non perdela, non coma fan os do PP que queren acabar con ela.

Anónimo dijo...

dacordo, pero non confundas promover con impoñer. Porque eu falo jallejo desde que nasin e non me van a enseñar a falar os meus anos os bloquistas do carallo.

galego dijo...

dacordo, eu tamén vexo mal que o impoñan,pero tamén que desaparezca.
Eu son bloquista como dís tí e non che vou ensinar a falar, xa que o galego tén moitos dialectos e gheada e seseo,etc. e cada un fala como lle ensinaron seus pais, pero tampouco está de mal aprender o galego correctivo xa que se adquere cultura.

Anónimo dijo...

Eu quero falar galego, pero o NOSO GALEGO, o de nosos avós e antepasados ¡O GALEGO DE SEMPRE!, non ese galego que se esta impoñendo agora, que é un "galego-luso", que non se entende un carajo e para a miña opinión ridiculiza un pouco a nosa lingua natal "O JALLEJO". Dentro de Galicia hai moitos dialectos do galego e iso é o que queren erradicar, facer todo un. Fai 10 años que eu estudiei o bacherelato e dende que rematei xa non se asemella nada a lingua que eu estudiei á que se estudia agora. E deixo moi claro que cada un pode falar o que lle veña en gana, (que non so vivimos en Galicia, que hai máis mundo), pero dende logo o que non quero e que disfracen a nosa lingua, esa que falamos cos da casa e cos de noso pobo, que GALIZA nin que leches!. ¿Que pasa que se avergoñan da nosa JALISIA? Pois eu non!, e penso falar o meu dialecto ata que morra, e dende logo nunca me avergoñarei de ir ante un "BEN FALANTE" e dicirlle "QUE PEJO CO SOCO NA SERA".

Anónimo dijo...

Cando eu ía o colexio non se falaba galego,non o tíñamos,e agora que os meus fillos teñen a oportunidade de falalo e aprendelo,resulta que veñen uns artistas e ainda preguntan.Isto é un pitorreo.Agora que por fin tiñamos os libros en galego ao 50% co castelán,outra vez a facer enquisas a xente.Menos mal que a xente tampouco é parva,o que hai que respostar na enquisa dos rapaces é " todo en galego" que significa 50%en galego é 50% en castelá.AH!E que deixen de gastar papel e se dediquen a outras cousas estes da xunta que ainda non fixeron nada bó.

karavich dijo...

Mecajon na marilús,¿E tí onde carallo fostes o colexio,por que,que eu recorde na miña época de estudiante nunca me prohibiron falar jallejo,e ademais tiven a sorte de ter asignatura de jallejo,na cal por serto estaba permitido tanto o seseo coma o joteo.Os teus fillos,tate tranquilo,que si ná casa e no entorno deles falan o jallejo eles serán jalejoparlantes xa que o que se aprende fora enjancha mais có que se aprende ná escola.Si mandan cartas é por verdadeiro espiritu democratico e non como intentaban facer os outros,a juevos.Ademais os teus fillos terán o privilexio de ser bilingües ou trilingües si se aplican nos estudios.En canto a ese que dí que o PP quere acabar có jalejo,non sei si fala por ignorancia ou por mentira,por que si rebobinamos un pouco a memoria darémonos conta que a promoción do jalejo foi infinitamente mais activa durante a época de D.MANUEL que a destes que acaban de marchar,con toda a súa normativa fascistoide.Ademaís non lle fajades caso os que din que o que quer ser bilingüe odia o jallejo por que esa é unha mentira,como mentira é que o que dín que o jallejo tá persejido e que queren acabar erradicáno,por favor señores,seriedade,mais e mais sangrentas persecusións sufrio en épocas pasadas e mais non desparesío,nin desapareserá.O que dí que hai que aprender o galego normativo por enriquecerse culturalmente,aplícate o mesmo caso pero nó castelán,por que tamén hai escritores galegos que escribiron en castelán.
Bueno,como me dixo meu abó(barbeiro e pensador):TRES CLASES HAI DE IGNORANCIA,NON SABER O QUE DEBERA SABERSE,SABER MAL O QUE SE SABE,E SABER O QUE NON DEBERA SABERSE.

Anónimo dijo...

karavich falas por bulerias..., bla, bla, bla...

Anónimo dijo...

que ASCO da esta xente que se averjuensa doseu idioma e en consecuencia da súa identidade.
dadesme verjonsa ajena

karavich dijo...

HAI VERDADES TAN EVIDENTES QUE SE NEGAN A PENETRAR EN ALGÚNS CEREBROS.De falar por bulerias,nada.As cousas son así e non do color que vos intentades facer que vexamos os demais.
Asco dades os que intentades targiversar o asunto.¿Quen che dixo a tí que eu me avergonzo da herencia mais pura que meus pais me puderon dar?Por favor home,non me dijas eso a estas alturas da vida.Eu levo con moito orgullo o feito de ser galego e intento facerme respetar alá por onde vou,non coma vos, que con esa mentalidade non sei que é o que queredes demostrar o resto dó mundo.

TODO O QUE SE IGNORA,DESPRÉCIASE.
Antonio Machado.(1875-1939)Poeta español.

rododentro dijo...

Ben sei que non hai nada novo embaixo do ceo,
que outros antes pensaron as cousas
que ahora eu penso.
E ben ¿para que escribo?
E ben,porque así somos,
reloxes que repetimos
eternamente o mesmo.

-Rosalia de Castro-

llrb dijo...

esto que é un concurso de poesias? pois haí vai a miña preferida de rosalia:
Quíxente tanto meniña,
tívenche tan gran amor,
que para min eras lúa,
branca aurora e craro sol,
auga limpa en fresca fonte,
rosa do xardin de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón.


¿JUSTOUVOS?
PD: son un romantico

Popeye dijo...

Bueno pois saqueimos de poesias aver que tal este pedazo:
Pelengrino,si buscas a Galicia,
ven ollar este pobo agarimeiro;
non pretendas atopar só fermosuras;
ven,olla a Camelle,todo enteiro.


*Xavier Landeira*

Anónimo dijo...

cada un que fale o que queira e como millor lle vaya, pero falar un idioma que ieventaron catro mortos de fame do BLOQUE eu veso que eso e de parvos .
E mais dijo que hasta ahora non se vio uha pancarta, estes donde queren chejar coas suas ideas.
Esto he coma uha secta ou coma ETA

galego dijo...

O gallego inventárono catro mortos de fame do bloque???
Prefiro non responderche,porque xa se che vé o teu nivel de cultura e non paga pena.
Menos mal que aínda queda xente intelixente que respecta e conserva os nosos ideales e a nosa lingua, porque se non, mal íamos.

Anónimo dijo...

Esto e pa ti GALEGO que dis ``Menos mal que inda queda xente intelixente``pos TI non eres muito porque pa empesar por desgrasia non sabes nin leer.
Esa persona respeta o GALLEGO non a MERDA QUE QUEREDES IMPOÑER VOS, QUE CHE QUEDE CLARO.

galego dijo...

Non é que non saiba lér, o que pasa é, señor anónimo, que non sabes expresarte e para eso mellor que non escribas.
Eu estou dacordo que cada un fale o que lle pete, para iso estamos nunha democracia, a época de persecución aos galegos e galeguistas xa rematou, gracias a deus, cando morreu Franco.
Eu vivo en Galicia,escribo galego,o meu pseudónimo é galego, os meus fillos falan galego,eu tamén e o que non lle guste que marche para Madrid ou que apoien aos fachas que queren acabar co noso idioma.
¡¡¡ Viva o Galego!!!

peido-verde dijo...

eso si "EU LOVE GALEGO"
peace and love

karavich dijo...

Non fales sin saber,galego,a verdade é que non hai quen che entenda,por unha parte dis que a perscucións os¿galegos?rematou cando morrío FRANCO,e o mesmo tempo dís que hai xente que quere acabar co noso idioma.A tí eso que dis de Franco,¿contároncho,vivístelo ou leestelo nalgunha publicación partidista?.Tamén falas que hai que falar o que lle pete a cada ún e o mesmo tempo estás a decir que o que non lle guste que se fale galego,que se vaia para MADRÍ.Moi ben,quédanos moi claro o que entendes tí por democracia.Deixade xa o conto ese que non nos leva a ningunha parte e levádebos ben,que non hai cousa mais bonita que os veciños se leven ben.Estou a volverme un pacifista cojonudo,por eso vos digo:NON A VIOLENCIA,SÍ A PAZ,e o que pense o contrario,rómpolle a cara.

galego dijo...

A ver, ou non me entendes ou non me queres entender...
Vouche falar claro, eu vivín na época de Franco, xa que son máis vello ca tí,asegúrocho, e sei o que vín e o que vivín.
E digo por segunda vez, que eu falo galego por exemplo na Coruña ( Galicia ) e o que non me queira entender ou non me entenda que vaia para Madrid,xa que o galego é o idioma dos galegos e o castellana para os de Castilla.
O que dixen de Franco e unha metáfora ( a ver si o entendes agora) sobre o Partido Popular, aínda que non creo que o entendas dado o teu fanatismo e o da túa familia con este partido.
Non é unha ofensa, é unha maneira de pensar que non comparto,simplemente.
Como decía o compañeiro de antes, " Eu love galego " Peace and love ".

karavich dijo...

Leíno catro ou cinco veces e cóstame entenderche,de verdade,ahí mesturas churras con merinas e o final non aclaras todo o que queres defender.O de falar o galego,díxen xá po-lo menos 20 veces que eu non estou en contra,cada ún que fale o que lle pete,o que estou en contra é da IMPOSICIÓN,non soio de lingua,si non de toda imposición.Por outra parte non sei por que tes que meter a miña familia en esto,por que eu teño os meus propios ideales e o resto terá os seus.
O problema é que vos creedes os gardáns e os únicos defensores desta terra i eso é un gran problema´por que si deixamos a "nosa" terra nas vosas mans esta terra iría a unha profunda quebra moral.Si alguén hai que aislar ou escomulgar sodes vos,por que eu creo que nas illas sisargas,alí caberias ben todos.E de fanatismo có PP nada,cando algo faga non estou de acordo,non dubides que o atacarei.Eu tamén amo o galego non creas que sodes vos solos.Bueno como dixo aquel:SOIO SEI QUE NON SEI NADA...E POR QUE MO DIXERON.

galego dijo...

A verdade é que me fai moita gracia as túas palabras e isto parece un diálogo de besugos...
Supoño que cando xeneralizas con " deixar a terra nas nosas máns e aislarnos nas sisargas " refíreste o BNG...
Pois ben, contéstoche a iso, o que dís son suposicións túas, xa que o BNG nunca gobernou en Galicia, nunca.
Estes catro anos pasados non fixo case nada do que pretendía, xa que mandaba o PSOE.
Pero sí sabemos o que fixo o PP cando gobernaba Fraga e o PSOE cando mandou Touriño, case todo mal.
Por iso, o noso país ( Galicia ) está a cola de España en todo ( pensións,infraestructuras,emprego,PIB,soldos,etc,etc,etc.)
As que van nos primeiros postos son Cataluña e País Vasco, por algo será ¿ non ?... porque déronlle a oportunidade aos nacionalistas e miran polo seu país, non como os galegos que somos masocas ( eu non ) e votámoslle o PP e PSOE e veña, todo para Madrid, e nós, no terceiro mundo, pois co idioma galego pasa algo similar.
Non sei si comprendes agora, aínda que non o compartas.
Meu abó tamén sempre me decía ( e morreu con 84 anos )... " Votar ao PP é o mesmo que votar a Falange ".
Saúdos.

Eduardo Pondal dijo...

"...máis só os ignorantes, ferridos e duros, imbéciles e escuros non nos entendenden, non!"

Anónimo dijo...

ahi ahii eduardo pondal!!

Anónimo dijo...

Po lo que ton leendo este GALEGO e de segunda man.
Sabes o que che dijo,
A palabras necias oidos sordos.
E esto non o diso PONDAL

karavich dijo...

Vamos a liquidar esta disputa,verás que sí.O de que as miñas verbas che fagan gracia,alégrome,por que xa dixen nun comentario anterior que iba a intentar meter doses de humor po-lo medio.Tes razón son verbas miñas,pero a modo de metáfora, para recordarvos que de momento sodes poucos,non descarto que algún día podades chegar a gobernar,pero de momento non estades a recibir o apoio,por algo será.Non me refiro o BNG,non,refírome,sempre metafóricamente as persoas que rexeitan os seus semellantes por cuestión de sexo´relixión ou lingua.Unha das cousas po-lo que hoxe somos xente civilizada e por que o home avanzou no tempo,e adiquirio a habilidade de falar para comunicarse cos seus semellantes.
Si o BNG non gobernou nunca,¿Podesme decir que fixo durante estes catro anos?joder os cartos,ou tiveron como simples obxetos decorativos,sinto moito pero hasta para eso non valen.Dasme a entender con esto e co que dis de Cataluña e O Pais Vasco que de política estás algo verde.Tes razón o decir que estas rexións estiveron gobernadas por nacionalistas,pero esto non quere decir que estén ben gracias a eles.As infrastructuras e a importancia estratéxica da que dispoñen estas dúas rexións xa lle viña de mito tempo antes.Despois aproveitando os distintos apoios que deron os gobernos da capital, pois apañaron canto puderon e mais. Vexo que todo que enumeras que teñen mais ca nos non pos os impostos,olvido,pode ser.Eran nacionalistas,pero da derita mais arraigada que hai en España nestes intres,que non dubidaron en apoiar a república e logo apoiar a Franco,Si tí tes a esta xente como exemplo a seguir estás ben probiño,ademais ti mesmo estás a recoñecer que eres menos ca un vasco ou un catalán por esas verbas,e nós os galegos de ser menos ca eles,nada de nada.Tamén teño que recoñecer que sí son un fanático,pero un fanático das libertades,da democracia e das loitas sociales,e non son de esquerdas.
A XENTE NON BUSCA RAZÓNS PARA FACER O QUE QUERE FACER,BUSCA EXCUSAS.

antifascistas dijo...

karavich,que rollo tes...
Tes a cara de desir que eres un fanático da libertad,da democrasia e das loitas sociales sendo do pp, por favor, a quen queres enjañar???
A mín,desde lojo non, porque o teu partido é completamente o contrario o que ti dis.
Eu tamén amo o galego.

karavich dijo...

Eso dílo tí,que pasa¿E que dentro dun partido non pode haber varias tendencias?.Según tí non,así actuades.Primeiro,non teño nada contra o nacionalismo que quere construir pais pero no que quepamos todos,non no que se fagan distincións.Segundo ,tampouco teño nada contra o socialismo,entendido como tal,si non contra este socialismo que nestas últimas décadas están a desvirtuar o socialismo puro.Axudando o capital e jodendo vivo a clase traballadora.Así que para que vexas,dentro do PP hai a suficiente libertade para que cada un pense como queira,e cando non estés de acordo poder expresar os teus puntos de vista,libertade por certo da que non fan gala moitos.Mira,si me crees ou non,non é o meu problema,en tal caso será o teu.

karavich dijo...

Eso dílo tí,que pasa¿E que dentro dun partido non pode haber varias tendencias?.Según tí non,así actuades.Primeiro,non teño nada contra o nacionalismo que quere construir pais pero no que quepamos todos,non no que se fagan distincións.Segundo ,tampouco teño nada contra o socialismo,entendido como tal,si non contra este socialismo que nestas últimas décadas están a desvirtuar o socialismo puro.Axudando o capital e jodendo vivo a clase traballadora.Así que para que vexas,dentro do PP hai a suficiente libertade para que cada un pense como queira,e cando non estés de acordo poder expresar os teus puntos de vista,libertade por certo da que non fan gala moitos.Mira,si me crees ou non,non é o meu problema,en tal caso será o teu.

anonima dijo...

galego eres un maleducado,e un sinvergonza, por andar poñendote coa familia dos demais, dasme asco, fala da politica de merda ou do que queiras pero respeta a familia dos demais.

galego dijo...

Karavich, perdoa por decir que tí e a túa familia é do PP, polo que vexo é unha falta de respecto tremenda ser do PP.
Síntoo.

Ferrone dijo...

Muy ben dito anonima que respete a familia que non costa un carallo,polo que lein ese galego pareceme quee un asqueroso por non respetar a familia dos demais.

Ferrone dijo...

Galego quepasa e que oteu partido é moito mellor co pp,elogo si eu son do pp quepasa teño queter vergoña ome baite rascalo carallo.

Anónimo dijo...

Señor gallego`` SI YE PODO CHAMAR SEÑOR`` por que con esa forma de expresarse vds. di que es DEMOCRATA dijame donde ta a democrasia, vds e uha pobre alma perdida que bai po lo mundo cos da FEIRA E BEN COS DO MERCADO, e vds. nin e do BNG nin NACIONALISTA,e antes de escribir pense e non dija payasadas,

Anónimo dijo...

Gallego,
Ante la desgracia y el dolor,
ten un poco de gracia y humor.

Anónimo dijo...

o ser do pp non e ningunha falta de respecto,falta de respecto e chamarlle fanatico a unha persoa e a sua familia, cando ti estas dando a demostrar que eres o mais fanatico do teu partido, e digoche outra cousa,levamos toda vida falando JALLEJO, e non fixemos tanto alboroto,vale meu.

maría dijo...

Creo que estades sacando as cousas de contexto con tanto rollo politico, cada un expresa o que pensa e galego non faltou o respeto a ninjén,solamente dí o que pensa, o que pasa e que a aljuns non lle justa oir a verdad.
Eu comparto todo o que dixo galego.

karavich dijo...

Bueno,para rematar co rollo este que vexo que está tomando un cariz nada desexable po-la miña parte e por parte de algúns mais,somentes decir unhas cousas para que quede todo en perfecto orden.Mui señores meus,todos,todos sentímonos orgullosos de ser galegos,todos tamén defendemos GALICIA e o GALEGO, e hasta creo que todos deseamos construir unha GALICIA na que podamos vivir todos ben coma irmáns e na que os nosos familiares e amigos poidan regresar a terra e vivir aquí con garantias,no que xa non estamos tan de acordo parece ,na forma de construir,porque mentras algúns pensamos que a construcción ten que ter uns bos sollamentos,outros parecen que a queren construir directamente enrriba do fango.Po-lo tanto,mentras non nos poñamos de acordo en esto,nunca,entendede ben,nunca se poderá construir país.Non penso escribir mais neste comentario.Señora ou señorita MARIA vou a refrescarche a memoria moi brevemente.KARAVICH + FAMILIA=FANÁTICOS DO PP=FALANGE=¿EXTREMA DEREITA?.Bueno boume,non sin antes deixarvos esta perliña:ANQUE A TODOS NOS ESTÁ PERMITIDO PENSAR,(PO-LO DE AGORA)MOITOS AFORRANSE ESE TRABALLO.

flaire dijo...

moi ven dito karavich,asi se fala, con un par.
saudos

Anónimo dijo...

Karavich,parese que escribistes un mitin do pp.
E nadie che chamou falangista nin de extrema dereita,non inventes,que tí tamén soltastes as túas metáforas insultantes e nadie che dixo nada,solamente fanático do PP, eso e unha falta de respeto? eu non o penso.
Eu tamén son fanática do Depor e máis non e un insulto.

karavich dijo...

Eu nunca dixen que fora un insulto,eu soamente me adiquei a resumir o que aquí se escribio,eu soamente pedín que a miña familia que a mantuveran o marxen,que ela non ten nada que ver con esto.Aquí o primeiro que empezou coas metáforas,si lees todo,non fun eu.Así que cando vos escribides as cousas todo é guai,incluso soltamos unha risiña,pero cando nos contestan coas mesmas armas parece que pica.Ademais,parece que na amorosa convivencia có PSOE pegousevos a fea costume de que cando quedades sin argumentos,cambiades de tema e buscades a polémica por outro lado.E pa rematar direiche que moitas veces non son as palabras en sí senón a intención,por exemplo,si eu chamo a alguén PAYASO,él pódese sentir insultado ou non,pero non cabe duda de que eu o dixen coa intención de insultar,así que che aconsello que leas todos comentarios e de ahí sacas as túas propias conclusións.E NON O PENSES DUAS VECES POR QUE TE EQUIVOCARÁS,(Como me decía meu abó).

Anónimo dijo...

que pedante eres macho,valías pa político...

anonima dijo...

hay tantos que sondes pedantes e non sondes politicos que dades asco.

Anónimo dijo...

Sa bos teño dito en outro comentario.
Eu andein po lo Mundo adiante casi coma todos de CAMELLE e gracias que tuben un bo maestro que era PEPE DE BAÑA que falabamos en Gallejo pero as clases eran en CASTELLANO e gracias a eso e un pouco de Ingles funme arreglando pero co GALLEGO non pasaba de Baiñas, e eses que se teñen por nasionalistas primeiro que miren no diccionario o que significa DEMOCRACIA e despois que ORNEE no ordenador.

Anónimo dijo...

Vos si que dades asco...
¡¡¡ VIVA O IDIOMA GALEGO !!!

Estrobo dijo...

Señor anónimo tes toda a razon do mundo eu tiven que marchar polo mundo coma moitos,enome quedou más remedio que falar o castellano si quisen aguantar do traballo que tiven,é co galego solo nón pasaba da coruña.
Same gustaria ver o señor ou señora anónima traballando fora de galicia falando solo o galego aver que resultado teria.

anonima dijo...

en primeiro lugar, señor estrobo, estou de acordo con todo o que di e verda que co jallejo solo non se vai a ningures, eu tamen viaxei bastante polo mundo e incluso teño familia fora,e como di o anonimo,non pasamos de baiñas co noso jallejo,e si me expresei mal pido disculpas,e o meu apoyo a KARAVICH, e tamen e verda o que di o anonimo que DON PEPE era un gran maestro,pois eu tamen fun alumna de el, e nos enseñaba galego e castellano, e gracias a eso defendome ben.

karavich dijo...

Sr ou Sra anónimo:1ºNon creo que valera para político,porque entre as miñas virtudes non está a de vivir a costa de ninguén,como tampouco está a de facer o contrario que me dita a miña conciencia,como tampouco está a de engañar e mentir a ninguén po meu propio beneficio.
2ºAcepto o de pedante por que todo canto me chamedes en min non fai mella,total,vindo de quen ven,para min son halagos,por certo,non creo que en galego sexa "pedante",xa que si deriva de "pedo"e pedo en galego dise "peido" daquela,por simple deducción serei en tal caso PEIDANTE,que non PEIDEIRO,xa que esto é outra cousa.Así que xa que tan galego eres,po-lo menos fálao ben.AH,por certo,tamén acepto PULPO COMO ANIMAL DE COMPAÑA.

Popeye dijo...

Asi se fala KARAVICH eres ó mellor á porcerto gustoume eso de meter ó pulpo coma animal de compañia,eres un fenomeno karavich unha perta.

Anónimo dijo...

Que divertido é ver como vos paresedes todos, tanto os dun lado coma os do outro: levades toda a discusión desindo prácticamente o mismo uns que outros (sobre o idioma, claro). O que pasa e que levades todo ó rejo dos partidos politicos (que non da política) e aí cajadela.
Vendoo desde fora, e co sentimento que eu teño dos politicos e dos partidos politicos (ASCO), creo que no fondo todos pensades o mesmo sobre o jallejo(que cousa mais bonita) pero estades demasiado sejados como para ver que hoxe en día apenas hai diferensias entre PP, PSOE e BNG, son todos unha manada de chupóns e perjeseiros que o único que intentan e aproveitar o posto que consijan acadar pa benefisiarse o mais que podan, importandolle mui pouquió todo o demais, ajás insultar os outros por intentar fase-lo mismo que tan fasendo eles.

políticos=ladróns dijo...

Menos mal que aljén falou en propiedade despois de tantos mensaxes, eu comparto o cen por cen a túa opinión,anónimo.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE