Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 19 de junio de 2009

San Xoán en Camelle



A Comisión de Festas de Camelle xa tén todo preparado para a noite de Xoán.

O día de cacholas ( 23 de Xuño, martes, na praia ) a partir das sete da tarde empezarán os xogos e os hinchables para os máis pequenos.

Seguiralle unha gran sardiñada e churrascada amenizada polas Cantareiras e pandereteiras " Caramuxa " de Camelle e de novo a actuación estelar de " Paco e o seu bastón " con novo repertorio.

Tamén haberá unha gran verbena na compaña da orquestra Alarma, que tanto gustou o domingo do Espíritu Santo coa cantante de Arou.

Para rematar esta noite máxica, haberá queimada para todos e espérase a visita das meigas para facer o conxuro, xa que nesta noite feiticeira todo pode pasar.
.
A verdade é que a axenda cultural e de festas en Camelle non envexa a ningún pobo da Costa da Morte.

10 comentarios:

Camellana dijo...

bueno bueno o das meigas na noite xa é demasiada ficcion xunta ehh jaaja !

Anónimo dijo...

mimaaaaaa daqla vai ser muita festa xunta eh! pero ajuantase bn!jejeativi

Anónimo dijo...

¡¡¡ Festa,festa,festa!!!
Camelle ta que se sale con tanta festa.

hasta la cona dijo...

ojalla chova meu diviniño espritu santo

Anónimo dijo...

ainda che entre o demo nas tripas!!

Popeye dijo...

Siten que chover queche chova ati sola na cabeza asta que non poidas mais coa choiva,ojala meu divino espiritu santiño que este unha noite cojonuda,eo que non queira festa teno facil non sair dacasa.

karavich dijo...

Así que está Paco,lémbrome dunha anécdota que nos pasou unha vez,(eu antes era o seu manager)en Lamastredo.Pois o noso Paco foi contratado para o festival de canción popular que se celebraba casi todo-los anos bisiestos en dita localidade.Chegamos alí e aloxáronos no HILTON PARADISE,e cando estábamos na cea,xunta nos estaba o que antes lle chamaban RUISEÑOR DÓ ANDAMIO e agora e coñecido por BUSTAMANTE.Resulta que Busta actuaba o venres e Paco facíao o sábado.O lugar do concerto era na catedral de dita localidade.O venres de noite chega Busta a xunto de nós e prejuntámolle que tal lle fora a actuacción,o que él contestou:Moi ben,mira si cantei ben,que cando acabei a miña actuación,mirei para a VIRXEN e vin que se lle asomaban duas bajullas coma dous berberechos de grandes.Entón,po seguinte día actuou o noso Paco,e cando viñemos de volta para o hotel,saio Busta e preguntoulle a Paco,como lle saíra o concerto.O que Paco ca súa sorna camellana lle dixo:Pois moi ben,mira si cantei ben,que cando acabei acerqueime o CRISTO pa darlle as gracias i este desclavando unha man da cruz douma en forma de saudo decíndome:TI SI QUE CANTAS BEN,HOME,E NON O JILIPOLLAS QUE FIXO CHORAR ONTE A MIÑA NAI.

SAÚDOS

Popeye dijo...

KARAVICH pois seo chegas á ver onte escojonaste de risa este Paco é criminal,fiso genial pero eu creo que en CAMELLE CITY hay sente coma Paco igual teñen vergoña á darse á coñecer,pero bueno igual van saindo pouco a pouco.


SAÚDOS

EU dijo...

As de Camelle si que son festas e o demas son contos. VIVA A COMISION E VIVA A PERGOLIÑA

karavich dijo...

A verdade e que sí que somos un pouco cortadiños,bueno,a verdade é que somos mais cortados cá toalla de FREDDY KRUGGER.Como diria meu amijo CHIQUITO:Paco estuvo mais brillante ca paellera de VILLARRIBA,e creo que ten mais fans cá mona CHITA no planeta dos simios.jaaaaar

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE