1. Xa tendes na parte de abaixo do blog a galería de fotos da escola municipal de teatro de Camelle que se celebrou o día 24 de Maio nunha Casa de Cultura camellana abarrotada.
2. Este pasado venres , os operarios executaron a orde do goberno municipal de retirar o polémico peche da rúa da igrexa de Camelle.
As obras desenvolvéronse sen ningún tipo de problemas, en presenza dun axente da Policía Local e do alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León.
Máis info e foto : La Voz de Galicia
3. Como todos xa saberedes, o Partido Popular gañou as eleccións europeas en España e tamén no noso concello.
En xeral, a participación foi escasa, aínda que subiu un pouco, pese ao mal tempo de onte, no noso concello.
Camelle e Camariñas foron outra vez determinantes cos seus votos para que o PP gañase.
Os votos acadados por parroquias foron os seguintes :
- Camelle : PSOE ( 178 votos ) PP ( 284 votos ) BNG ( 33 votos )
- Camariñas : PSOE ( 558 votos ) PP ( 591 votos ) BNG ( 48 votos )
- Ponte do Porto : PSOE ( 225 votos ) PP ( 221 votos ) BNG ( 23 votos )
- Xaviña : PSOE ( 215 votos ) PP ( 197 votos ) BNG ( 12 votos )
- Arou : PSOE ( 106 votos ) PP ( 106 votos ) BNG ( 10 votos )
- Total : PSOE ( 1282 votos ) PP ( 1399 votos ) BNG ( 126 votos )
4. O PP e o PSOE enfréntanse pola paralización das obras da vía de alta capacidade da Costa da Morte.
O Partido Popular da Costa da Morte dí que esta paralización é debido a falta de liquidez das empresas adxudicatarias e ao engano do bipartito.
Ademais lamentan a actitude da parlamentaria socialista Marisol Soneira por decir no parlamento que era moi bruta porque era da Costa da Morte, ofrecendo unha mala imaxe da costa e dos seus veciños.
Por outro lado os socialistas responden que isto é unha estratexia da Xunta para disimular un novo recorte de fondos para a nosa bisbarra e sinalan que o PP volve espallar o chapapote do esquecemento e da marxinación pola Costa da Morte.
As desputas e acusacións seguirán, pero os maiores afectados neste tema somos tódolos veciños da Costa da Morte que vemos como o desenvolvemento da comarca e as infraestructuras seguen paradas unha vez máis.
Máis info : quepasanacosta, La Voz de Galicia
5. As cinco da tarde de hoxe, a nosa web amiga quepasanacosta publicaba a nova de que Man ía en cabeza na Elección Histórica da Costa da Morte con 202 votos por 187 votos do gañador polo concello de Ponteceso, Eduardo Pondal.
A enquisa dou un xiro inesperado as nove da noite, xa que o ilustre gañador de Ponteceso acada 261 votos ( 74 votos en apenas catro horas ) por 206 votos do gañador polo concello de Camariñas, o noso querido Manfred.
Tampouco nos podemos queixar, xa que Man acadou máis de 200 votos nunha semana.
As votacións rematarán o día 31 deste mes de Xuño.
Máis info e votacións : Elección Histórica da Costa da Morte
Foto : Eduardo Pondal
16 comentarios:
En parte é lóxico, Pondal describiu coma ninguén moitos dos aspectos do ser das xentes da costa da morte, chegou a adicarlle un poema a costa de Camelle, o cal foi publicado en "Queixumes dos Pinos", obra mítica da nosa literatura do rexurdimento de onde saiu a letra do noso Himno Nacional Galego.
PP e PSOE a misma merda son, por eso siempre dijo que temos o que meresemos e non sei porque nos queixamos tanto.
Pois eu penso que non é Pondal mais completo que Man,xa que aparte de poeta a súa maneira con aforismos,é tamen pintor,escultor e loita durante a súa vida por uns ideales a parte da lingua galega e recoñecidos en todo o mundo non só en galicia.Polo tanto eu voto por Manfriend.Se lo merece,xa que Pondal está mais que recoñecido,deixemos sitio a outros.
Tes toda arazon que deixen sitio para outras persoas,dende logo omeu voto foi para Man.
A min tamén me parece moito máis completo Manfred que Pondal, creo que pode aportar moitas máis cousas a vida Man que o Pontecesán, Os cales os separa non so os estilos, senon o momento histórico de cada un.
O meu tamén foi para Manfred
Menos mal que nas fotos do teeatro ainda non se me ve moito a cara. Ja,ja,ja!!
deixadevos de faservos os intelectuales jorgito e company, que saberedes vos de pondal e de manfred.
vaya cultos temos agora en camelle.
cagade anda.
Non sexas ignorante, ou polo menos disimúlao, o que hay que ter e cultura básica e saber estar, e me da a min que ti desas dúas cousas nin bocado. En fin, que se lle vai facer, para as palabras xordas teño os oidos necios.
e nadie fala da noticia do teatro logo? menudos artistazos temos en Camelle!!pero a verdade, é que nesto do teatro sempre destacamos por ser os mellores!!
ánimo rapasiños!!
Resposta para XAN:Tes todo o direito,para chamarnos merda os votantes dó PP,pero que nos metas no mesmo saco có PSOE,sinto moito pero non cho acepto.
¿E,non te queririas referir a toda clase política?.Por que creo que te esquences doutro partido,que tamén é unha merda,eso sí,MINORITARIA,pero que tamén cheira que adovese.
A POLÍTICA E O ARTE DE OBTER OS CARTOS DOS RICOS E O VOTO DOS POBRES CO ÚNICO PRETEXTO DE PROTEXER UNS OS OUTROS.
O que tí dijas karavich... cada un ten a sua opinion e ti expoñes a túa e eu a miña e sijo disindo que o PP e o PSOE a misma merda son e non vou a cambiala.Saúdos.
Sempre coa politica polo medio,coñoooo....en calquera notisia teñen que sair os politiquillos de turno.
Sienfuejos,teras que faser un apartado novo para esta xente,ou desirlles como se fai un blog e que
se desafojen.
Querido XAN:Eu tamén manteño a miña opinión,así que deixa o conto e modera un pouco a lingüaxe que a educación é moi bonita.
En canto a tí FARTO(por certo,chámaste igual có can que tiña meu irmán).Eu nunca saquei un tema buscando a confrontación politica.Eu o único que fixen foi dar a miña opinión e contestarlle a aquel que insulta os meus ideales.Por que terei dereito a eso.¿NON?.
Bueno,como dixo meu abó:
TODOS SOMOS MUI IGNORANTES.O QUE OCURRE É QUE NON TODOS IGNORAMOS AS MISMAS COUSAS.
Karavich, a aquí o único que estas faltando o respeto eres tí.
A verdade é que dis cousas moi interesantes pero hai outras que ¡¡¡ Dios mío !!!
Cada un tén a súa opinión,pero non nos queiras inculcar a nós as túas ideas de dereitas,porque non todos pensamos coma tí.
E non estou insultando os teus ideales,se non os partidos políticos que me dán asco.
Noutro comentario tamén faltastes os nacionalistas,non sei si te acordas...
Repito e acabo,non todos pensamos coma tí.
Saúdos.
Karavich,como desía Winston Churchill (e non é o avó,nin o pai nin o primo do can de teu irmán)
Un fanático é aljén que non pode cambiar de mentalidade e non quere cambiar de tema.
Bueno,como vos queirades,si vos faltei o respeto,(que non creo)ROGO ME PERDOEDES.Pero e que un cando lee certas cousas,enérvase.E de fanático,nada de nada,pero tamén tedes que entender que anque non pense coma vos tamén teño dereito a expresar a miña opinión que pode ser mellor ou peor, pero e a miña.Prométovos que a partires de agora serei mais moderado si cabe na miña opinión,eso sí,sempre que se fale con respeto e ademais intenterei meter no medio pequenas dosis de humor que voa falta nos fai a todos.O dos ditos do meu abó e unha das formas que teño eu de despedir o comentario,pero si non vos gusta non teño ningún inconvinte en obvialo.E cambiando de tema vistes que pasada lle pusemos o PSOE.
ABUR,E GRACIAS POR FACERME MAIS BÓ AINDA.
Publicar un comentario