O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, confirmoulle ao portavoz popular de Camariñas, Daniel Rego, nunha entrevista celebrada en Santiago, o compromiso da Xunta de Galicia de restaurar o antes posible o Museo de Man.
O conselleiro anunciou que os técnicos van estudar detidamente este proxecto, por tratarse dun ben turístico que é necesario conservar e que se analizarán as posibles alternativas para a súa restauración.
Reflexión persoal:
A verdade é que é unha pena que despois de seis anos da morte do anacoreta, non exista un proxecto concreto e firme para a restauración e conservación da obra de Man e o seu legado se deteriore día a día.
O pobo de Camelle e os milleiros de turistas que o visitan xa están fartos de tantas palabras e promesas ao longo de seis anos por parte das administracións, xa que o legado de Man non se merece este abandono e esquecemento.
Esperemos que esta sexa a derradeira nova sobre a restauración do legado de Man e non outra máis.
P.D. : Desaparecen as pequenas pedras reivindicativas da Iniciativa Man, situadas encima dunha gran pedra na entrada do museo, pero a basura segue no mesmo sitio.
Máis Info : La Voz de Galicia
2 comentarios:
Tes toda a razón,e unha vergonza que despois de 6 anos ainda non fixeran nada de nada, manada de chupopteros.
Bueno aver si sera verdade queda moita pena cando vas dar unha volta por ahi,e ves todo o legado de MAN feito un cristo,que sedeisen de tanta historia è que empezen dunha puñetera vez.
Publicar un comentario