Parece, por fin, que a cordura e o sentido común imperan en Camelle por unha vez.
Os mariñeiros, mariscadores e veciños de Camelle, pedían a Portos de Galicia ( por seguridade e polos efectos perxudiciais do caolín nos viveiros pretos do porto ) que a rexeneración da praia camellana se fixera coa area dos baixos do porto e non con area de caolín traída dende Vimianzo, como ideou o Ministerio de Medio Ambiente.
Pois ben, onte mesmo, a Confraría de Pescadores de Camelle recibía unha carta na que anunciaba a suspensión do proxecto anterior e a realización dun dragado no porto para utilizar os áridos extraídos do fondo para a recuperación da praia.
Desta maneira, faranse dúas melloras ao mesmo tempo.
Tamén se prolongará o canal de salida do río a praia uns cen metros, para previr a erosión e os surcos e gavias que deixa no areal.
Máis info : La Voz de Galicia
.
ÚLTIMA HORA : xa me parecía raro a mín que os gobernantes usaran o sentido común no noso pobo, pois ben, agora dí o noso alcalde " Pichurri ", que a información dada pola Cofradía de Pescadores de Camelle é falsa e que él non sabe nada da realización dun dragado no porto para a recuperación da praia.
O rexidor dixo tamén que a rexeneración da praia pertence a Demarcación de Costas do Estado e non a Portos de Galicia, tamén falou coa empresa adxudicataria da obra e confirmáronlle que descoñecían o presunto cambio de plans.
Esperemos que se poñan todos de acordo polo ben do noso pobo e as " augas sigan polo seu cauce ".
Máis info : La Voz de Galicia
5 comentarios:
PARABÉNS DENDE FERROL
APERTAS
Tes boa rasón, por fin se vai a faser aljo con xeito no noso pueblo, menos mal.
Sejuro que foi jrasias a Marisol,je,je.
Eu asta que o vexa non creo nada que despos levamos unha desilusion.
O que eu sei e que no proxecto nunca se reflexou que a area fora area de caolín, esa foi unha invención, e se non mirade que pon no proxecto "area de canteira lavada" e eso non e caolín. Por outra banda, xa se solicitara no seu momento (falo de fai un ano polo menos) a Portos, que se dragase Camelle e usar area nativa. O anterior presidente de Portos dixo que si non se dragaba, comprometíase a deixar a area do dragado de laxe, que ese si que estaba adxudicado. E eso consta en varias actas de Plenos do Concello, digo varias, porque foron varias veces as que se preguntou o respecto e se contestou sempre o mesmo. De todos xeitos o propio patron maior de Camelle, estaba presente en unha de esas conversaciones co Presidente de Portos debe facer uns tres o catro meses, o sea que preguntadelle a él. O sea que a noticia que saca o periódico, non sei de donde ven, porque o que esta claro e que Portos non pode modificar un proxecto que non presentou el.
Joder sa podian empezar dunha vez,mete na prensa as obras que empezaran nun par dedias onde van esespares dedias.
Publicar un comentario