Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 4 de junio de 2009

Novas varias


1. Ao parecer aínda non apareceu o agraciado con 300 euros do sorteo das rifas da Comisión de Festas de Camelle.
A ver si sondes algún de vós os agraciados e non o sabedes.

O número premiado ( 4 derradeiras cifras do sorteo do Cupón da Once do pasado día 1 de Xuño ) é o 2167.
Oxalá vos enteredes que sodes afortunados lendo estas palabras e se non, sorte para a próxima vez.


2. Onte, mércores, déronse por fin rematadas as obras de prolongación do dique de abrigo camellán.

Portos de Galicia investiu 3.1 millóns de euros nestas obras e 1.500 toneladas de formigón para o reforzamento da nova construcción.

Máis info : La Voz de Galicia


3. A nova dirección da T.V.G decidiu aplazar a emisión prevista para o pasado martes pola noite, dun documental do programa " A caixa negra " presentado polo ex "Caiga quien caiga" Gonzo e que trataba sobre o mal das vacas tolas.

A caixa negra é un programa documental producido por Antón Reixa e fai un viaxe polo túnel dos acontecementos sociais acaecidos en Galicia ao longo do tempo.

O martes pasado emitiron unha reportaxe espectacular e moi conmovedora sobre o afundimento do Casón, alá por Decembro do ano 1987 e fixo unha parada na memoria dos galegos que lembramos como foron evacuadas vilas enteiras ante o temor da aparición dunha nube tóxica.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, dixo que non se emitiu o programa por petición dun sindicato agrario ( Xóvenes Agricultores ), afíns ao PP e polo dano que faría polas dificultades que atravesa o sector.

Por outro lado, este sindicato agrario nega que a decisión de non emitir este programa fora deles.

As reaccións políticas por este feito xa se fixeron notar e o portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia na Comisión da CRTVG, José Luis Méndez, dixo hoxe que a retirada do programa Caixa Negraevidencia que chegou a censura e a manipulación ao ente”.

O parlamentario socialista presentou hoxe por este motivo a solicitude de comparecencia urxente no Parlamento do director xeral da compañía, Alfonso Sánchez Izquierdo.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Puta censura!! e despois din que estamos nunha democracia!! Pero que non digan que chega agora, porque co anterior goberno era outro tanto.

Anónimo dijo...

Volve a censura outra vez na TVG, volve o PP, hai que joserse!!!

Xustiza dijo...

De Guatemala a Guatepeor!

karavich dijo...

¿Pero foise algunha vez a censura da TVG?.Que eu sepa,o anterior executivo culpou ó PP de censurar as noticias,sobre todo cando foi do PRESTIGE e van éstes e fan unha censura ainda mais forte,a proba témola no caso JANDRIÑAGATE.Así que compañeiro son "TODOS"os que censuran cando están nó poder,así que non vexo porque nos temos que rachar agora as vestiduras.
Ademais,houbo xente da farándula galega que meteu moito en contra do PP cando foi do PRESTIGE ,incluso colaborou activamente para meter a éstes no goberno dá XUNTA,así que agora:O QUE SEMENTOU VENTOS,QUE RECOLLA AS TEMPESTADES.

Anónimo dijo...

weno, onte emitiuse ese programa das vacas tolas. xa podedes calar a boca

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE