1. O Parlamento de Galicia ( PP, PSOE e BNG ) aprobou o venres por unanimidade instar a Xunta de Galicia que realice antes de seis meses un estudo de catalogación da obra de Man e que, posteriormente, analice a pertinencia de protexer o seu legado mediante a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC).
Dende a morte do Alemán fai máis de seis anos non se levou a cabo ningunha acción concreta para conservar a súa obra e o museo atópase agora practicamente abandonado. Como única protección figura un cartel colocado polo Concello de Camariñas no que se pode ler: " Non pasar. Respecte o legado de Man ", ao que a maioría das persoas fai caso omiso.
Máis info : Faro de Vigo, La Voz de Galicia, La opinión, Anosacosta
2. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, garantiu a Pescanova «todo o apoio» do seu Goberno para que poida retomar «o proxecto de cabo Touriñán», que era a primeira localización pola que apostara a multinacional galega e que está dentro da zona de Rede Natura.
Fixo extensivo este apoio ás empresas que cren postos de traballo e ao proxecto de Pescanova, que inaugurou a maior piscifactoría mundial para a cría de rodaballo en Mira (Portugal) e cuxa construción estaba proxectada nun principio en Touriñán e foi rexeitada polo Goberno bipartito polo seu impacto ambiental.
Feijoo dixo tamén que ese proxecto tiña hoxe que estar funcionando na Costa da Morte xa que era un dos compromisos do Plan Galicia, quen insistiu en que ese proxecto terá todo o apoio do seu Goberno en Touriñán ou en calquera punto da costa que cumpra os parámetros ambientais.
Por outra banda, PSOE e BNG rexeitan con rotundidade a implantación da nova planta en Touriñán.
Máis info : La Voz de Galicia, quepasanacosta , ABC
12 comentarios:
e a de camelle sacana ou non. xq prometer prometeron pero ainda nn moveron un fio
Eu non me fío un pelo destes do PP, esperemos que a saquen dunha p. ves.
que eu sepa en camelle ainda non a meteron, asi que non sei que carallo e o que teñen que sacar? con tal de que non a metan xa esta!
Pois señor anónimo,si esperamos a que a metan para despois sacala,tamos jodidos de carallo.
Moi bó, pasapalabra, ben contestado,je,je,je.
en camelle non se pode faser nada porque somos uha pandilla de virachaquetas
Señor anónimo,si tanto interes tes na puñetera piscifactoría podias facela na tua casa,sa cheira tanta piscifactoría de merda.
vamos ter q faser outra manifestasion!! jaja
En calquer punto da costa,inda cumprindo os parametros eses non.En Camelle non me sale a min dos collons de que a poñan.E se a poñen ou custame a carcere ou a vida,pro aljun ei de levar por diante.
Joder si aqueren facer en touriñan que a fagan,os de touriñan benderanlles os terreos todos e estan conforme coa piscifactoría pois quelle dean para adiante,pero a de Camelle que non afagán, porque eu creo quesi a queren facer vay aber unha guerra por tierra,mar y aire que teñan coidado.
Esa persoa "non grata" debe estar obsesionada con Camelle. Eu penso que debeu ter algún tipo de alucinación no que algún ente sobrenatural lle dixo que o noso pobo era da súa propiedade. A iso, unímoslle o seu xeneroso espíritu e o resultado é unha especie de "Mesías na terra prometida".
Ata aqui, todo estupendo. Pero hai algúns problemiñas nas súas fantasías: Camelle non é a súa terra e, desde logo, ninguén lla prometeu. Como dicides todos os colegas, que se vaia esquencendo de nós completamente, tanto ela coma os seus satélites en todo aquilo que teña que ver co Plan Acuícola.
Muy Bien Guany, así se fala!!! Casi todo o mundo pensa iso pero nin se pode falar que che comen ja ja teñen fame, teñen fame de poder.
Publicar un comentario