Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

martes, 16 de junio de 2009

Os relatos de Guany


Hoxe estreamos nova sección ( Os relatos de Guany ).

A partir de hoxe, a nosa querida usuaria e veciña de Camelle, Guany , expoñerá a súa sabia opinión sobre os temas actuais e novas deste blog.

Guany accedeu moi amablemente a colaborar neste blog e para min é unha honra poder publicar os seus relatos, dado a súas dotes intelectuais e dialécticas coñecidas por moitos, que encherán esta humilde páxina de sabiduría e cultura.
De novo, mil gracias Guany.

Relato:
Hoxe voume referir á noticia que lin no blog sobre as dificultades en conseguir un helicóptero de salvamente na nosa costa.

Para empezar, paréceme xenial que reduzan gastos e que se coiden moito de non derrochar aquilo do que son administradores (que non donos), se non queren que a xente se mosquee.
Ser prudentes nas inversións que fan cando se trata de cousas innecesarias ,por exemplo:
A cantidade de altos cargos que nunca souben moi ben se tiñan unha función real ou están alí porque hai que “colocar” a determinadas persoas.

O primeiro e iso: buscarle un sillón ergonómico a alguén con nome e apelidos. Despois, a ver qué tarefas se lle asignan a este personaxe (a función que faga é algo secundario). O verdadeiramente importante é incluilo na nómina e, despois, veremos que se lle pode dar para entretelo porque toda a xornada tomando café vai acabar poñendoo eléctrico e facer solitarios tantas horas, levarao a poñer gafas de “cú de vaso” antes de que remate a lexislatura en cuestión.

Podería ser que a súa función a realice, perfectamente, un florero, coa diferenza de que alegra a vista e só consume auga. Non digo que todos estean nesta categoría de “señores/paria”, nin moito menos, pero se fixeran un barrido, eliminando todos os cargos inútiles, quedarían presupostos para outros servizos á comunidade.
Din que isto está comezando a cambiar, pero moito me temo que sexa unha operación máis aparente que real. Oxalá me equivoque.

Doutra banda, os altos cargos, verdadeiramente necesarios, poderían facer “operacións de aforro” como aloxarse en hoteis normais (non digo cutres) e cousiñas polo estilo. Se queren reducir gastos, a listaxe sería longa de enumerar e non quero aburrirvos.
Unha das caras feas da economía difícil, é que cando os gobernos manifestan que é necesaria a austeridade, fano sempre apretándolle o cinturón aos cidadáns e non teñen por costume apretar os seus. Por algo, a xente está tan desencantada e só se move cando prefire calquera outra cousa ao que hai nese momento.

Nesta ocasión, parécelles un gasto excesivo destinar un helicóptero á Costa da Morte. Non creo que unha unidade lles supoña tanto descalabro económico e podería evitar que un accidente se converta nun drama nunha zona con tanta costa, cos perigos que conleva.

P.D. non sei se estaba soñando, pero ¿non estrearon un novo mísil, estes días no Ministerio de Defensa?.Coa última tecnoloxia, parece que é capaz de todo; semella a Superman ardendo. Creo que vai bautizarse co nome de AUSTERIDADE.. Terei que ir á farmacia para que me dean unhas pastilliñas que me eviten soñar con estas cousas tan raras.

7 comentarios:

María dijo...

Mólame como escribe a guany e dí verdades como puños, eres a mellor.

Xustiza dijo...

ta ben

karavich dijo...

Estou de acordo con GUANY en casi todo.Como xa escribira noutro comentario decía que a clase política actual,deixa moito que desear como administradores dos nosos recursos.Sobre todo leendo as notisias e vendo como usan avións militares o seu antoxo,mentras os nosos soldados andan en coches sin inhibidores de frecuencia por que non hai presuposto.Non obstante direiche que esto é a nivel nacional xa que o Ministerio de FOMENTO decidio recortar o presuposto que adica a Salvamento Marítimo.Tamén vexo un pouco inxusto meterlle as culpas a Xunta,xa que a nosa e unha das poucas,por non decir a única que conta con médios de salvamento propios,o que leva a un importante desenvolso do mermado presuposto co que conta a nosa autonomía.
Pero eso non quita que ELES deberian dar exemplo e reducir os seus honorarios.

xan dijo...

Guany, eu estou completamente dacordo en todo o que dixestes.Saudos.

karavich dijo...

Bueno,pos entereime que un helicóptero preparado para emerxencias e salvamento marítimo ven a costar en reximen de compra arredor de 7 millóns de € mais despois hai que sumarlle 1 millón mais o ano de gastos,entran mantemento,soldos e consumo.Así que vos opinaredes si é moito gasto ou non.Bueno,como decía meu abó:NUNCA PENSES QUE O XUSTO É O CORRECTO,POR QUE SI CHE METEN O DEDO NO CÚ,QUEDA XUSTO PERO NON E O CORRECTO.

xan dijo...

Helicóptero de salvamento: 7 millóns de euros.
Gastos do helicóptero : 1 millón de euros.
Vida dunha sola persoa: non tén precio.

karavich dijo...

O do valor da vida de cada ún meteraa o individuo en cuestión,por que a veces da a impresión de que algúns lle dan pouco valor,por que xa vemos moitas veces con que temporal saen o mar.¿Non será mellor preparar e concienciar a esta xente para que non asuman semellantes riscos?.O que pasa e que moitas veces empuxados po-lo vil metal e outras por envidias,lanzámonos o mar menospreciando o seu inmenso poder.
Bueno,si vos opinades que debía de seguir o helicoptero non vos vou a quitar a razón,pero xa que o quitaron teremos que meter mais da nosa parte para que non ocurran mais accidentes.¿non?.
Eu coñocín a un home que era medio amarjado que sempre me contaba:CANDO CRECÍN NON ME ACEPTARON NO EXÉRCITO PORQUE ERA MAIS INUTIL QUE UN TAMPAX NUN ASILO E EN CASO DE GUERRA SOIO PODERÍA SER "PRISIONEIRO"

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE