Despois de enterarnos por La Voz de Galicia e no Diario Oficial de Galicia de que as dúas asociacións camellanas ( Asociación de Veciños "A Pergoliña" e Asociación de Festas de Camelle ) recibiron cero euros en axudas da nova Secretaría Xeral de Política Linguística dentro do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, as entidades camellanas seguen a traballar pese a non recibir un euro.
Este é o caso da Asociación de Veciños " A Pergoliña ", que organiza para o vindeiro sábado día 20 de Xuño o San Xoán anticipado na praia.
Pola tarde farase o popular " Xogo do jalo " e sobre as nove da noite comezará unha gran sardiñada.
Pero non acaba aí a cousa, xa que despois das sardiñas virá a música.
O I Festival de Música Río d´area traeranos as actuacións das emblemáticas Cantareiras e Pandereteiras " Caramuxa " de Camelle e dos recoñecidos grupos de folk Madialeva ( A Coruña ) e Fol de veneno ( Carballo ).
Para rematar esta noite máxica, actuará a disco móvil do D.J. Imben.
Coma sempre, non podedes faltar, paso lista.
.
P.D. : a sardiñada estará amenizada polo kilombo camellán " O mellor de cada kasa ".
13 comentarios:
Pareseme unha das millores notisias para Camelle, recuperar o xogo do jalo..aljo mui positivo!
e faser esta Festa d´area!
aunque o que tá mui ben é a disco móvil IMBEN!! : ))
Cantoná...
Dixeronme os da Perjoliña que o do jalo van a faselo con unha cabesa de carton piedra,para non darlle paus o animal,pero o que lle dea si vai levar un jalo de carne e oso para faser un bo asado.
Noraboa os que orjanisan estas festas.¡¡¡ MALLADO !!!
non foi a nova Secretaría Xeral de Política Linguística a que non concedeu as axudas, xa que o feito de saian publicadas agora non significa que foran denegadas agora senón preguntade as correspondentes asociacións cando lles chegou a carta de denegación. Por favor que corresponde a unha orde do 2008 . Hai que ser realista e saber do que se fala .
Se pola orde do 2009 non se concede nin un euro a estas asociacións entón si que é culpa do PP , pero non queiramos lia-lo rizo .
Xa tades coa política e o mal rollo,aljún xa cansades macho.
Tase falando dunha festa en Camelle non de política.
O único que se dí e que as asociacións de Camelle non levaron un peso e eu tamén o leín na Vos así que non lle busques 3 pes o jato.Parese que tades amarjados.
¡¡¡ VIVAN AS FESTAS DE CAMELLE !!!
Eu un dia busqueille os tres pes o jato... e encontreillos macho!!! jajaja
Xa q recuperamos o xogo do jalo podiamos facer unhas olimpiadas de trompos e canicas.Pa cando actuaran ese grupo de musica incomprendido polas grandes discagraficas no seu pobo.Saudos e q sea leve,vouche mandar un video espectacular ...
Eu tamen teño tres pernas e duas ernias
O grupo incomprendido polas discograficas non quiso actuar no seu pobo.
ese jrupo justame moito, pero pareseme que nos fiseron un feo mui jrande!!
o do qimico nas patacas si QUE É UN BO TROMPO!!!BARRIGAS,jejeje
Sien,puxéronche a túa notisia en todalas pajinas,hasta na Vos de Galicia de hoxe.
Cóbralle bien que traballar por traballar e tontería,je,je.
Noraboa polo teu traballo,eres un crack.
AHI AHIII
FESTAAA!
A ARRASAAAAAAAAAAAAAAAAR
Publicar un comentario