Un usuario do blog mandoume unha foto dun animal moi curioso e pouco visto polo día na nosa zona, xa que é un animal de vida nocturna.
Trátase dun teixugo ou comunmente chamado porco teixo.
.
Este animal ( omnívoro ) estaba dándose unha boa enchenta de fresas e outros froitos no xardín dun veciño camellán, ata que foi descuberto.
Gracias por mandar estas fotos tan curiosas e poder compartilas con todos.
.
Máis info :
O teixugo mide entre 60-90 cm e ten un peso entre 7 e 13 kg.
É doado de identificar: na cabeza ten bandas brancas e negras, únicas.
É doado de identificar: na cabeza ten bandas brancas e negras, únicas.
As orellas teñen rebordes brancos; as patas e o abdome son negros e o lombo gris prateado. Parece un pequeno oso, pero tamén pode compararse a un peludo cocho, de feito fai uns ruídos característicos.
A súa pelaxe empregábase non hai moito para facer brochas de afeitar.
As patas dianteiras teñen uñas moi longas, poderosas, coas que escarva profundas covas.
Trátase dun animal de hábitos nocturnos, sendo moi raro atopalo durante o día.
O teixugo pode rubir polas árbores, aínda que non se atopa adaptado para facelo.
Tamén pode correr con certa rapidez e nadar.
En caso de perigo ao verse ameazado emite fortes bruídos (Reinochholf, 1995).
É moi xoguetón cos membros da súa especie, tanto de xove como de adulto e participa no aseo corporal dos compañeiros de especie.
É omnívoro, come animais como miñocas, caracoles, vermes, ras, pequenos mamíferos, prea, raíces, bulbos, froita ou castañas.
Habita en bosques frondosos e mixtos, é solitario.
Defeca sempre nos mesmos lugares e vai sempre polos mesmos sendeiros polo que é doado dar con el.
Escava numerosas madrigueiras na terra que son usadas pola familia.
Toma parella para toda a vida.
As galerías das súas madrigueiras son moi complexas, con catro a oito saídas.
As cámaras de repouso están a metro e medio de profundidade.
Xeralmente as covas do teixugo desembocan en auténticas covas naturais.
Hiberna, e nos seus sonos invernais, que poden durar varias semanas, vive das reservas de graxa acumuladas durante o outono.
O teixugo tratouse de domesticar sen éxito.
13 comentarios:
verdade que bonito o teixugo do meu roeiro,mesmamente parece un oso panda,e non vexas o que comio de fresas que tiñamos plantadas, polomenos comio 3 kg.
eso si para subir para o monte era bastante lento.
Eu fai un mes vín un ijaual polo cementerio.
que cabron jodioche as fresas!! e non o matastes?
anonino, sa se ve quen e o animal?
pena das.
pois eu pejaballe co sacho no medio do lombo, e tronsaballe o espiñaso. Pa que sepa quen e a especie dominante na terra.
Así nos vai na terra con xente coma tí, animal...
Espero que cando teñas fillos, os eduques doutra maneira, xa que a tí non che educaron de pequeno e por eso dis esas sandeces.
os fillos xa os teños eu non os educo amariconados como tas ti.
Elojo hay que deixar que os bichos invadan o noso terreno e fajan o que queiran. como se nota que ti non traballas e non che doe que che desfajan o traballo.
Canto animaliño hai polo mundo e non solo de catro patas...
pois pa que o sepades que o levou foi a protectora de animales de oleiros,non fai falta tanta violencia, e sabes que che digo que canto mais coñezo as persoas mais lle quero o meu can.
Normal que cada vez que coñeces as persoas mais lle queres o teu can , non eres o unico que o pensa. A violencia aos animais é unha cousa demasiado bestia.
Ese animal non lle estaba facendo mal a nadie , sei que que os animais anden nas leiras ..etc que deron traballo que algo duro pero eles é donde andan . Donde van andar?Sintoo por el que o levara a protectora. Que por certo non sei pero non da collido ao pastor aleman de Traba ( que xa é outro tema que non se da arreglado)
Eu fai dous meses atropellei un o sair de Camelle. POBRIÑO QUE PENA ME DOU!
SIENFUEJOS, ES UN OSO HORMIJERO! DESES QUE HAY EN VENESUELA, JE,JE
o do pastor aleman de traba,xa chamei o ayuntamiento catro veces,e dixeronme que ian a mandar a perrera e ainda non chegou hoxe, estes estan a facer orella sorda, pero o dia que colla unha persoa e lle faga como lle fixo a un canciño pequeno que o matou, e o meu deulle unha malleira que lle rompeu unha costela,eso si que vai a ser grave.
incluso chamei a protectora de animales,pero dixeronme que eles non no podian levar que eso era cousa da perrera. o dono e un de traba que me parece que xa foi a garda civil xunto a el e negoulle que o can fose de el o mui cara dura.
Publicar un comentario