1. A Asociación Cultural Festas de Camelle, presidida por Perla, xa está a traballar arreo para as vindeiras actividades programadas para este Outono.
O día 7 de Novembro celebrarase o II Desfile de Moda na Casa da Cultura (Colección Outono-Inverno) e no que haberá modelos de tódalas idades, igual que o celebrado en Maio deste ano no Día das Letras Galegas.
Este mesmo día tamén se fará a II Festa Gastronómica de Camelle, no que o protagonista será O CARLOU.
Actuará "Paco e o seu bastón", as Cantareiras de Camelle e moitas máis sorpresas.
O día 28 de Novembro celebrarase tamén na Casa da Cultura o xa coñecido Magosto camellán e o día 5 de Decembro a Cea de Nadal.
Xa iremos ampliando estas actividades según vaiamos obtendo máis información.
2. Como xa todos saberedes, estáse a grabar en Camelle un novo documental sobre a vida e obra de Man.
Nesta ocasión, a productora galega Gseis Audiovisuais prepara un documental para a TVG na que conta cos testimonios de 25 camelláns que coñecían moi ben a Man, como Chita, Manolo "Pitara", Tono, etc.
As grabacións xa están a piques de rematar e a finales de Novembro debería de estar entregado na TVG.
Máis info : La Voz de Galicia
4 comentarios:
Eu creo que neste pueblo hay sente que conosio o aleman mellor que eses que nombraron.
Sa outras veses diseron cousas que non biñan o caso pero sei que ubo rapases de camelle QUE CASI SE CRIARON CON EL e a ninjun de eles nunca lle preguntaron nada e eses si que saben e non oir tonterias como din aljuns.
pero asta tes celos do finado do aleman. Vale a pena q n salas da casa porque.....
Que asco dá aljún,calquera cousa que se poñe nesta pájina siempre hai quen critique e meta sisaña,que asco.
boh, o desfile q vaia sua nai
Publicar un comentario