As última novas que aparecen no blog inspíranme o escrito de hoxe, comezando polo tan traído e levado comentario da descerebrada Rosa Díez. Estamos quentiños con esta "elementa". Espero que non teña un puñetero voto na nósa terra.A resposta dos galegos á Sra. Díez está sendo contundente nas redes sociais para que se entere ben de que aqui non ten moito futuro xente coma ela porque os galegos non somos persoal de terceira aínda que algúns se empeñen en todo o contrario. Non estamos dispostos a tolerar comportamentos como os de esta pretenciosa señora e permanecer de brazos cruzados. Venme á cabeza como describía un coñecido o oficio das persoas vanidosas, empachadas de se mesmas, trepando todo o posible créndose un modelo de talentos. Chamáballe " pretendientes a auxiliar de dependiente". Deprímeme que a tipa sexa a política mellor valorada actualmente ¡como vai o país para que esto suceda!.. Ata pode ser que se cumpran as súas pretensións neste río revolto, máis ben, totalmente enfangado. Lamentable.
Unha boa nova, penso, é a do nomeamento de Digna Romar como presidenta na nosa asociación substituindo a Luís, quen dedicou tanto do seu tempo e enerxía para apoiar a Camelle cando era necesario, enfrontándose a quen fose. Para aforrar algún tipo de comentario en contra, vaia por diante que nunca lle gustamos a todo o mundo, máxime cando as verdades e loitas van radicalmente en contra dalgúns intereses. Tamén me sorprendería que certo número de persoas estean desconformes co nomeamento de Digna, cando ela xamais lle fixo dano a ninguén que se saiba; é unha camellana auténtica, excelente persoa e posuidora dun destacado carácter. Disposta a máis dun sacrificio para ser a presidenta da asociación, cousa de agradecer. Digo que me sorprendería se descoñecese o feito de que A Pergoliña moléstalle a algúns así como aos que simpatizamos con eles e as súas causas porque son as nosas propias. Fagamos o que fagamos e digamos o que digamos, sempre hai algún elemento que procurará desvirtuar aquilo que se diga ou faga e xa sabemos os porqués.Polo tanto, calquera exposición ou consulta sobre camelláns relacionados coa Pergoliña ou xente afín, terá unha resposta sesgada no seu conxunto. De calquera xeito, aqueles que non a consideran adecuada...
¿por que non se presentaron como candidatos?.
¿Será que non os quere ninguén?
Cambiando de terzo, magnífico o artigo de Arturo P. Reverte. Este español traspasou as nosas fronteiras a unha idade relativamente temperá polo seu recoñecido talento sen descartar a existencia de operacións de marketing. Lúcido como poucos escritores actuais.
A miúdo, demoledor, falando co estómago como di el porque Reverte non arrima a súa sardiña a ningunha ascua; está por encima diso e a moita distancia dos que se arrastran para sacar tallada. Labrouse o seu futuro traballando como reporteiro de guerra durante moitos anos. As súas dilatadas, perigosas e interesantes experiencias fixeron deste home, agudo de seu, o personaxe actual que converte en ouro a súa producción literaria conseguindo unha autosuficiencia evidente e a admiración de moitos. Creo que é o que se di un tío independente e comparto totalmente a súa visión como xa teño comentado algunhas veces (coas abismais diferenzas expositivas entre un escritor brillante e unha afeccionada, cuxas dedicacións cotiás pouco ou nada teñen que ver coa literatura).
Tamén comparto con Reverte a confianza de que, no medio de tanto cretino, existan persoas decentes. O lamentable é que a súa suposta acción honrada non se traduza en realidades palpables. Tal vez fuxiron ou desprazáronos; outra das posibilidades é que se resignaran a convivir entre o lixo, sabendo que calquera outra opción é peor. O que non se percibe é a súa existencia vendo o rumbo que levan as cousas. Están desaparecidos aparentemente. Como diría un galego "no sentido pexorativo da palabra" parecen estar a velas vir. A miña pregunta é ¿existen verdadeiramente ou necesitamos introducir algunha utopía na nosa vida cando o futuro aparece de cor gris tirando a negro?.
Benvidos camelláns
Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Buscar neste blog
¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?
domingo, 7 de marzo de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Últimos comentarios
chat camellán
Predición do tempo en Camelle
El Tiempo en Camelle
Predición do tempo e mareas
Prensa
as miñas páxinas
páxinas antirodaballo
XOGO ( Marble lines )
Seguidores
Archivo del blog
-
▼
2010
(89)
-
▼
marzo
(18)
- ¿Quén matou ao coche eléctrico?
- Humor
- PERDIDOUS (Episodio III)
- Os monólogos de Manolo
- Camellanas con iniciativa: Perruquería e estética B&M
- Lembranzas do pasado: Campo de fútbol O Rodeiro
- Vídeo de humor (Nimportequi)
- Humor
- Portos de Galicia construirá un almacén para os pe...
- Vídeo musical: MACHINA
- Asombroso discurso dun veterano da guerra de Irak
- Vídeos do documental "Naufraxios na Costa da Morte...
- Os relatos de Guany
- Os monólogos de Manolo
- Prorrógase o I Premio "MULLER POLA IGUALDADE"
- Entroido en Camelle - 2010
- Camelle en Cuarto Milenio
- Humor (Macaco suicida)
-
▼
marzo
(18)
-
►
2009
(259)
- ► septiembre (17)
No hay comentarios:
Publicar un comentario