Portos de Galicia comezará nos próximos días as obras de edificación dunha caseta almacén no porto de Camelle. A actuación foi solicitada no seu momento pola confraría de pescadores de Camelle, e suporá un investimento de 20.000 euros.
A futura construción poderá ser utilizada como garaxe e almacén para as motos dos vixiantes, a máquina hidrolimpadora e outros utensilios.
Por outra banda, xa está practicamente terminada a fabricación dos tres portalóns que se colocarán no edificio da lonxa camellana. O proxecto consiste en cambiar a localización dos actuais accesos co fin de permitir a colocación dunha fábrica de frío e conxelación, ademais de incrementar a altura das entradas para que poidan utilizalas os camións.
Polo momento, o servizo da lonxa segue en mans municipais, pero a confraría de Camelle xa solicitou o traspaso da súa xestión.
Por outro lado,o patrón maior da confraría de pescadores de Camelle,solicitou a instalación de cámaras de vixilancia no porto camellán por mor da proliferación de roubos. Fai unhas semanas a Garda Civil detivo a catro mozos de Camariñas como autores do roubo de depósitos de gasolina e outros elementos de embarcacións. Ademais, coa vixilancia preténdense evitar danos a propiedades de patróns maiores ou presidentes de agrupacións.
No porto de Corme xa está en proxecto esta actuación por parte de Portos de Galicia.
Máis info : La Voz de Galicia, La Opinión
Benvidos camelláns
Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Buscar neste blog
¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?
viernes, 19 de marzo de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Últimos comentarios
chat camellán
Predición do tempo en Camelle
El Tiempo en Camelle
Predición do tempo e mareas
Prensa
as miñas páxinas
páxinas antirodaballo
XOGO ( Marble lines )
Seguidores
Archivo del blog
-
▼
2010
(89)
-
▼
marzo
(18)
- ¿Quén matou ao coche eléctrico?
- Humor
- PERDIDOUS (Episodio III)
- Os monólogos de Manolo
- Camellanas con iniciativa: Perruquería e estética B&M
- Lembranzas do pasado: Campo de fútbol O Rodeiro
- Vídeo de humor (Nimportequi)
- Humor
- Portos de Galicia construirá un almacén para os pe...
- Vídeo musical: MACHINA
- Asombroso discurso dun veterano da guerra de Irak
- Vídeos do documental "Naufraxios na Costa da Morte...
- Os relatos de Guany
- Os monólogos de Manolo
- Prorrógase o I Premio "MULLER POLA IGUALDADE"
- Entroido en Camelle - 2010
- Camelle en Cuarto Milenio
- Humor (Macaco suicida)
-
▼
marzo
(18)
-
►
2009
(259)
- ► septiembre (17)
No hay comentarios:
Publicar un comentario