Tal día como hoxe, fai exactamente un ano, o blog de tódolos camelláns e camellanas, quepasaencamelle, empezou as súas andazas no pobo máis fermoso da Costa da Morte, Camelle.
Ao longo deste ano, pasaron moitísimas cousas no noso pobo, cousas boas e non tan boas, que nos fixeron pensar, rir, chorar, recapacitar,etc. e este humilde blog o que pretendíu e pretende, é contar todo isto da mellor e veraz maneira posible.
Este blog, como dí na súa presentación, tratou sempre de ser un lugar de expresión para tod@s, e sen a vosa axuda e colaboración, nunca sería o que é.
A verdade, non vos vou a enganar, houbo moitos momentos que quixen tirala toalla, moitos momentos de dúbidas, presións, ameazas, coaccións... pero polo cariño e devoción que lle teño a este pobo e a tódolos camelláns, sempre pasei as tormentas o mellor que poiden e seguín para adiante, porque hai algo no meu corazón e na miña cabeza que me dí sempre que siga porque me debo a todos vós.
Non vos podedes imaxinar as horas de traballo diante desta pantalla que pasei ao longo deste ano, por iso e antes de nada, quero agradecer a miña parella a súa infinita paciencia por aguantarme e decirlle dende aquí que é a quen máis quero neste mundo.
quepasaencamelle pasou de ser nos primeiros días de vida un blog de amigos, a ser unha referencia no noso pobo en canto a información.
Cunha media diaria de 100 visitantes, con picos de máis de 200 visitas ao día e 280 entradas no que vai de ano, o noso blog serve para que páxinas punteiras da Costa da Morte como quepasanacosta e diariocamariñan publiquen as nosas novas; tamén outras páxinas de Ferrol, Pontevedra e Santiago publicaron algunha nova deste blog, incluso La Voz de Galicia tamén se servíu do noso blog para algunha das súas novas.
Quero agradecervos a tod@s a vosa colaboración desinteresada neste blog, por moi pouca que fose, non vos poido nomear a todos porque seguramente se me esqueza alguén.
Tamén non me quero esquezer de tódala xente camellana que nos sigue dende lugares como Lugo, Pontevedra, Ourense, León, Madrid, Asturias, País Vasco, Canarias, Mallorca, Barcelona, Sevilla, Melilla, Málaga, Alicante, Londres, Suíza e outros moitos lugares.
Quero agradecer especialmente as persoas que colaboraron neste blog dende os seus comenzos como Trenquiño ( por tanta axuda prestada ), Chipirón ( tí désteme a idea de facer o blog ), Guany ( pola túa colaboración e sabiduría ), Revolucionaria ( por tanta información ), Croco ( pola gran axuda prestada ), Chuky ( por ensinarme tanto ), Ubaldinho ( por ser un espello para mín ), Perla ( pola información prestada ), Sabeliña ( por ter esta páxina de favorita ), Camellana e Barrosa ( por seguirme dende o primeiro día ) e Suso de Ferrol, Olveira e Alfonso de Seiruga ( por seguir a páxina diariamente ).
Mimadriña, como me enrolei...!!!, bueno, isto é un recopilatorio do máis visto neste blog ao longo deste ano:
- Vídeos máis vistos ( pinchade nos enlaces si queredes volver a velos ) :
- Novas máis vistas e comentadas :
- Primeiras novas do blog :
6 comentarios:
ZORIOOOONAK!!! y como no!! que cumpkas muchos mas!!
Eres un tío cojonudo e a páxina que fas pos de Camelle é indispensable.
A seguir asi....
Cando imperaba o pensamento machista, dicían "detrás dun gran home, hai una gran muller". Hoxe é un pensamento obsoleto, pero, unha parella inflúese mutuamente sen dúbida, polo tanto.... ¡arriba Silvia, tamén!.
Manciño: publícame a dedicatoria que fixen para ti se non queres que che pase o que a Bush: caerache un zapato na cabeza ¡de tacón alto!.
Noraboa polo aniversario do blog,eu miro tódolos días, sije así.
Dee naDaa homee !
Unhaa paxina coma estas ainas quee seguir desde o primeiro e hasta o ultimo momento. Gracias a ti por faceeR un bLooG como esStee !!
veÑaa ,, a cuiidarsee ! e a ver quee fotos subees do carmeen eh
jaja
Eu quería darche o meu mellor parabén por esa constacia e esas ganas de dar a coñecer o que pasa no pobo de Camelle, que aínda que pareza fácil ter un blog hai que ser moi constante e non tirar a toalla a primeira de cambio. Sinceramente téñome reido moitísimo con este blog, pero tamén tiven momentos de indignación e impotencia, saber que había cousas e causas inxustas e moitos insultos gratuítos, pero iso é o de menos, porque tamén serviu como desafogo da rabia e ira de moita xente e iso supoño que de certa forma é bo.
E nada máis!, dicirche que aínda que este blog o mantés e actualizas ti, xa forma parte da vida da xente de Camelle, e creo que case todo o mundo en máis ou menos cantidade, está orgullosa del. Así que o único darche ánimos para que sigas moitos anos máis informándonos de todas as noticias e acontecementos de Camelle. Ah! non pensastes nunca en facer unha apartado SALSA ROSA, je,je!
Publicar un comentario