Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

sábado, 6 de febrero de 2010

Os relatos de Guany


1969 en Camelle.


No verán dese ano, o home pisou a lúa por primeira vez e fíxose sen grandes repercusións prácticas para a vida dos terrícolas a curto prazo. Sen embargo, desde outra perspectiva, as incursións espaciais desembocaron en grandes avances, evidentes no campo das comunicación, como sabemos.

Probablemente non o saibades pero o aterraxe na lúa, alá polo ano 1969, foi visto en Camelle no único bar que tiña TV. Estaba situado na última curva antes de chegar ao porto, indo polo pobo (foi estanco anos despois).

Según información dos máis maiores -que debían estar ata as orellas das miñas constantes preguntas-, o persoal concentrouse alí para ver aquel evento porque nos fogares non había TV. A situación era sumamente precaria dentro daquela ditadura castrante (como todas elas) cun altísimo índice de analfabetismo. O custe dun aparello de televisión resultaba completamente inasequible. A economía sustentábase na pesca, apoiada pola agricultura. O que máis e o que menos cultivaba os seus terreos, básicamente con patacas e millo polo que os aportes de carbohidratos estaba asegurada. Ademais do peixe, o produto estrela era o porco criado na casa, que non tiña desperdicio desde as orellas ata o rabo, pasando polas tripas. Moitos camelláns andaban emigrados nesa época.

Os reis magos traían caramelos, figos e uvas pasas para os nenos. Nin sequera envoltos en papel de regalo; poñíanos dentro dos zapatos. Por suposto, o concepto de asepsia era descoñecido nas localidades pequenas. Ignoro a reacción daqueles nenos pero imaxino que se sentirían tan felices coma hoxe cunha Xbox porque non coñecían outra cousa nin tiñan consciencia da situación, por sorte para eles. A obediciencia, tanto a pais como a mestres ou autoridades era total.

Neste contexto, aterraron na lúa Amstron e Aldrin por primeira vez mentres Collins quedaba dentro da nave espacial. Aquilo era ciencia-ficción e non só en Camelle. Materializábase así a profecía de Kubrick na súa obra mestra “2001 odisea del espacio” e a xente non daba crédito ao que vía. Polo visto, os máis escépticos manifestaban que se trataba dunha tomadura de pelo porque lle parecía imposible que ninguén puidera atravesar a atmósfera dentro dunha cápsula, aínda que fose envolto naquela indumentaria a modo de choqueiro con ouriñal na cabeza incluído. Punto aparte, era o xeito de camiñar polo sólo da lúa.... que producíu o cachondeo xeral daqueles camelláns incrédulos. A gravidade soaba máis a estar cun pé na tumba que a ningunha forza exercida por corpos celestes. Éralle moi útil ao sistema aquel ter á xente nesa situación de semi/cegueira.

É curioso que corenta anos despois siga existindo a teoría (polo visto, desatinada)de que todo foi un paripé, un engano, pura representación. Sen embargo, arredor dun 90% de norteamericanos considérana certa. Aqueles camelláns que non acabaron de crer o aterraxe na lúa foron, sen sabelo, uns dos precursores desta crenza actual de moitos habitantes USA. E chamábanlle tolos en Camelle no ano 1969....

3 comentarios:

nw6 dijo...

E certo que por esos anos non habia moitos aparatos de tv,sobre todo nas casas,pero algun mais que ese que nombras si que habia.
Eu recordo que o Soriano na taberna que tiña no "Cuartillo" e Maria de Pura e Aurelia na "Fonte do caño"xa tuveron tv antes de esas datas.

karavich dijo...

Poi eu,a verdade,non sei si nese ano había moitas televisións ou non,por que a mín collíme moi noviño,(1 ano).Pero o que sí creín mentras fun rapáz,foi o de que os americanos foron a lúa.Logo a medida que pasaron os anos,e coñecendo mellor como fan as cousas nós EE UU funme volvendo mais escéptico sobre o tema éste.Por outra parte,os americanos sempre nos estuveron vendendo o da posible invasión dá terra por parte dos alienigenas,e non se dan conta que son eles os que queren invadir ou colonizar os demais planetas que están mais perto de nós.

Guany dijo...

Hola peña. Gústame moito que, se alguén pode engadir ou modificar información sobre situacións do noso pobo, poña o seu graíño de area porque hai matices que se poden escapar da memoria de quen contou as historias aquelas. Xa vos digo que mo contaron porque eu non fun testigo. Do que teño constancia por varias persoas é da situación socioeconómica de Camelle en 1969.
Saúdos a todos, especialmente aos que participades activamente.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE