OS DIFERENTES
A pesar de ter superados unha serie de tabús e despois de moitas ideas obsoletas aparentemente, parecen que aínda seguen coleando comportamentos indicativos de que cambiamos máis na teoría que na práctica e de que aquilo que resulta diferente tardamos tempo en encaixalo (ata certo punto, normal), pero moitos de nós parecemos máis resistentes a aceptar ás persoas distintas en función da raza, cultura, estatus, sexo, etc... Será que algúns esquemas son moi difíciles de cambiar. Non temos nada contra os negros pero a posibilidade de ter un neto de cor café, probablemente nos quite o sono.
Referireime, entre os diferentes, aos homosexuais; non sei se porque e o que máis abonda en calquera dos nosos ámbitos ou porque, teño que recoñecelo, espértanme simpatía; a comunicación con eles é máis simétrica, "de igual a igual". Parece que teñen unha sensibilidade especial e tal vez iso lle facilite a empatía coas mulleres sen outras connotacións. A súa maneira diferente de enfocar a existencia non é nin mellor nin peor. A parella heterosexual, ideal da sociedade, non é ideal para todos.
De por que existen non parece haber unha resposta unánime; parece que predomina a idea de que se debe a mestura de xenes/ambiente. En todo caso, compételle a outros este tipo de explicacións.Por outro lado, a orixe das cousas ten moita importancia para averiguar as solucións e non é o caso, a pesar de que durante moito tempo foron considerados enfermos, vagos e maleantes, marxinais, etc.. O que me interesa son as súas vivencias nun mundo tantas veces hostil e inxusto con eles. Un apunte: desde 1990 deixou de ser considerada enfermidade oficialmente pola OMS. Curiosamente, en EE UU, uns anos antes, parece que pola presión social que existía.
Teño a impresión de que cos homosexuais andamos dalgunha maneira dando bandazos entre a aceptación e a repulsa, dependendo en certo modo, de cal sea a súa posición social, características individuais e as das persoas que os observan. Empeñados en poñerlle etiquetas de esto e do outro, tampouco nos molestamos moito en coñecelos; se acaso, pecharlle a porta do armario para que non desentonen. Todos coñecemos a eses iconos exitosos, encantadores, solidarios e cunha morea de atractivos. Posiblemente, calquera que reuna estes atributos é plenamente aceptado, independentemente da súa inclinación sexual, sempre que o observador non estea cargado de prexuizos. Pero na súa traxectoria anterior, intúese que pasaron eles e a súa familia un longo calvario pola incomprensión dos demais.
Refírome a nosa cultura, ao chamado Primeiro Mundo. As diferenzas existen cando destacamos sobre a norma e esta non é a mesma en todos os sitios nin en todos os momentos. Nalgunhas tribus de indios americanos como os Two Spirits, ademais de aceptalos, teñen un trato preferente cara a eles por consideralos seres elexidos como nexo de unión entre os homes e o mundo sobrenatural. No polo oposto, en canto a "refinamento" ,para os gregos era unha situación bastante normal. Resulta evidente que, en situacións deste tipo, a homosexualidade non presenta ningún problema, pero sucede todo contrario nunha sociedade competitiva, que sobrevalora os homes de pelo en peito, desprendendo testosterona polos poros da súa pel, estilo John Wayne, onde aqueles que se amosan "brandos" son motivo de ironía, represión ou, incluso, trato vexatorio.
Por sorte para eles, actualmente, as leis favorécenos no noso país. Os homes xa non cazan con frechas para sobrevivir nin están obrigados a fuxir dos mamúts para salvar o tipo; o pelo no peito acaba triturado pola Epilady e o ambiente que se respira no barrio madrileño de Chueca, por exemplo, é de todo menos marxinal. Sen embargo, porque están vivindo unha situación normalizada en canto aos seus dereitos, hai grupos ultraconservadores extremadamente ríxidos nas súas ideas aos que lles gustaría volver a incluilos na categoría de "vagos e maleantes" , negándose a consideralos como iguais. Parecen vendar os ollos ante a evidencia de que a homosexualidade nin é nada novo (vai ligado á existencia humana e tamén animal), nin é unha desviación, enfermidade ou perigo para a propagación da especie. Esta segue o seu curso coas restriccións que impoñen outro tipo de causas, alleas á homosexualidade como poden ser a falta de medios para manter unha familia extensa ou a libre decisión de non rodearse de fillos.
Tampouco se trata dun vicio a non ser que apliquen o substantivo a todo o mundo cando se relaciona na intimidade con quen e como mellor lle pareza, entendéndose como unha relación libre e mutuamente consentida. Choca, sen embargo, que moitos destes censores cos homosexuais sexan bastante laxos ou permisivos co abuso a menores, cousa que arrepía a calquera persoa mínimamente ben nacida. A semana pasada lía na Opinión as declaracións dun personaxe relevante dicindo que a pederastia formaba parte das debilidades humanas. Caeume o líquido que bebía; directamente, babeime de café.
Benvidos camelláns
Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Buscar neste blog
¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?
domingo, 21 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Últimos comentarios
chat camellán
Predición do tempo en Camelle
El Tiempo en Camelle
Predición do tempo e mareas
Prensa
as miñas páxinas
páxinas antirodaballo
XOGO ( Marble lines )
Seguidores
Archivo del blog
-
▼
2010
(89)
-
▼
febrero
(24)
- Alerta vermella
- O PP de Camarñas pregunta pola Fundación Man
- Fotografía+ondas+surf = CLARK LITTLE
- "Esa xentuza"
- Campaña "Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego"
- Rosa Díez insulta aos galegos
- PERDIDOUS (Episodio II)
- Os monólogos de Manolo
- Os relatos de Guany
- "Fervenza de neve"
- Foto curiosa
- Info Asociación de Veciños "A Pergoliña"
- Info Festas de Camelle
- Os monólogos de Manolo
- Historias extraordinarias
- Os Goya "en galego"
- Avatares palestinos VS soldados israelís
- Foto antiga
- Os relatos de Guany
- Os monólogos de Manolo
- Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (Camelle)
- PERDIDOUS (Episodio I)
- Portos de Galicia retira as pedras do porto camellán
- Info blog
-
▼
febrero
(24)
-
►
2009
(259)
- ► septiembre (17)
3 comentarios:
Estou dacordo es casi todo contigo,querida Guany,salvo en duas ou tres cuestións.
Estas persoas,¿marxinámolas ou automarxínanse elas?,ahí está a cuestión,por que nás grandes cidades,viven en barrios casi a modo de guetos.Ademais,os primeiros que se dan conta da súa rareza son eles mismos,e o primeiro que fan e ir vivir a esas zoas,¿e por medo?,pode ser,pero a estas alturas penso que non debería de ser eso.
A maioría,seguramente,no tema este, somos indiferentes,danos igual,pero ¿é necesario que o teñamos que vivir continuamente ná televisión?
Tamén dís que os grupos ultraconservadores son os mais reacios a incluir ná sociedade a este colectivo.Bueno,pode ser.Pero creo que foron os gobernos de corte ultraliberal os que mais homoxesuales asesinaron.
En problemas que aqueixan a sociedade actual,a de haber persoas que lle den mais importancia que outras,e dentro dó colectivo éste,igual.Hay os que son mais sensibles e outros que o son menos ,como en toda casa de veciño.Ah,por certo,uns dos primeiros casos que houvo en España de proxenetismo con menores foi o chamado caso ARNI,e os que alí estaban inculpados,casualidade,uns aniños despois saíron todos dó armario.
Bueno,aburiño e gustame que toques con tan bó tacta os problemas que aqueixan a nosa sociedade.
Amigo Karavich: máis que rebatirche, escribo para saudarte.En canto aos gays, non creo que se automarxinen porque si. Viven onde lles cadra como facemos case todos, pero tenden a xuntarse en zonas concretas para divertirse e pódoche asegurar que por alí podemos andar todos tranquilamente sen máis problemas que en calquera outro sitio (eu diría que menos). No tocante a ARNI, algunha xente coñecida como Jesús Vázquez e Jorge Cadaval xa foron condenados a priori por case todos nós.A TV acostuma a ser moi pesada coas noticias que teñen algún impacto (e tes razón en que cando collen un asunto, repítennolo ata morrer de asco) pero ninguén demostrou que fosen culpables de nada. Para Jesús, según propias declaracións, aquilo foi un inferno e marchou para Londres porque lle resultaba insufrible vivir aqui acusado por todo o mundo.
En canto ás persoas máis represoras con eles, dificilmente poden ser liberais porque sería un contrasentido. Un liberal ama a liberdade, a súa e a dos outros.
Unha persoa que asasina ou manda asasinar a outra, sexa polo que sexa -coa excepción da defensa propia- non é liberal nin conservador nin gaitas. É un asasino, sinxelamente.
Un bicote.
Sí,tes razón,caín ná confusión de asociar conservadurismo coa dereita e liberalismo coa ezquerda,pero non é así,por que as dictaduras que siguen aínda hoxe en día matando a persoas po lo simple feito de ser gay,non teñen nada de liberales,o revés son como tí dís ultraconservadores.Por outra parte penso que a discriminación que sufren é mais debido a influencias relixiosas que a influencias políticas.Non sei,pero creo que é así.
SAÚDOS
Publicar un comentario