Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

lunes, 23 de noviembre de 2009

Info marítima


   1-  Incautados 351 kgs. de centola no porto de Camelle.
O servizo de Gardacostas de Galicia retirou este pasado venres distintas artes de pesca ilegais nas rías de Corme e Laxe, e Camariñas. Ademais, os axentes fixéronse tamén cunha importante cantidade de marisco, especialmente centolas, que na súa maior parte foron devoltas ao mar por atoparse vivas.



A maior cantidade foi localizada nas proximidades do porto de Camelle. Alí, en sete salabardos, foron atopados 351 quilos de centola. Todo apunta a que ese marisco non estaba destinado á súa venda inmediata, senón á espera de que se abrise a veda (hoxe) para poder vendelo entón. Con todo, durante os períodos de veda non só está prohibida a extracción, senón tamén a captura mantendo os exemplares en cautividade.


As centolas foron localizadas e liberadas por axentes da Consellería do Mar a bordo da embarcación de vixilancia Paio Gómez Chariño . A mesma patrulleira localizou outras artes e capturas ilegais no contorno de Santa Mariña. Alí apareceron 61 quilos máis da mesma especie, ademais de 21 nasas situadas en zona prohibida. Noutros dispositivos atoparon tamén 27 quilos máis de centolla e outros 6 de lubrigantes.


Mentres a Paio Gómez Chariño traballaba na ría de Corme e Laxe, a Susana de Luzes facíao na de Camariñas. Alí localizaron outros 192 quilos de centolla, 4 de lubrigante e 18 de santiaguiño. Todos os exemplares atopábanse en gaiolas ilegais.

A operación culminou coa incautación doutras nasas e aparellos ilegais en Muxía, onde tamén foron localizados oito quilos e medio de nécora.
 
Máis info :  La Voz de Galicia, Europa Press, quepasanacosta, ABC, El Correo Gallego
Foto :  quepasanacosta
 

  2-   Descobren no fondo mariño un novo polbo "con orellas"
Máis de 344 científicos de 34 países, entre eles España, englobados no chamado Censo de Vida Mariña inventariaron ata agora unhas 17.650 especies das profundidades mariñas que viven a uns 5.000 metros de profundidade e que nunca viran a luz. O seu traballo é o resultado de dez anos de investigacións que aínda continúan adiante, xa que para outubro do próximo ano espérase que se presente o informe final do censo.



¿Que é o que se atopou? Entre outras especies, un polbo xigante que se despraza con ás que parecen orellas de elefante, un organismo que forma parte do plancto que parece un antigo broche de ouro ou un verme da familia dos pogonóforos, que se alimenta de petróleo a 990 metros de profundidade, cerca do golfo de México. A vida nas profundidades do mar semella rica e colorida, a pesar de que non chega alí nin un raio de sol.


«As augas abisais son o ecosistema continuo máis grande do mundo e o maior espazo para o desenvolvemento da vida. Ao mesmo tempo é o menos investigado», dixo Chris German, do proxecto internacional Censo de Vida Mariña, que desde o ano 2000 leva a cabo unha especie de inventario dos organismos que viven na auga. Das máis de 17.000 especies localizadas, 5.722 viven a máis de 1.000 metros de profundidade e as restantes en rexións que están por baixo dos 200 metros.
 
Máis info e foto :  La Voz de Galicia

1 comentario:

Anónimo dijo...

O pulpo ese parese o orelludo de Camelle,ja,ja,ja.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE