Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 12 de noviembre de 2009

Os relatos de Guany


A COSTELA DE ADÁN


Polo que nos contan sobre o xénero feminino ao longo dos séculos, non pode dicirse que lle fose doado visto cos ollos de hoxe. O home, ata hai moi pouquiño, foi quen tivo a tixola polo mango. Aquelas paréntesis de matriarcado, non foron o máis estendido. En Galicia ten certa fama pero non se libraba das tinguiduras machistas.

Por outro lado, hai feitos curiosos: din algúns antropólogos que entre os primeiros homínidos, a muller tiña un papel fundamental ata o punto de que dirixía o grupo no seu camiñar por aquelas terras inhóspitas de África. Parece que lles tiñan pánico á noite; non entendían porque aquela cousa que lles daba luz e calor desaparecese sin máis explicacións, deixándoos condenados á negra tristura e ían na busca daquel obxecto redondo de cor amarela, que escapaba do ceo todos os días.Nesa persecución, foron explorando terras novas, guiados polas mulleres do grupo.Tamén se di que os homes inventaron o lume pero foron elas as encargadas de coidalo.

Cando deixaron de ser nómadas e agrupáronse en asentamentos, apareceron os roles de cada un ante necesidades que xurdían das situacións novas. Para elas a vida doméstica.... E así, máis ou menos, durante longos períodos. Suponse, xa que apenas hai datos, que non foi mal considerada entre os homes primitivos, cando a existencia era xenuina sen máis complicacións que as de sobrevivir sinxelamente; o que miña avoa chamaría "algo salvaje" ou a xefa dunha multinacional: "poco refinada".

A cousa empeorou cando se incorporaron elementos máis sofisticados como crenzas, relixión e distintos pensamentos que ían máis alá da realidade inmediata, transmitidos duns homes a outros.... Pensaban que a muller non tiña alma (hoxe diríamoslle ¿e que?). Outros, cuxo dircurso estendeuse como un regueiro de pólvora, afirmaron que saira dunha costela de Adán. ¿a que vos soa familiar?. Ata o mesmo Darwin dixo estar convencido de que a muller era inferior ao seu par masculino - nese momento, debía estar picándolle un ourizo nas partes pudendas-.

O xénero pasou diferentes etapas e penurias de toda índole, con épocas máis afortunadas que outras e clases sociais menos prexudicadas pola situación. Curiosamente, as de clase alta tiñan un control máis férreo e as romanas tiveron poder mediante o uso dos seus encantos femininos a xulgar polas innumerables películas que nos amosan esa estratexia, non desaparecida de todo nalgúns tipos de muller .E fácil deducir que foi bastante utilizada e non só polas romanas. Tanto unhas coma outras, baixo o poder dos homes, fosen pais, protectores, cónxuxes ou fillos.

De homes influíntes saíron lindezas como estas :

"Si la mujer pudo vencer al hombre estando en el paraiso, que hará con los que no están en él" -San Xerónimo, ano 400-.

"La mujer se asemeja a una vasija: mero recipiente de la semilla del hombre" -un teólogo do ano 1500-.

Estas dúas afirmacións procedían de persoas, que enxalzaban á virxe María..... (non debian comerse un rosco e ,xa se sabe, os impulsos reprimidos disque xerminan ..).

"Las batallas contra las mujeres son las únicas que se ganan huyendo" -Napoleón, que tivo fama de non poder respirar sen a influencia dunha muller, dixo isto no ano 1800-.

Con escasa ou nula participación do que acontecía no seu mundo, agás cando foi necesaria como man de obra, diana dos impulsos sexuais e para ocuparse da crianza da prole e/ou o coidado dos vellos, careceu de todo tipo de liberdade para decidir sobre a súa vida. Pois ¿sabedes que vos digo?: que eles o perderon. Querendo telas subordinadas, ignoraron que o mellor de nós maniféstase en condicións de liberdade, polo que estiveron privados da compañía dunha muller coa que compartir e enriquecerse do intercambio con ela.

Á situación actual dos paises punteiros chegamos despois de auténticas heroicidades de moitas valentes, que tiveron (e seguen tendo) que demostrar do que son capaces. Hai quen pensa que se a historia anterior tivese unha maior intervención feminina, o mundo sería diferente. A realidade de grandes poboacións continúa sendo penosa e, aínda que resulta chocante, nas nosas sociedades tamén quedan resíduos de homes que tratan as súas mulleres como unha mercadoría sen data de caducidade. Alí onde a muller carece da consideración de persoa igual que o home polas ditosas crenzas, conveniencias, miseria, analfabetismo ou a suma de todo isto, hai unha muller que é tan só a sombra de si mesma e un varón que non sabe o que fai nin o que perde.

2 comentarios:

karavich dijo...

A verdade que cando leín,así por arriba,pensei que era a típica demagoxia feminista que aproveitando a nefasta lacra que é a violencia de xénero e arrastrando irremediablemente con ela o machismo(hay persoas que os poden asociar)fai este comentario, para que algunha das contestacións fora considerada politicamente incorrecta.Pero non,leíno outra vez de forma mais minuciosa e non,non é tan feminista,e mais dí moitas verdades,anque non sei por que cando é de nombrar a iglesia católica decímolo abertamente e cando te refires os musulmáns(ese si que é machismo)dilo como tapando a referencia i eu creo que si nalgún sitio existen mulleres sometidas,denigradas,humilladas,etc e precisamente en estas ideoloxías,refírome a China tamén, por suposto.

ABUR....

Guany dijo...

Tes toda a razón, Karavich. Aludo a frases claramente católicas por seren os máis influintes na cultura europea, que foi onde comezaron os más importantes movementos para a igualdade da muller. Meterme coas outras, que ademais non coñezo tanto, faría alargar o relato demasiado. Respecto enormemente as crenzas relixiosas de cada un tanto como a aqueles que non as teñen.O que me parece fundamental é a tolerancia.
As mencións que fixen débense a que o catolicismo foi moi influinte no funcionamento da sociedade e o papel da muller nela e iso está ao marxe das simpatías que se lle teña.
Noutros aspectos pode ser tremendamente útil: o que cre ter a Deus na súa vida, seguramente se senta menos só. Onde haxa representantes da igrexa capaces de levar a cabo a palabra evanxélica, practicar a caridade, comprensión, perdón, etc. pode haber unha auténtica axuda para cando estamos desorientados e precisemos que un ser bondadoso nos escoite o apoie.Oxalá houbera moitos deste tipo.
Non creas que teño nada persoal en contra porque fomos criados nun ambente católico e, aínda que nos consideremos agnósticos, imos pola vida impregnados desa educación. Moitos non a practicamos porque nos cuestionamos algúns ensinos ao longo da nosa evolución persoal; iso non é mellor nin peor; entra na liberdade do individuo.
Grazas por seres un fiel e activo seguidor da páxina e polas túas interesantes ideas.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE