A Axencia espacial de Estados Unidos NASA anunciou o achado de auga na Lúa, o que abre un novo capítulo na exploración do satélite terrestre.
O pasado 9 de outubro, a NASA estrelou a sonda LCROSS e o seu foguete Centauro no fondo do cráter Cabeus no polo sur da Lúa, nunha operación que buscaba confirmar a presenza de auga no satélite natural da Terra.
A colisión levantou unha columna de material desde o fondo dun cráter que non recibiu a luz do Sol en miles de millóns de anos.
Os datos preliminares obtidos da análise deses materiais indican que "a misión descubriu, exitosamente, auga... e este descubrimento abre un novo capítulo no noso coñecemento da Lúa", afirmou a NASA.
Máis info : La Voz de Galicia, El País,
2 comentarios:
Non,si o final os de zapato veloz van a ter rasón,hay unha botella de ajua de MONDARÍS que a deixou¡UN JALLEJO!
A noticia é bastante interesante !
Publicar un comentario