A verdade é que estaba pensando sobre que escribir o monólogo de esta semana,e con esa idea fun o retrete,por que é alí,sentado nó trono,donde me ven mais rápido a inspirasión.Ademais é o único sitio donde os homes podemos facer dous traballos o mismo tempo.Pois ben,non fixen mais que sentarme,cando notein un dolor nas miñas humildes posadeiras.Apalpein coa mán,e descubrín un grano.¡¡EUREKA!!.Vou a escribir sobre ésto,pero non,non vos creades que vou a facer un estudio sobre as pústulas anales,non,eso deixo para os profesionales nó tema.Vou a escribir sobre as personas que son como esto último.
Andan por ahí certos indivíduos que padecen unha enfermedade mental conocida en términos psiquiátricos como "SÍNDROME DE TOUCHBALLS"(Tocapelotas).Estes personajes son dignos de que se lle faga un estudio en profundidade.
Unha dás características desta xente é que lle ven de cuna,que digo de cuna,venlle dende o momento mismo dá procreación.
Outra das súas habilidades é o gran poder de convicción que teñen,ademais de pensar que son os primeiros en todo sin importar como conseguilo.
Cando son simples espermatozoides,para conseguir chegar ó óvulo,teñen que someter a súa nai a unha operación quirúrxica para que lle implanten unha línea fosforescente,coma a dos avións,para que consiga chegar o seu destino.
Cando consigue chegar o primeiro,non por que correra mais cós outros,sinón por convencer os seus compañeiros de corrida de que si corren moito pódenos multar.
Pois o que íbamos.El chega ó óvulo,e en vez de intentar entrar como todos os espermatozoides,ÉL CHAMA Á PORTA.
Por que o señorito ten uns modales exquisitos.
-Pún,Pún,Pún
-¿Que é?
-Son eu,o Superespermatozoide tocapelotas.
-Pois entra.
-Eh,¿Por donde?
-Jodeer,pois terás que furar a membrana coma todos,non.
-E que...Non trouxen ferramenta.
-Tela que furar cós dentes,¡payaso!.
Cando cosigue entrar por fín ,chega exausto adentro e pregunta:
-¿E ahora que fago?
-(Miña nai,que pelma me tocou).¿Pois tí saberás?
-E que... me quedaron as instruccións nó bolsillo dó flagelo,e claro,túveno que deixar fora.
-Vai oh.
Pois ocurre que sin saber como,consigue ó embarazo,e é aquí donde comenza a nosa desgracia.A verdade é que vendo ésto non me extraña que non sean moi abundantes,anque sí mais do que nós quixéramos.
Cando chega a hora de nacer,de esperar nove meses,nada de nada,él nace ós sete,por que é así de CHULO.E non vos creades que nace de xeito normal,non,a éste méxano,por que da outra forma está moi vista.¿E de que forma sinón podía nacer este ser tan especial?.
Por nacer así,ten que estar certo tempo na incubadora,pero non nunha incubadora calquera,a él méteno nó FERRARI das incubadoras,con critales tintados,(por que solen ser bastante feuchos),calefacción central,fío musical,etc.
Cando por fín o bautizan,non creades que chora por recibir a auga po la cabeza.Él chora cá rabia por non poder arrabuñar ó cura chosco que lle está a tirar o líquido elemento.
Cando pasan os anos,e fai a Primeira Comunión,non vai vestido de mariñeiro,eso é moi vulgar.Él vai de Almirante dá flota.E non vos pensedes que vai a facer á Primeira Comunión.Él vai a un baile de disfraces que organiza Don Eulogio ná Iglesia.
A súa etapa infantil,pasa por ser unha dás mais desgraciadas,xa que pasa a mitade dó tempo tirado nó chán coas rabietas que lle dan,por que non lle dan sempre o que él quere.Logo levará marcada ná cara,durante a súa cochambrosa vida,as arrugas de expresión,provocadas po la súa contínua cara de "Bochudo".
Bueno,deixámolo aquí,de momento.Aínda nos queda por ver a súa adolescencia,xuventude,matrimonio,madurez,etc.Pero eso xa o veremos noutro capítulo.Sin mais,despídome de vos, non si antes decirvos que non faltedes a semana que ven, có segundo capítulo de:
¡¡¡ OS TOCAPELOTAS!!!
2 comentarios:
Buenísimo,ja,ja,ja.¿Referirase a aljún de Camelle? Podía ser...porque deses aínda hay uns cuantos...
Que non che quepa a menor duda.je,je
Publicar un comentario