Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 27 de noviembre de 2009

Os relatos de Guany



CORRUPTOS, MANGANTES E OUTRAS HERBAS


Non é prato do noso gusto estar padecendo as consecuencias da codicia e ineficacia de moitos desalmados, que nos salpican a todos xa que, a pesar de non ser un asunto que esperte entusiasmo en moitos de nós, inflúe na vida dos cidadáns, prexudicados polas manobras dunha tropa de chourizos e incompetentes independientemente da cor do partido pero non da súa representatividade. Uns están no número un do ranking pero iso pode cambiar en calquera momento.

Desculpade porque exprese o que penso sobre esta especie de casta de vez en cando. Algunhas cuestións da actualidade lévanme a desafogar, egoistamente. E como unha terapia. Quero pensar que existe xente decente pero o que máis se ve non é a súa labor, desde logo e estamos chegando ao punto inxusto de poñelos a todos no mesmo saco porque o descrédito está sendo absoluto. Nin sequera gardan as formas, dedicándose a poñerse verdes e espiarse entre eles como cotillas de patio sen ter en conta a súa verdadeira función, mentres o persoal vive agobiado sen que se vislumbren solucións nun prazo razoable.

Non daba crédito cando escoitei que, en certa zona, desviouse o traxecto dun tren de alta velocidade cara a un pobo minúsculo; deste xeito, revalorizábanse os terreos que tiña alí unha coñecida familia, facendo un negocio redondo. Unha vez conseguido o fin, inutilizouse o tramo pola falta de rendibilidade. ¡Alucinante!.

A especulación do solo debe ser a nena bonita e xa nos deixou coa boca aberta hai uns anos: recalificacións, concesión de licenzas, pasándose a lei polos forros, etc. etc. Hai unha cadea de favores mutuos (clientelismo).Todo está previsto, baixo control ata que alguén, se os ventos son favorables, destapa a lebre. Esa é outra: segundo conveña a determinados intereses, as informacións poden ou non facerse públicas.

En España, nos últimos 10 anos, a corrupción calcúlase que ascende a unha cifra de 4000 millóns de euros que se foron polos sumidoiros, destinados ás ratas que están esperando debaixo para apropiarse deles.A cifra real é moi superior xa que non entran no cómputo as pescudas soterradas aínda e outras que están nos tribunais (hai máis de 700 causas pendentes de resolver).

Nalgúns casos, os delitos prescriben - de tanto estar a remollo, podreceron-. Noutros, pagan fianzas millonarias do mesmo diñeiro que roubaron -acostuma a levalo o siroco porque nunca volve ao sitio; ten pernas e alas ou anda por aí a nome de terceiros-. Excepcionalmente, un tempiño no trullo para sair logo a dar conferencias, escribir libros e contarnos as súas vivencias espirituais experimentando sensacións sublimes consigo mesmos ademais de ser aclamados polos novos compañeiros de oficio.

De ladróns, mentireiros e frikis, que teñen o campo de cultivo nun sistema que propicia que existan, estamos asqueados. Como non tomen medidas para levar a cabo reformas profundas e se endurezan as leis para este tipo de delincuentes, calquera día aparece a Torre de Hércules nunha praza de Dubai. Entón, dirán aquilo de "debemos replantearnos la función pública...", cando xa non quede nin para pagarlle unha miserable pensión aos vellos ou as listas de espera na sanidade te leven, directamente, ao cemiterio. O raro é que non nos manifestemos polas rúas facendo un ruído tal que se lles caia a cara de vergoña aos protagonistas, supoñendo que a teñan. En todo caso, a bulla contra eles moléstalles; desconcéntraos das súas sesións de cálculos matemàticos e sobrepasa os decibelios que poden soportar tan delicados oídos. Supoño que todo se andará porque a pacencia ten un límite.

A este paso, botaremos en falta a personaxes como Chiquilicuatre nas institucións públicas. Defenestrado por Buenafuente, busca traballo. Estou convencida de que sería tan capaz coma calquera destes tipos e, polo menos, podería facernos rir co seu esperpéntico show algunha que outra vez. Despois de todo, aínda que non tivese ningunha noción dos asuntos aos que enfrontarse, para iso estamos pagando asesores. Condición: casting previo para substituir os existentes, que deben andar bailando entre o "breaking dance" e o "crusaíto"..

1 comentario:

María dijo...

Moi bueno,Guany, cantos corruptos de esos que ti dis haberá no noso concello,bueno,en todos,porque seguro que corruptos e ladróns hainos en tódolos concellos aparte do noso.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE