Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 19 de noviembre de 2009

Os relatos de Guany


HOMES SINGULARES:


Por fin, tivo lugar a liberación do Alakrana. É un feito para celebrar despois da angustia dos protagonistas, os seus seres queridos e a preocupación de todo o país. Por se fosen poucos os riscos da vida dos mariñeiros, aparece un novo perigo, facendo deles unha moeda de cambio.

Cabe a posibilidade de que sobreestime aos homes do mar por certa idolatría que teño cara a esas persoas que se deixan a pel nun traballo tan duro e rara vez recompensado económicamente, tendo en conta as horas de dedicación , esforzo físico e perigo que conleva. Será porque é difícil desfacerse das vivencias da nenez (afortunadamente, neste caso) e das historias que nos contaban os nosos achegados sobre as súas experiencias no mundo do mar. Cando un crece nese contexto, establécese un vínculo irrompible con el.

Unha das situacións que me contaban era que, antes de construiren diques, as mareas vivas do inverno arrasaban con todo o que se lle puña diante, chegando, literalmente, a darlle a volta a algún barco pola arremetida dos golpes do mar. O pobo andaba revolto para axudar aos afectados ata conseguir colocalo na posición correcta, con ese compañeirismo, tal vez único, que se dá neste colectivo. A convivencia entre eles nas súas longas xornadas dentro dun recinto pequeno, onde e a caña de herbas tiña un lugar de honor para espantar o frío.

Homes curtidos e adaptados a unha existencia difícil, cuxos paseos diarios teñen lugar enriba das ondas dun mar, tantas veces embravecido e hostil. Todos temos na retina as imaxes do barco Ataín no contorno de Camariñas, saíndo a faenar. Impresionante visión, sabendo que dentro daquel barquiño, máis semellante a unha casca de noz que a outra cousa e no medio dunha ondanada que parecía querer devoralo, ían uns cantos homes que teñen como maneira de vivir unha actividade de tal calibre. Sería desexable, penso coa miña total ignorancia dos motivos que os levan a navegar en tales circunstancias, ser máis prudente.

Creo que ninguén dubida da súa valentía (ríome eu cando alaban a dos toureiros, que se teñen éxito fanse millonarios decontado). Os mariñeiros son conscientes de que un día desafortunado poden deixar de ver medrar os seus fillos. Póñenseme os pelos coma alcaiatas cando se tira esa coroa ao mar na procesión do Carmen. Penso que todos sentimos algo semellante porque se produce un silencio case sepulcral ante ese feito simbólico cara aos veciños que deixaron a súa vida na máis profunda das soidades sen que unha figura familiar póidalles tender a man.

2 comentarios:

r.c.a. dijo...

Chapó,Guany,impresionante.

karavich dijo...

Vexo,querida Guany,que no teu artículo de hoxe,básaste,e con moito acerto ná vida dós mariñeiros.Por que o dó secuestro dó Alakrana ten varias interpretacións.Sin ánimo de entrar en disputas,nin opinar si o goberno fixo ben ou mal e partindo dá base que o de secuestrar barcos está moi mal,(sobre todo para os mariñeiros,refírome ó personal subalterno)o asunto éste ten moitas formas de enfocalo.

ABURIÑO.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE