A ALEMANIA DE MAN, HOXE.
O país onde naceu Man cobra un especial protagonismo este ano polo premio Príncipe de Asturias á concordia á cidade de Berlín e polo vixésimo aniversario da caída do muro, símbolo por excelencia da guerra fría. A cidade é cualificada por moitos como vitalista, emprendedora, con grande visión de futuro e especialmente atractiva para o turismo internacional a pesar de que as grúas, excavadoras e outros aparellos, coa finalidade de restaurar/reconstruir monumentos considerados de interese, xa parecen formar parte da súa arquitectura. A finalidade é que a cidade sexa unha das maís fermosas de Europa.
Alemania, rexurdíu de xeito exemplar desde as cinzas nas que quedou convertida a raíz da 2.ª guerra mundial (foi na postguerra cando Man deixou o país, se me acordo ben).Hoxe, está na cabeza de Europa e no terceiro posto da economía mundial. A metamorfose deste país no século XX, mirando para diante e despois de superar o estigma do nazismo , está fóra de toda dúbida. De ser un campo de batalla coa práctica destrución do que era, ata o hoxe: líderes nos sectores científico e tecnolóxico e nas decisións políticas internacionais, sen esquencer, que por tradición, foi berce de músicos e pensadores atemporais.
Aínda que, seguramente, non será ouro todo o que reluce, e que a participación económica doutros paises fose fundamental, a actitude conxunta da poboación alemana e dos seus mandatarios, conseguiron o que é este país na actualidade.O traballo ben feito e a responsabilidade na súa maneira de actuar son características salientables. Este país conta có respecto dos demais alí onde haxa que tomar decisións importantes, sen servilismos cara a ningúen. Coidan especialmente a investigación e o aspecto educativo, conscientes de que invertir niso é apostar polo futuro. O seu pragmatisto levóunos a organizar a educación secundaria en distintos tipos de escolas en función das capacidades do alumno e os resultados están á vista.
Considerado un país tolerante cos diferente (habitan nel numerosos inmigrantes,sobre todo, turcos). Tamén souberon aceptar aos residentes na zona este, despois da desaparición do muro, coa carga económica que lle supuso á florecente alemania occidental e as lóxicas diferenzas culturais entre eles, sen que houbese máis violencia da que pode haber en calquera cidade europea actual (a aparición de grupos neonazis non é un fenómeno exclusivamente alemán). Polo esforzo dese país para superar situacións tan peliagudas como as que viviron nos últimos 20 anos, alégrome de que lles fose outorgado o premio á concordia en Oviedo.
A pesar de que se lles recoñece un alto nivel de vida, según xente que vivíu na zona, antes comunista, hai contrastes acusados, desde o amplo benestar ata a pobreza -hai xente que tira produtos útiles porque lles sobra de todo e tamén hai os que van recoller esas mesmas cousas para utilizalas- . Como en calquera país dos chamados avanzados, quedan moitos atrás nos engranaxes desa maquinaria chamada progreso, pero parece que a austeridade non só obedece á necesidade imperiosa senón ao seu marcado sentido do aforro. Abondan as tendas con roupas de segunda man ás que acoden os alemán sen ningún tipo de complexos.
Destas pinceladas sobre Alemania poderíanse extraer algunhas lecturas. Aprendemos moito do que vemos. A cuestión é querer mirar, recoñecer que outros funcionan mellor -e non creo que ter máis riqueza sexa a única razón-, ter disposición e non considerarse o eixe do universo.
Como anécdotas : os particulares non pagan peaxe nas autopistas (das que teñen unha magnífica rede). Neste ano, non lle subirán os impostos.Encántalles a península ibérica e son donos de amplas zonas en Baleares e Canarias. Os alemáns que coñecemos desvíanse moito do prototipo e Man, de procedencia alemana, fixo que Camelle sexa moito máis coñecido do que sería sen el.
1 comentario:
Inconmesurable Guany,coma siempre, gracias por enseñarnos a todos un pouquiño de historia.
Publicar un comentario