Manuel Camiño Mouzo é o novo responsable local do BNG en Camariñas.
Tras a renuncia do camellán e colaborador deste blog,Luís Miguel Suárez Pérez, por problemas persoais, o BNG de Camariñas elexíu este mes en asamblea ao seu novo responsable local. Trátase de Manuel Camiño Mouzo, natural de Arou, diplomado en traballo social e licenciado en sociología. Camiño Mouzo traballa, actualmente, para a CIG.
O novo vogal do partido asegura que o seu obxectivo é «defender os intereses dos veciños e veciñas de Camariñas» e conseguir que se melloren as condicións de vida na localidade «para que a poboación se asente e deixe de emigrar». Así mesmo, buscará que se establezan servizos sociais en beneficio da comunidade.
Camiño Mouzo tratará de facer do BNG unha organización máis dinámica no municipio para converter a formación, di, nun referente político de Camariñas. O obxectivo é «converterse en motor de cambio no Concello». Ademais, desde a asemblea local lamentan as disputas e os enfrontamentos persoais entre o alcalde e o vogal do PP que, aseguran, non conducen a nada e que retrasan o avance de Camariñas, con respecto ao resto da comarca. "O BNG está decidido a traballar para cambiar o rumbo do concello", dixo Manuel Camiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario