Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

lunes, 1 de junio de 2009

Festas do Espíritu Santo - Camelle 09




¡¡¡ Éxito rotundo e absoluto das festas do noso patrón !!!

A verdade é que nin os máis optimistas esperaban tanta xente nas festas do noso pobo.
O venres foi de escándalo a cantidade de xente que había, ata ter que aparcar o coche pola Casa do Mar.

O campo da festa estaba abarrotado de xente de tódolos lugares ( Camariñas, Xaviña, Arou, Ponte do Porto, Muxía, Vimianzo, Ponteceso, Laxe, Lalín, A Pobra, etc. ), ata era dificil encontrar camelláns no medio da marabunta, iso que os medios de comunicación importantes case non se fixeron eco das nosas festas.

As noites acompañaban polo bo tempo existente, polas boas orquestras, polo churrasquiño e pola excelente organización destas festas por parte da comisión.
E a verdade é que puxeron o listón moi alto nestas festas, pero de seguro que para as do Carmen superarano, aínda que sexa moi dificil.
Noraboa a tódolos integrantes da Comisión de Festas polo seu traballo e a súa labor incomiable.
.
Xa tendes a galería de fotos na parte de abaixo do blog.

8 comentarios:

flaire dijo...

As festas estiberon de maravilla,felicidades a perla e a todos da comisión, pola sua labor encomiable.

CaMeLLaNa* dijo...

quEE fesStaaaaaSsS!! do miyorinhO

nw6 dijo...

Enhoraboa a comision de festas e a todos os Camellans que poideron disfrutar da festa.Outros alegramonos a vista vendo as fotos desde lonxe.
enhoraboa outra vez mais.

Popeye dijo...

Miñanai querida macho,que pedaso de festa oubo,sa hai uns cantos anos que non via tanta sente na festa de Camelle,felisidades para os da comision de festas.

pocahontas dijo...

Tuvo todo moi ben sobre todo as impresionantes orquestas do viernes,vaia pasada, pa mín a ciclón e a mellor q hai.
Meu pai non recorda unhas festas do espiritu santo con tanta xente.
Ah,as fotos tan genial,pero a min non me sacastes, me ca...

bajeras de nylon dijo...

Unha das mellores das festas que houbo. Había un montón de xente(facía muitos anos que non vía tanta xente) e paseino genial(aparte de collela campal os tres días).
Felicidades e gracias os da comisión de festas de camelle que o curraron muito!gracias perla&company!
Si a festa do carme é mellor que ésta ...mima!entonces hailles que dar un premio coma un mundo!
as fotos mui chulas!encantaronme!

Anónimo dijo...

vendo estas fotos a unha entralle morriña de cando veraneaba por esas terras...vótase de menos, claro que sí.

Anónimo dijo...

festas criminales.e borrachera campal.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE