Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

miércoles, 24 de junio de 2009

Info piscifactorías


As plataformas veciñais ( Camelle, Merexo e Seiruga ) en contra da implantación das piscifactorías, confían en que se cambie o Plan Acuícola.

- A vontade da Xunta de Galicia de retomar o tema de Touriñán significa, de feito, a reapertura do Plan Acuícola e con ela dunha posibilidade de que se estuden vellas demandas veciñais.
Con todo, ata agora a Consellería do Mar non deixou claro cales son as súas intencións con respecto aos proxectos aprobados polo bipartito.
«Os proxectos viables levaranse a cabo e alí onde haxa problemas intentaranse solucionar», foi a resposta oficial da consellería dada onte ás preguntas sobre o futuro do plan acuícola, sen facer mención expresa aos casos máis discutidos na Costa da Morte, os de Xandriña (Camelle), Seiruga (Malpica) e Merexo (Muxía).
.
- As plataformas veciñais deixaron aparcadas as mobilizacións, pero non as actuacións, que seguen o seu curso pola vía xudicial.
Agora todas esperan que a Xunta cumpra con todo o prometido durante a campaña electoral.
Iso si, non pecharán os procesos xudiciais abertos mentres non vexan un documento oficial que certifique que o Goberno galego desiste nos seus plans de construír plantas nesas zonas.

«Queremos velo no DOG», dicía onte o representante dos veciños de Camelle, Luís Suárez. Asegura que seguen adiante coa denuncia interposta contra o plan acuícola e que o asunto está en mans do seu avogado, que interporá a demanda nos próximos días.
«Hai unha promesa electoral e esperamos que sexa efectiva», di.
Xa iniciaron os trámites -a través do portavoz local do PP, - para reunirse con responsables da Consellería de Mar.
Pedirán oficialmente unha entrevista nos próximos días.
«Temos esperanzas, pero a ver que pasa», di Luís Suárez.
.
- Por outro lado, a deputada socialista camariñana e declarada " persoa non grata " pola maioría dos camelláns, segue coa mesma historia de sempre e parece que aínda non se dou conta que o seu partido xa non goberna en Galicia e que en Camelle cando mexan por nós, xa non dicimos que chove.
Marisol Soneira, asegura que a planta de Touriñán é similar á prevista en Camelle, con capacidade para crear preto de ¿¿¿ douscentos postos de traballo??? e esixe que se execute o Plan Acuícola do anterior goberno.

Destaca que se non se leva a cabo entre este ano e o próximo, perderanse as subvencións europeas para este tipo de instalacións.
Marisol Soneira afirma que se finalmente a Xunta opta unicamente pola planta de Pescanova e elimina as demais previstas no plan da Xunta anterior "terá que explicar porqué se rexeita crear 2.000 postos de traballo en toda a Costa da Morte e prímase a unha empresa que, como máximo, pode xerar 200".

Soneira Tajes tamén reclama "coherencia" á hora de fixar criterios ambientais, xa que, segundo explica, non se pode rexeitar unha piscifactoría como a de Camelle ou Merexo (Muxía) e aceptar a de Touriñán, que se atopa dentro da Rede Natura.

8 comentarios:

rododentro dijo...

Os políticos mostran interese pola xente,o cal non é unha virtude.
Tamén as pulgas lles interesan os cans.

Susete70 dijo...

a ver si lles entra a cordura os nosos corruptopoliticos e actuan con senso.
non pode primar a especulación privada contra os intereses do ecositema.
e moito menos contra os erdeiros da terra que son os nosos fillos.

apertas e se isto non se amaña caña,caña caña

Anónimo dijo...

A marisoliña esa que vaia a rascalo carallo pa santa mariña ou pa camariñas, en Camelle non a queremos, nin a ela,nin a piscimerda, a ver si lle queda claro dunha ves, non quedaría escaldada das eleecións que sije ijual, vaia personaje, canto janará si a fan en Camelle, mimadriña...

Popeye dijo...

Hay que joderse con marisol salle diseramos unha vez que era unha persoa non grata en Camelle,é que mediga amin donde están os duscentos postos de traballo,si tantas ganas ten da piscifactoría quea faga nos terreos que ten en santa mariña.

Anónimo dijo...

Esta muller non se cansará de joder os veciños de Camelle, aínda non lle entrou na cabeza que nos non queremos os postos de traballo que da a piscifactoría, porque o que non queremos e que se faga. Eu non entendo como se poden opoñer a unha piscifactoría na que os veciños tan conformes con que se faga e en cambio rompen os cornos disindo que se ten que facer a de Camelle cando non a queremos, nin k dea 20 ni 200 postos de traballo.
Que nos deixen vivir tranquilos dunha vez.

Digna

Anónimo dijo...

A MARISOLIÑA vese que ye gusta a merda e sabedes porque pois e que ye trae muitos beneficios .
QUE ye pregunten donde estan dous QUADS CON REMOLQUE que donou MOTOR 7 da Coruña cando fuy do chapapote porque nadie os vio ``OU SI``pois por CAMARIÑAS anda UN verdad SEÑORA ou SEÑOR.

Popeye dijo...

Digocheu quesi por que avin eu amarradiña no pantalan en camariñas,quen anda con ela non osei pero que avin onte pola noite no pantalan.

Anónimo dijo...

Popeye que o QUADS e un moto de catro rodas,pero de todas formas este comentario non ye interesa a nadie por que hay varios metidos no medio ou non.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE