Nova entrega dos relatos de Guany, esta vez fálanos da nova fichaxe do Real Madrid baixo a súa perspicaz perspectiva.
P.D. : xa tendes a galería de fotos ( máis de 60 fotos ) do I Festival Río d´area celebrado este sábado, na parte de abaixo do blog.
"La limitación de lo bueno" é un principio, que parece demostrado e que se refire a que non se recomenda facer ostentación daquelas cousas materiais que, sobradamente, teñen algúns e poden espertar a envexa nos seus semellantes, que teñen carencias da maioría deses obxectos que parecen desexables.
Acordeime disto estes días pasados, oíndo e vendo imaxes da última fichaxe do Real Madrid.Sen dubidar do seu mérito dándolle patadas ás pelotas, pensei qué sentimentos terán, vendo isto, aquelas persoas situadas preto da liña da marxinalidade por carecer prácticamente de todo y vivindo de axudas, (coa degradación persoal asociada), cando ven a este mozo dándose as grandes festas con esas mulleres que moitos chavales da súa idade desexarían ver ao seu carón.
Tamén me poño na pel dos que andan gastándose os cóbedos para tentar aprobar os exames dun curso oficial sen ter garantido, por máis de se empeñen, un futuro parecido nin de lonxe.
Xa sei que soa demagóxico, pero tamén entendo que, ás veces, afloren os chamados baixos instintos dalgunha xente ante os excesos doutros que, dun xeito desproporcionado, se ven envoltos dun éxito absoluto. Para máis "inri", tendemos a considerar que aquel que naceu bonito e ten sorte na vida, debe ser un exemplar magnífico e adornámolo con todo tipo de atributos sen coñecelo sequera. Case un deus. Son os deuses dos últimos anos.
A outra cara da moeda é que moita xente medra coa adversidade, se non sucumbíu no camiño (que tamén pode ser). Os deuses modernos, quizais, non teñan a oportunidade de desarrollar ese crecemento, podendo resultar, según para quen, cabeciñas ocas. Tamén sucumben e corren riscos: embriagados de tanto éxito, sen experiencia ou carentes dunha preparación que lles axude a discriminar o negro do branco. Xa sei que hai excepcións coma en todo, pero coñecemos casos chamativos de xente que non sabe vivir con tanta fortuna e doutra que ten os seus máis ou menos coma o resto dos mortais, coa particularidade de que son máis dependentes do normal das cousas do seu contorno.
Aínda que a envexa é algo humano, se reflexionamos un pouco ¿non vos parece impagable, ese/a amigo/a, que está connosco só por ser como somos? e ¿cambiaríades a esa persoa agarimosa, que vos quere de verdade, por esas outras "cuasiperfectas" , que te veneran, cheirando a colonia de 5 estrelas , sen teres a seguridade de que sexa certo ou estea en función dos díxitos da vosa conta corrente?. ¿Parécevos que, de verdade, os novos deuses son dignos de envexa?.

.
4 comentarios:
chapo guaini, a verdade e que o mundo cada vez vay a peor, e o ser humano non aprende e cae sempre 70 veces na misma pedra, no seculo no que estamos,"din" que somos mais intelisentes ca hay 40 ou 50 anos, que pro españoles, na vida de franco habia moito inculto, pois non sei que seria mellor, ou peor, por que non damos aprendido, guerras, irak, iran ect, fame, en todo mundo, e non facemos nada por axudar.
a verdade e que cada dia que pasa mais incultos nos facemos.
e solo nos importamos nos mesmos.
unsaudo.
miguel.
Con respecto o fichaje de ronaldo solo desearlle boa sorte a el e o R.Madrid.E tamen me gustaria desearlle boa sorte a un tipo que vin na TV. no alto de unha grua pedindo que o R.Madrid lle pagase cerca de 200.000€ que lle debe de unhas obras que lle fixo vamos unha miseria casi o que gana Ronaldo en dous dias, pero este señor seguramente tera que cerrar o seu negocio para que os pufentos podan gastarse millons en super xogadores.
Tendes razón, a verdade e que e increible qu no tempo en que vivimos se fagan estas cousas coa crisis e a probeza que hay. E non e solo o Real Madrid, hay máis...
A culpa e nosa en enriquecer estos clubes co noso fanatismo para que sean, como ben dí guany, uns novos deuses. Eche unha pena.
Na era que nos tocou vivir,ésta a da globalización,resulta que non soio son as ventaxas globales,si non os problemas(quizais éstes sexan mais acentuados).O problema é que a esta xente,non soio a financia a xente que vai ou lle gusta o fútbol,si non que o financiamos todos.Explícome.Cada vez que compramos certo refresco,cada vez que mercamos certa marca deportiva,ou o mesmo os periódicos ou calquer cousa que dito ídolo,que non deus,esté relacionada con él,estamos dalgunha maneira axudándolle a adquirir riqueza.O problema e que non soio o financiamos a él,sinón que a artistas,escritores,famosos,ou o mais jodido,FRIKIS de mèdio pelo.Da mesma forma que financiamos(sempre indirectamente)a políticos,quimicos,físicos e demais investigadores,financiamos a construción de armas,o terrorismo e mais as guerras.Anque sone utópico é así,e desgraciadamente non podemos facer nada por arranxalo,por que por cada un de nós que lle intente inculcar eses valores que vos describides os seus fillos,haberá cen que lle inculque os seus todo o contrario.Tamén penso que deberíamonos facer algunhas preguntas.¿Por que os políticos con catro anos que meten de parlamentarios teñen dereito a unha superpaja vitalícia mentras o resto,pa unha pensión de xubilación ten que cotizar po-lo menos 15 ANOS?.¿Por que o mesmo día que o SR Zapatero prestou 150 millóns de euros a certo pais africano,sae a noticia que en España hai mais de 60 mil fogares vivindo na mais absoluta pobreza?,e a cifra vai subindo por desgracia,¿Por que cando hai sobreproducción dunha cousa,en vez de multar,non envian eses excedentes os paises pobres?.A verdade non o entendo.Así que deixade facer cada ún o que queira cos seus cartos e centrémonos en problemas mais cercanos e de mais facil arreglo.
Ah por certo,como decía meu abó:SI TROPEZAS DUAS VECES COA MESMA PEDRA,SÁCALA DE AHÍ,e non me seas tan perjeseiro,meu neto.
Publicar un comentario